CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Febreiro 2020  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
10111213141516
17181920212223
242526272829 
Frase pra baixar os modulos en firefox

cronograma OPE-traslados SERGAS Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 30 Abril 2010 19:18
Por fín nos chega o tan esperado cronograma, aquí o tedes:

CALENDARIO OPE SERGAS 2008/2009


1.- LICENCIADOS SANITARIOS:

Primeira quincena de maio

- Publicación notas definitivas fase de concurso da OPE de FEAS.

- Publicación resolución provisional concurso de traslados de FEAS

Segunda quincena de maio


-Convocatoria concurso de traslados de atención primaria.

Segunda quincena de xuño

- Publicación resolución definitiva concurso de traslados de FEAS
- Publicación notas definitivas da fase de concurso de Médicos de Familia.

- Elección de destino de FEAS.

Pendente decidir data de toma de posesión de ámbolos dous procesos, que será comunicada a vindeira semana.

2.- RESTO DE CATEGORÍAS:

Primeira quincena de maio

-Publicación notas provisionais exercicios de carácter práctico (informática) de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais.

- Publicación notas provisionais do segundo exercicio do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.

Segunda quincena de maio

- Convocatoria concurso de traslados.
-Publicación notas definitivas exercicios de carácter práctico (informática) de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais.
- Publicación notas definitivas do segundo exercicio do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.

Primeira quincena de xuño


- Realización dos exercicios de coñecemento de galego de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, así como de coñecemento de galego e exercicio común da categoría de cociñeiros.

- Publicación puntuacións provisionais dos exercicios de coñecemento de galego de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, así como de coñecemento de galego e exercicio común da categoría de cociñeiros.

Segunda quincena de xuño

- Realización do terceiro exercicio e do exercicio de coñecemento da lingua galega do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.

- Publicación puntuacións definitivas dos exercicios de coñecemento de galego de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, así como de coñecemento de galego e exercicio común da categoría de cociñeiros e apertura prazo de presentación de documentación da fase de concurso.

- Publicación notas provisionais do terceiro exercicio e do exercicio de coñecemento da lingua galega do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.

Primeira quincena de xullo

- Publicación notas definitivas do terceiro exercicios e do exercicio de coñecemento da lingua galega do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa e apertura prazo de presentación de documentación da fase de concurso.

Addthis
 

Comentarios 

 
+3 # perlasone 30-04-10 23:59
hola amigos, antes de nada noraboa por esta nova web, moito mas visible e novedosa...
queria preguntar sobre o cronograma da OPE, cando van a sair publicadas o menos as notas provisionais de categorias como aux de enfermeria, ats, celadores, tel, ter, teap...etc
segundo o cronograma que envia o sergas non deixa claro cando saen, ou non o vin
moitas grazas
 
 
+1 # CIG Saúde O Barco 03-05-10 07:52
Esta é toda a información que recibimos. sobre a data de publicación da baremación provisional non dixeron nada.
 
 
+2 # Antía 01-05-10 18:41
GRAZASSSS!!!!!
 
 
# jessica 03-05-10 07:16
non entendo porque non aparece no cronograma a listaxe das notas provisionais co baremo do concurso do resto de categorías. ¿non sabedes cando van sair?
 
 
# CIG Saúde O Barco 03-05-10 07:53
Non temos máis información que esta. Sobre as datas de publicación da baremación provisional non nos deron información.
 
 
# natalia 03-05-10 07:52
Buenas, me gustaría saber si los plazos de incorporación en la categoría auxiliar administrativo también varian con el restraso en la convocatoria de los traslados, por lo que habías publicado tenían previsto que fuese en octubre pero veo un poco complicado que puedan cumplirlo, no sé si también tenías información al respecto.
 
 
# CIG Saúde O Barco 03-05-10 07:56
En principio o SERGAS non falou doutros prazos, polo que entendemos que pretenden manter as mesmas datas de incorporación.
 
 
# María 03-05-10 11:58
Gracias ciga, entón a baremación de celadores e administrativos , vai esperar polas outras categorías, bueno xa sei que non o sabedes, pero nin siquiera vos adelantaron nada de nada. Un saudo
 
 
# CIG Saúde O Barco 03-05-10 12:26
Pois non, non sabemos nada máis que isto. En canto saibamos algo máis será publicado.
 
 
# Antía 04-05-10 17:17
Supoñemos, tratándose do SERGAS que se as notas de informática saen a primeira quincena, esperarán ao último día... non vaia a ser o demo que nos acostumemos mal e que as saquen xa esta semana...
 
 
# Antía 04-05-10 17:18
Citando Antía :
Supoñemos, tratándose do SERGAS que se as notas de informática saen a primeira quincena, esperarán ao último día... non vaia a ser o demo que nos acostumemos mal e que as saquen xa esta semana... :zzz

A seguir agardando....aixxxx
 
 
+1 # Antía 01-06-10 12:28
Segunda quincena de maio notas definitivas dos exames de informática..1 de Xuño e nanai da china....e que non hai quen poida con estes do Sergas
 
 
# Psx 2010 01-06-10 15:11
Citando Antía :
Segunda quincena de maio notas definitivas dos exames de informática..1 de Xuño e nanai da china....e que non hai quen poida con estes do Sergas :-*

Ainda que o SERGAS non falou doutros prazos credes que poderá manter as mesmas datas de incorporación.
Extraoficialmen te cando credes que nos incorporaremos.
Antes de Decembro de 2010??
 
 
# Antía 17-06-10 21:51
A 17 de Xuño...este cronograma parece ser sacado dunha película de ciencia ficción!!!..calquera parecido coa realidade é pura coincidencia!!!
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info