CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Outubro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Frase pra baixar os modulos en firefox

lei de acompañamento dos orzamentos que nos afectan Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 22 Outubro 2018 12:30

A creación de figura de ‘pediatra de área’ non soluciona, en absoluto, o problema

CIG-Saúde denuncia novamente a falta de pediatras no sistema sanitario galego

Compostela, 22 de outubro de 2018.- A CIG-Saúde vén alertando da falta de pediatras no SERGAS desde o ano 2012, data na que se publicou no DOG o Plan de Ordenación de Recursos Humanos no que se recollía xa a previsión de xubilacións nesta especialidade até 2017. Diante desta situación, dirixiuse en reiteradas ocasións tanto á anterior conselleira como ao actual sen obter resposta algunha. Agora denuncia a creación do posto de Pediatra de Área porque non vai dotar de máis profesionais o sistema público de saúde e porén, vai provocar inestabilidade e explotación laboral das/os que agora están.

A través da Lei de Acompañamento para os orzamentos de 2019, e sen previa comunicación á Mesa Sectorial do SERGAS –que é onde se ten que negociar a creación de calquera categoría nova, segundo se establece no Estatuto Marco, Lei 55/2003-, o Partido Popular crea a categoría de facultativo/a especialista de Pediatra de Área.

“A intención do PP coa creación desta categoría ás agochadas non é mellorar a atención pediátrica da poboación infanto-xuvenil galega, senón crear un posto de facultativo/a especialista polivalente para prestar servizos en máis dun centro hospitalario e de primaria”, denuncia a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.

A creación deste novo posto de facultativo especialista polivalente non vai implicar novas contratacións senón, unicamente redistribuír ás/aos profesionais que xa traballan no sistema público para que en lugar de atender no centro ao que están adscritos atenda en máis de un.

A CIG-Saúde témese que detrás disto se agoche a intención de centralizar a asistencia pediátrica nos grandes núcleos de poboación desatendendo os hospitais comarcais e a atención primaria do resto dos núcleos.

Para Abuín o que si vai provocar seguro é “o empeoramento no asistencia sanitaria e a emigración de profesionais altamente cualificados/as que buscarán ofertas de traballo estábeis e sen explotación laboral que lles permitan ter un proxecto de vida digno”.

A secretaria nacional da CIG-Saúde asegura que “se realmente a intención deste goberno fose solucionar esta situación tería creado no ámbito do SERGAS a Comisión Técnica que desde a CIG vimos solicitando desde hai anos para abordar a falta de profesionais, as consecuencias que isto ten na asistencia sanitaria e as posíbeis medidas de solución”. Entre outras, Abuín sinala, adaptar a oferta de prazas MIR en Pediatría ás xubilacións producidas nestes anos, suprimir a taxa de reposición que tan graves  consecuencias tivo e ten e convocar as prazas necesarias para garantir a cobertura do sistema”.

Xunto a isto a CIG-Saúde denuncia que coa creación desta nova categoría o SERGAS rompe os acordos de selección temporal e definitiva pactados coas organizacións sindicais xa que na actualidade tanto o sistema de contratación como o de OPE está diferenciado entre atención primaria e atención hospitalaria.

A CIG-Saúde exixe da consellaría de Sanidade que elimine a creación desta figura da Lei de Acompañamento dos orzamentos 2019, a inmediata creación desta comisión técnica e que se aborden este e todos os problemas de falta de persoal facultativo que padece o sistema público de saúde en Galiza.

Para calquera aclaración podedes contactar con María Xosé Abuín no 662 312 958.

Agardando que sexa do voso interese, recibide un cordial saúdo.

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info