CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Decembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
        1
  2  3  4  5  6  7  8
  9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     
Frase pra baixar os modulos en firefox

o recorte en cifras Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Xoves, 27 Maio 2010 21:24
A xente que levamos anos traballando para o SERGAS, sabemos que foron moitas as mobilizaciois que fixemos en aras de conseguir un salario e unhas condiciois de traballo dignas, así como para mellorar a sanidade pública.
mobilizaciois
Despois do roubo por parte da administración do PP sobre os acordos asinados co bipartido, que se conseguiron a base de estar a pe de rua, hoxe o congreso dos diputados de Madrid cos votos do partido socialista e a abstención de CIU ven de aprobar unha nova agresión cara os traballadores da administración.

O argumento da crise vale para todo, non sólo para este recorte senon tamén para deixar en precario as plantillas de persoal posto que as contrataciois están sendo reducidas á mínima expresión , a isto hai que sumar os centos de traballadores e traballadoras do SERGAS que viron truncado acceso á carreira profesional ou a progresar nela.

E todo isto co agravante que non hai data límite para seguir agredíndonos con recortes e precarizar as condiciois de traballo, para o ano que ven de entrada xa temos garantida a conxelación.

Se a este atraco a man armada lle sumamos a pouca transparecia do SERGAS nos procesos de contratación (hoxe mesmo publicamos a súa negativa a publicar os chamamentos na mesa de Ourense), os "curiosos casos" que se dan ano tras ano na OPE con certo cheiro a enchufismo, o ter a xente desprazada a centos de kilómetros da súa casa e según en que categoria traballen non ofertar o 100% das prazas a traslados, a negativa de negociar permisos e poñer dende as xerencias cantos mais atrancos mellor para disfrutalos, o fantasma fondo social que non aparece por ningures a pesares de acordarse en tódalas negociaiois, a ameaza do copago na sanidade que xa se está a oir en boca da ministra, a pretensión do SERGAS de eliminar servizos e unificar áreas de saúde, e un longo etc; sitúanos nunha situación nunca vivida que convirte o espazo de traballo nun verdadeiro campo de batalla onde ou damos de novo a cara ou seguiremos levando labazadas de por vida.
. Mentres ás grandes fortunas, os bancos os monopolios etc etc etc, non se lle esixe esforzo ningún (menos mal que foron eles quenes provocaron a crise e que temos un governo que se di de esquerdas).

É por iso que o próximo 2 de xuño intentaremos mobilizar ó persoal contra esta agresión continuada

No enlace seguinte podedes ver, por categorías, a repercusión dos recortes aprobados hoxe no Congreso dos diputados en Madrid.
Retribucionss_2010_recorte_10-111.pdf

Lembrade tamén que hoxe ás 11:30 hs, no Salón de Actos do HCV, temos convocada unha Asemblea Informativa sobre os recortes salariais, onde tentaremos aclarar as dúbidas que poidades ter.
Addthis
 

Comentarios 

 
# Currito 28-05-10 08:56
Vamos a ver, polo que eu entendo, estes recortes levaránse á practica no presente 2010 e no 2011 (certo que non leín a ley). ¿No 2012 os nosos salarios volveran á situación actual ou seguiran cos recortes?.
Grazas.
 
 
# CIG Saúde O Barco 28-05-10 10:25
Entendemos que cando se refiren a "conxelación" a partir do 2011, refírense a que permanecerán así ata non se sabe cando. Dubidamos que a súa intención sexa revertirlas despois de 2011.
 
 
# Triskel 28-05-10 12:40
Nesa táboa creo que hai un erro, no decreto do BOE do 24 de maio pon que ao grupo E (Agrupacións Profesionais) non lle recortan nada en salario base nin trienios e no resto o 1%.
 
 
# CIG Saúde O Barco 28-05-10 18:13
comprobaremos o que nos dis, grazas
 
 
# CIG Saúde O Barco 31-05-10 11:18
esta de abaixo é a resposta que nos dan ante a dubida que plantexache.
É correcto no soldo base e nos trienios, como podedes observar no primeiro cadro que había, non se desconta nada, os descontes para estas categorías van nos complementos de destino e específico.
 
 
# Currito 29-05-10 09:46
De tódolos xeitos, polo que teño entendido, estes descontos son "en bruto", despois na práctica, quedan en menos, ¿non?.
Grazas
 
 
# Psx 2010 30-05-10 19:38
Según a tabla retribucions 2010 recorte un psx pasaría de cobrar 1269,54 a 1228,31 (en bruto con pagas extras sen prorratear e posto fixo)
Sabedes cuanto sería mais ou menos en neto antes e despois do recorte
Grazas
 
 
# CIG Saúde O Barco 31-05-10 08:00
pois hai que aplicarlle a porcentaxe de irpf que lle fagan a cada quén, e iso é como quedaria.
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info