CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Abril 2020  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
Frase pra baixar os modulos en firefox

as medidas de conciliacion tamen para o SERGAS Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 18 Marzo 2020 14:14

CIG-Saúde esixe do SERGAS e do Sr Feijoo que recoñeza que as medidas de conciliación tamén son para

o persoal do SERGAS



O xoves 12 de marzo publicouse no DOG a Resolución da Consellaría de Presidencia e Administracións Públicas, na que se recolle o protocolo de actuación para o persoal

empregado/a público/a da Administración da Xunta de Galiza en relación co coronavirus COVID-19.

Cando Función Pública decreta unha resolución coma esta, aínda que non o recolla expresamente, somos conscientes que estas medidas están dirixidas as/os empregadas/os

da Administración Autonómica, das cales o persoal do SERGAS ficamos excluídas/os.

Entre outras medidas recolle as seguintes:
4. Persoal especialmente sensible.
Se nalgún momento as recomendacións sanitarias así o aconsellan, poderanse adoptar medidas para que o persoal especialmente sensible se poida ausentar do posto de traballo,

entendendo por este o seguinte:
– Empregados/as públicos/as con patoloxías concorrentes ou enfermidades crónicas.
– Empregadas públicas embarazadas.
– Empregados/as públicos/as con fillo/s ou filla/s menores de idade ou con persoas dependentes.

Fronte a isto o persoal do SERGAS recibimos unha instrución do Xerente do SERGAS nas que só nos comunica, que como xa sabíamos, como persoal dun servizo esencial, de ser

necesario aplicaríanse recortes nos nosos dereitos laborais tales como:
• Suspensión de días libres, vacacións, suspensións dos cómputos de xornada e incremento da mesma.

Como sempre, como durante estes 10 anos de recortes, as/os traballadoras/es da Sanidade Pública imos facer todo o posible para que as persoas reciban a mellor asistencia

posible, aínda que este goberno siga recortando dereitos e cadro de persoal e nunca se lembre de devolvelos.

Só queríamos subliñar que para esta Consellaría e para o Sr Feijóo non contamos como persoas, xa que na instrución que envían non transmiten ningunha sensibilidade coas

necesidades familiares que o persoal do SERGAS poida ter, xa que tamén temos fillas/os e persoas maiores ao noso cargo

Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info