CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Abril 2020  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
Frase pra baixar os modulos en firefox

UNIDADE DE SOPORTE EMOCIONAL Á/AO PROFESIONAL SANTIARIO Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 23 Marzo 2020 15:08

De: Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
Enviado: domingo, 22 de marzo de 2020 19:03
Asunto: SOPORTE EMOCIONAL Á/AO PROFESIONAL SANITARIO

XEFAS/ES DE SERVIZO E SUPERVISORAS/ES DE ENFERMARÍA DE ATENCIÓN HOSPITALARIA

XEFAS/ES DE SERVIZO E COORDINADORAS/ES DE SERVIZO DE ATENCIÓN PRIMARIA

Prezados/as compañeiros/as:

Ante a necesidade de seguir coidándonos entre todos/as e non só no aspecto bío, senón tamén no psicosocial e emocional, o Servizo de Psiquiatría e todo o equipo de profesionais que o compón ven de poñer en marcha a UNIDADE DE SOPORTE EMOCIONAL Á/AO PROFESIONAL SANTIARIO da nosa Área Sanitaria, que funcionará telefonicamente a partir de mañá luns, ás 9 horas, no teléfono 285751, en horario de 9-15, de luns a venres, extensible en función de necesidades e demanda.

Así mesmo, veñen de elaborar a seguinte documentación de apoio, no que se establecen pautas para a mellor autoxestión emocional e afrontar situacións de estrés, e tamén se informa dos aspectos relevantes á hora de trasladar a información a pacientes e familiares, e que vos remitimos para o voso coñecemento e autoaplicación e o de todos os membros dos vosos equipos.

Grazas compañeir@s de psiquiatría.

Coidándonos nós, coidaremos mellor.

Unha aperta moi forte.

Félix Rubial Bernárdez

Xerente

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Servizo Galego de Saúde

Tfno. 988 385 510   Fax. 881 547 058

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info