CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Agosto 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
     1  2  3  4
  5  6  7  8  91011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
Frase pra baixar os modulos en firefox

INFORMACIÓN REUNIÓN DE MESA XERAL DE EMPREGRADXS PÚBLICOS DA XUNTA DE GALIZA 18 DE XUÑO DE 2019 Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 21 Xuño 2019 09:45

No día de hoxe tivo lugar a reunión de Mesa Xeral de Empregadxs Públicos da Xunta de Galiza na que se abordaron nos seguintes temas.

1.-  Fondo de Acción Social. Isto supón que  o persoal funcionario e laboral recupere a retribución por este concepto, o que vai supoñer unha retribución media de 180€ mensuais.

Fondo social do que o persoal Estatutario do SERGAS estamos “Excluidas/os”.

Desde a CIG-SAÚDE ESIXIMOS, que xa que estamos excluídas/os do fondo social, e non imos percibir esta retribución, o SERGAS levante no ano 2020 a suspensión dos acordos retributivos

suspendidos e  que  recuperemos os nosos salarios, que nunca tiñamos que ter perdido

 ACORDOS SUSPENDIDOS QUE TEMOS QUE RECUPERAR NO ANO 2020. LEI DE ORZAMENTOS 2020

 INCREMENTO RETRIBUTIVO 2010

INCREMENTO RETRIBUTIVO 2011

INCREMENTO RETRIBUTIVO 2011

Grupo

Anual

Mensual

Grupo

Anual

Mensual

Grupo

Anual

Mensual

A1

425 €

30.36 €

A1

611 €

50.91€

A1

611€

50.91 €

A2

407 €

29.07 €

A2

585 €

48.75

A2

585 €

48.75 €

C1

389 €

27.79 €

C1

560 €

46.66 €

C1

560 €

46.66 €

C2

372 €

26.57 €

C2

535 €

44.58 €

C2

535 €

44.58

E/AP

354 €

25.29 €

E/AP

509. €

42.41

E/AP

509 €

42.41 €

  2.- Horario de Verán.

O persoal de Función Pública, entre outros motivos, por conciliación da vida familiar, vai ter una redución horaria desde o 16 de xuño ao 15 de setembro, e dicir una redución de xornada.

A xornada a realizar durante este tempo vai ser de 6 horas diarias. Da que o persoal do SERGAS volvemos a estar  “EXCLUIDAS/OS”

Desde CIG-SAÚDE solicitamos que esta redución de xornada tamén lles sexa de aplicación ao persoal do SERGAS. Se o motivo principal para que a Xunta de Galiza  conceda esta

redución de xornada é a conciliación familiar, que pasa coa conciliación familiar do persoal do SERGAS?

Despois do debate o Director Xeral de Función Pública comprometeuse a falar co SERGAS e traer una proposta na próxima reunión que será o 25 de xuño.

O texto presentado na reunión de hoxe recolle una redución de até o 50% na xornada diaria. Desde CIG-SAÚDE solicitamos que a aplicación deste acordo se negocie na mesa sectorial.

Dado que o persoal do SERGAS ten una prestación de servizo en quendas, a ninguén se lle ocorre que poidas ter una redución do 50% na quenda nocturna e  ir para a casa as 3 da noite.

4.- Carreira profesional.

A carreira profesional do persoal funcionario non recollía o dereito á carreira para o persoal interino, por iso a CIG-Administración non asinou o acordo de carreira. A carreira asinada no

SERGAS se recolle o dereito do persoal interino a percibir a  carreira profesional.

Despois de ter presentado as correspondentes denuncias, a dirección de Función Pública acepta negociar a entrada en carreira do persoal funcionario interino, coa seguinte cadencia de

pago do 1º grao: 25% no ano 2020; 25% no ano 2021; 25% no ano 2022 e 25% no ano 2023.

Tomando como referencia que Función Pública adianta o cobro da carreira do persoal interino ao ano 2020. Desde CIG-SAÚDE esiximos que o persoal interino e o persoal da OPE 2018/19

do SERGAS,  tamén adiante o cobro carreira ao ano 2020. Coa mesma secuencia do persoal estatutario; cobrar o grao en dúas anualidades. Ademais solicitamos incorporar neste acordo

ao persoal que quedou fora por non ter incorporado os méritos no prazo de presentación:

Proposta CIG-SAÚDE carreira interinos, persoal de OPE e persoal que quedou fora por non ter presentado os méritos en prazo:

60% do valor do grao a 1 de xaneiro 2020, 40% do valor do grao a 1 de xaneiro do 2021 = 100% valor grao.

Agardamos que as nosas propostas sexan atendidas e que o SERGAS, na maior brevidade, convoque as devanditas reunión.

Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info