CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Abril 2020  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
Frase pra baixar os modulos en firefox

PETICION DE DOTACION DE PRAZAS DISTINTASS DAS SANITARIAS PARA O PERSOAL SANITARIO E DOENTES Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 23 Marzo 2020 13:47

 Jesús  Vázquez  Almuíña

Conselleiro de Sanidade.

Margarita Prado Vaamonde

Directora de RRHH SERGAS.

 Ante unha situación tan grave como a que estamos a vivir por mor da infección do virus COVID-19,  o goberno da Xunta de Galiza e a Consellaría de Sanidade teñen a obriga de tomar todas as medidas necesarias para  garantir a seguridade das/os profesionais  da sanidade, e do conxunto da poboación.

Nos distintos Servizos de Saúde, dado que as competencias dos gobernos autonómicos están plenamente vixentes, están a tomar medidas que garantan a seguridade e a protección de todas/os traballadoras/es e  o resto da poboación.

 Por todo isto, desde CIG-SAÚDE dirixímonos a  esa Consellaría e ao SERGAS para esixir que se poñan a disposición  da poboación todos os recursos existentes.

CIG-SAÚDE esixe, que desde a Consellaría de Sanidade se busque a fórmula que permita pór a disposición das/os traballadoras/es e da poboación todos os establecementos dispoñíbeis diferentes ao centros hospitalarios.

Estamos a esixir o seguinte:

  • Que se poñan a disposición de todas/os as/os traballadoras/es  da sanidade, prazas de residencia en hoteis, residencias universitarias… preto do seu centro de traballo , para que poidan morar a alí  se así o desexan, evitando o contacto coas persoas que residen no seu domicilio, para garantir a seguridade e a protección  destas/es.
  • Pór a disposición estes centros, con distinta ubicación,  de todas as persoas que teñan que facer illamento no seu domicilio, e que para garantir a seguridade e a protección da súa familia  queiran realizar o tempo do seu illamento fora do seu domicilio.
  • Queremos lembrar, que para atender as necesidades destas instalacións é imprescindíbel  dotalo de persoal, tamén de persoal de servizos privatizados como o persoal de limpeza, ao que haberá que dotalo de todo o material necesario e EPIS que garanta a súa protección.
  1. que estas medidas sexan postas en funcionamento na maior brevidade posíbel.

Compostela, 23 de marzo de 2020.

Asdo:  Mª Xosé Abuín Álvarez

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE

Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info