CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Non á represión, sí á Sanidade Pública Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Mércores, 07 Xullo 2010 08:47
Artigo extraido da páxina principal de CIG-Saúde.

No acto de onte en Santiago, a policía recibiu ordes de retirar as pancartas da entrada do Palacio de Congresos, protagonizando algúns momentos de tensión ao forcexear con algúns dos manifestantes. A nosa compañeira de CIG-Saúde Susana foi arrastrada pola policia  no acto de protesta. O noso compañeiro de CIG-Sáude Xan Ramón plantouse sentado diante da entrada ao auditorio en sinal de protesta. Está claro que os PPeros non querían ningunha protesta que lle afee os actos de paripé que organizan, teñen nostalxía do pasado preconstitucional  e o autoritarismo parece que lle resulta mais acorde coa súa ideoloxía ultradereitista.

 

 

Carta de protesta envíada á Conselleira

 

A CIG-Saúde quérelle amosar o noso máis enérxico rexeitamento á actitude que tivo no día de onte coas/os  representantes das plataformas sanitarias constituídas nas diversas localidades en defensa da sanidade pública.

 

Non é de recibo que nun “estado democrático” se mande actuar ás forzas de orde pública contra quen, pacificamente, amosa publicamente, nun espazo público “A Praza da Concordia”, o seu rexeitamento á política sanitaria que está a levar a cabo a consellaría que vostede dirixe.

 

É a primeira vez que no eido sanitario se utilizan as forzas de orde pública para intentar calar as voces que queren transmitir as inquedanzas da poboación das súas localidades, que ven con preocupación o futuro da sanidade e o recorte das prestacións que esta consellería pretende acometer.

 

A CIG-Saúde solicita de vostede que en aras a garantir o dereito democrático que ten toda persoa de reivindicar  publicamente e pacificamente unha sanidade pública e de calidade, reprobe a actuación policial, e se desculpe publicamente por estas actuacións.

Agardando de Vde. unha resposta na maior brevidade posíbel.

Un saúdo.

 

Compostela, 7 de xullo de 2010.

 

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 

NON A REPRESIÓN, SI Á SANIDADE PÚBLICA


Velaqui o resultado da "actuación" policial de onte ante o delito tan grande de amosar unha pancarta:

DSCN0894

 

NON A REPRESIÓN!!!

SI Á SANIDADE PÚBLICA!!!

Addthis
 

Comentarios 

 
# ARR 07-07-10 11:06
Isto xa é o colmo!! Indignante!! Non pode ser que manifestando unha causa xusta, e realmente necesaria, se reciba a cambio semellante trato!! Aquí está a realidade e a xustiza dos nosos gobernantes!!
Cóidate moito, Susana...!! Anque lonxe, tedes todo o meu apoio!! Que non decaian eses ánimos!!
 
 
# rocio 07-07-10 20:29
íNCRIBLE NO SÉCULO XXI, E VERGONZO, POBRE SUSANA, GRACIAS POR ESTAR AHI PARA DEFENDER A NOSA SANIDADE!!!
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info