CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Éxito de mobilización pola Área Sanitaria Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Venres, 04 Xuño 2010 12:12

Perto de 10.000 persoas secundaron a manifestación que convocou onte a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco.
IMG_6619
A área sanitaria foi onte un clamor. Todas e todos berramos á vez pola defensa da sanidade pública da nosa área. Como podedes ver nas fotografías, miles de persoas camiñaron durante o percorrido, berrando consignas como "Conselleira, non sexa trapalleira", "Coa saúde non se xoga" ou "Sanidade de Calidade". Pero a consigna máis aclamada sen dúbida foi "Conselleira, Dimisión".

Persoas de todas as idades, xéneros e ideoloxías sairon onte a defender a área. Só faltaron aqueles que durante estes días previos á manifestación se dedicaron a boicoteala e tentar desmobilizar á xente. Os cabecillas do PP comarcal non estiveron á altura das circunstancias e non sairon, xunto con toda a poboación da área, a defender o que nos corresponde por dereito. Mais a Plataforma fíxolles un convite para que se sumaran ás reivindicacións dunha Sanidade Pública Digna e de Calidade, cunha área forte, xestionada aqui tanto humana como tecnolóxica como económicamente.

Os nosos parabéns ás persoas que traballaron duro para organizar a manifestación, e tamén un aplauso a todas aquelas persoas que participaron e apoiaron na xornada de onte, incluindo xentes e plataformas de diversos lugares da xeografía galega.



Podedes ver a nova publicada nos distintos xornais:

 

 

 
TOD@S Á MANI! Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Xoves, 03 Xuño 2010 11:19

Lembrade:

HOXE, ÁS 20 HS, DESDE O CAMPO DE FÚTBOL DE CALABAGUEIROS, NO BARCO

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA ÁREA DO BARCO

Non máis recortes de servizos! Somos unha área!

 
MESA SECTORIAL 2 DE XUÑO DE 2010 Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 03 Xuño 2010 06:54

Esta é a nota que nos envian do acontecido onte en mesa sectorial.

Nesta reunión, ademais dos temas que recollía a  orde do día,  a CIG propuxo falar dos temas que a seguir se relacionan;  esta situación incomodou  a certas organización  sindicais , xa que agora non se poden facer preguntas sobre temas xa tratados ou temas  que xurdan e teñan a suficiente relevancia se non os recolle a orde do día.

1.- Temas da orde do día:

a.- Reordenación de procesos de radiodiagnóstico.

b.-Plan de Ordenación de Recursos Humanos.

c.- OPE FEAS PSIQUIATRIA 2006.

2.- Temas plantexados pola CIG-SAÚDE.

d.- Drogodependencias.

e.- 4º grao de réxime extraordinario de carreira.

f.- Real Decreto Lei 8/2010.

a.- Reordenación dos procesos de radiodiagnóstico.

A Directora de Asistencia Sanitaria fíxonos unha presentación en power point. Presentárono como un borrador de proxecto en fase de debate. Para a súa elaboración creouse un grupo de traballo  no  que  participa  a sociedade científica de radioloxía e un grupo de profesionais.

A intención deste proxecto é minimizar as gardas  de presenciais  con un radiólogo a distancia. O estudo realizaríase cun técnico presencial e  cun radiólogo remoto.

Comentan que este sistema non afectaría a actividade ordinaria. A experiencia piloto faríase nunha primeira fase nos hospitais ou centros de traballo, na segunda fase faríase no domicilio do profesional.

A presentación foi un pouco confusa,  xa que nunha das presentacións recollen que é só para garantir a prestación das gardas e eliminar as gardas localizadas, para que un só profesional poida dar apoio a varios centros, e noutra presentación falan de que isto é actividade extraordinaria,  voluntaria, na que un radiólogo experto nun aparello poida informar estudos radiolóxicos que se realicen en calquera dos  centros hospitalarios.

Para participar neste proceso requirirase  a conformidade do xefe de Servizo e a autorización da xerencia.

Os estudos radiolóxicos que necesiten contraste intravenoso serán autorizados polo radiólogo remoto (o que está no seu domicilio), con aviso e resposta do servizo de urxencias ou anestesia cando haxa una reacción adversa. Estes estudos realizarónos os TER.

Están valorando que as ecografías as realicen os TER.

Entre as dificultades que lles presenta este sistema é a necesidade de formar os profesionais, radiólogas/os e TER,  ademais de faceren  os investimentos  tecnolóxicos.

Á CIG-SAÚDE este tema preséntanos moitas dúbidas, por isto solicitamos que se nos enviase a presentación realizada; a directora de Recursos Humanos quedou en remitir a presentación ou un informe técnico ao que puidésemos presentar as nosas alegacións.                 Volveron a recordar que os temas de asistencia sanitaria son materia exclusiva da Admón ; na M.S preséntanse como foro de opinión.

Á pregunta da CIG de que si ían a implantar o sistema de radiólogo remoto nos hospitais comarcais, o subdirector de asistencia sanitaria contestounos que até que o proxecto non sexa definitivo non o ían a implantar nada.

Con documento do SERGAS ou sen el, este tema merece un tratamento específico pola nosa parte.

b.- Plano de Ordenación de Recursos Humanos.

Segundo a directora de Recursos Humanos, en breve recibiremos un novo texto no que se recollen partes das alegación enviadas polas organización sindicais, a nosa alegación sobre a exclusividade non foi recollida. Durante o mes de xuño  celebraranse as reunión pertinentes para avanzar neste tema.

Seguen coa teima de que se non queremos regular a mobilidade forzosa a farán eles. É o que teñen que facer.  Esperemos a ver o documento.

c.- OPE Psiquiatría 2006.

Como lembraredes esta OPE estaba  suspendida até que  houbese una resolución xudicial.  O Xulgado de Instrución nº 3 de Compostela, ditou un auto, previo informe do fiscal, de sobreseimento  por non existir base probatoria para formular acusación, é dicir, que xudicialmente a denuncia non prospera, e como a Admón no seu día , a pesares da nosa insistencia, non anulou o proceso, agora o que van facer é continuar co mesmo, para isto plantexan o seguinte:

Continuar coa OPE 2006 dando por válido o exame realizado e abrir o concurso da fase de méritos. Substituír o tribunal nomeado no ano 2006 polo tribunal da OPE 2008. As tomas de posesión serán conxuntas OPE 2006-OPE 2008.

A elección de destino farase polo listado que lle corresponda, é dicir, primeiro ofertaranse as prazas do 2006, se alguén dos aprobados renuncia  ofertaríanse ao seguintes; corre a listaxe, despois o proceso repetiríase coa listaxe da OPE 2008.

Solicitamos que nos enviasen as prazas por centros da convocatoria 2006, quedaron en facelo.

Como CIG-SAÚDE recriminamos, unha vez máis, a actuación da Admón, por non resolver este conflito no ano 2006, anulando o exame e convocando de inmediato outro nesas datas. A Admón fixo desleixo das súas función esperando que llo resolverá o xulgado.

Temas plantexados pola CIG-SAÚDE.

d.-Drogodependencias. A información foi  escasa, enviarase información específica.

e.- 4º grao de carreira. Ainda non teñen o informe xurídico, pero a Directora de RRHH adiantou que a súa impresión é que non  van poder convocalo,  xa que o Decreto Lei 8/2010 recolle a conxelación salarial no ano 2011. Durante o mes de xuño darannos unha resposta.

f.- Decreto Lei  8/ 2010. Aínda non dispoñen da información, está Función Pública a decidir como aplicar os descontos nas retribucións complementarias, eles non deben ter nada que dicir. Por vía de urxencia convocarannos á reunión na que nos informarán das cuantías que gustosamente a Admón nos roubará da nómina.

Ao final da reunión a Directora de RRHH comentou que en breve van  constituír dous grupos de traballo, un sobre a OPE 2010 e outro sobre a violencia no traballo; temos que designar ás persoas que participaran nestes grupos.

Sen máis que comentar.

Compostela, 2 de xuño de 2010.

Mª Xosé Abuín Álvarez.

 
Convocatoria Reunión Novo Pacto Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 01 Xuño 2010 13:25
O SERGAS ven de convocarnos para unha nova reunión do Grupo de Traballo do Novo Pacto de Contratacións, que quedara adiada polo cambio de data da Mesa Sectorial. A nova reunión terá lugar o próximo xoves 10 de xuño, a partir das 11:00 hs da mañá. Nesta reunión agardamos avanzar nos temas pendentes (xestión de listas, baremos...) 
 
Comunicado da Plataforma Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Martes, 01 Xuño 2010 12:42
Transcribimos aqui o comunicado que onte enviou a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco e que sae hoxe nos medios de comunicación:

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco quere sair ao paso das declaracións feitas pola Conselleira de Sanidade, a señora Pilar Farjas, na súa recente e sorpresiva visita ao Hospital Comarcal Valdeorras, nas que tachaba de dicir “mentiras e falsedades” á Plataforma e ás organizacións que a conforman.
cartazmani
A Señora Farjas pretende coas súas manifestacións confundir á poboación para desmobilizala de cara á manifestación do día 3, algo que non vai conseguir. Di a Conselleira que os nosos intereses “non son mellorar a asistencia sanitaria, son outros” e fala de que minten “aquelas organizacións políticas, non políticas, sociais, que con outros intereses que non son os da área de Barco de Valdeorras nin os dos cidadáns de Barco de Valdeorras...”. E nós preguntámonos...

1. Acaso sabe a señora Farjas mellor que a poboación desta área cales son os seus intereses? Acaso se erixe a Conselleira en grande defensora dos intereses desta poboación cando está constantemente desmantelando servizos e diminuindo a calidade asistencial que se presta nesta área?
2. A señora Farjas, Conselleira de Sanidade, sabe qué é a Área Sanitaria do Barco e qué poboacións comprende? Porqué nas súas declaracións fala dos “cidadáns de Barco de Valdeorras”? Non sabe a señora Farjas que a Área do Barco dá servizos ás poboacións de toda a comarca de Valdeorras, da comarca de Viana e da comarca de Terras de Trives? E pretende facernos crer que ela sabe mellor que ninguén cales son os intereses desta poboación, cando nin sequera sabe de qué poboación estamos a falar?
3. Promúlgase a señora Farjas como única sabedora do que lles convén aos cidadáns e cidadás destas comarcas por algún motivo concreto? Acaso porque coñece de primeira man as súas necesidades? Porque pasa moitísimo tempo nestas terras? Está claro que non. A súa visita sorpresiva e fugaz ao Hospital Comarcal Valdeorras así o demostra, como tamén demostra que só cando está convocada unha manifestación, do mesmo xeito que pasou en Monforte, se digna a aparecer por aqui: inda que no seu momento se comprometera coa Plataforma a visitar a Área e explicar o seu modelo de Área de Xestión Integrada, só realizou a visita cando hai unha manifestación convocada, con intención de desmobilizar á poboación, e entrevistándose exclusivamente coa Dirección do Hospital Comarcal Valdeorras.
4. Sendo como di que é grande coñecedora dos intereses da poboación desta Área... porqué só se reúne na súa visita coa Dirección do HCV e non o fai coa Plataforma, integrada por multitude de asociacións e organizacións de todo tipo e que representan a unha grande maioría da poboación das comarcas afectadas?

Señora Farjas: quén minte? Quén di falsidades? Quén está desmantelando os servizos sanitarios desta área sanitaria? Porqué non falou vostede do que pensa facer coa radioloxía e as supostas gardas mancomunadas? Porqué non di que se vai cubrir o traumatólogo que falta?
Fale claro, pero non coa prensa ou coa Dirección do HCV: fale claro coa Plataforma e coa poboación que representa, fale claro onde tén que facelo, fale claro no Parlamento cando se lle pregunta se vai manter ou non a área sanitaria do Barco, porque esta Plataforma, mentres non teña enriba da mesa un decreto no que se diga claramente que se mantén esta Área Sanitaria con todas as súas competencias ou máis, onde se exprese claramente que a sanidade desta área se vai xestionar desde aqui, tanto en persoal como en material como económicamente, mentres non teñamos diante ese decreto, nós non nos cremos as súas palabras.

A poboación desta Área Sanitaria sabe, mellor que ninguén, cales son os seus intereses e sabe que empeorar a calidade asistencial que se lle presta non é un deles. Faga algo para solucionalo, que para iso é vostede a Conselleira de Sanidade. Ou é que vostede sí que tén outros intereses?

Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco reafirmámonos nas nosas reivindicacións, e mentres non vexamos plasmado por escrito e confirmado no Parlamento Galego que a Área Sanitaria do Barco se vai manter coas súas competencias, cunha xestión non dependente de ningún ente provincial, completando e mellorando os seus servizos, non nos cremos nada do que diga a señora Conselleira, porque xa nos ten dito moitas cousas que despois non son certas. Polo tanto, pedimos a toda a poboación que secunde a MANIFESTACIÓN que terá lugar o próximo xoves día 3, a partir das 20 hs con saída do Campo de Fútbol de Calabagueiros, no Barco.

A nova no Faro.
A nova na Voz.
 
Visita da Farjas e mesa sectorial Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Venres, 28 Maio 2010 19:33


Estes de abaixo son os temas a tratar na mesa sectorial do mércores, como vedes introducen a "reordenación dos procesos de radioágnostico.
A fotografia que ilustra o artigo corresponde os membros da plataforma da sanidade pública "escoltando á dirección do HCV á espera de recibir a sor farjas. Veremos mañá o que dí a prensa da reunión que mantivo coa dirección do centro a 5 dias da manifestación en apoio da área, apostamos a que trata de desmobilizar ó persoal. 

farjas

Asunto: Mesa sectorial

Órgano convocante: Subdirección Xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico e Recursos e Reclamacións

 

Orde do día:

  • Reordenación dos procesos de radiodiagnóstico.
  • Plan de ordenación de recursos humanos do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
  • OPE Facultativos Especialistas de Área en Psiquiatría 2006.

 

Lugar e data de reunión: Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2010 ás 11:00 horas na sala 02-03 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde 

Convocados:

  • Subdirección Xeral de Xestión e Políticas de Persoal
  • Subdirección Xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional
  • Dirección de Asistencia Sanitaria
  • Organizacións sindicais: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE e USAE
  •  

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2010 

O subdirector xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico

e Recursos e Reclamacións 

Francisco Javier  Pena Corredoira

 

ORGANIZACIÓNS SINDICAIS: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE E USAE

 

DIRECCIÓN DE ASISTENCIA SANITARIA

 
asemblea descontos Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Venres, 28 Maio 2010 13:24
xanra1
Hoxe no salón de actos do HCV, celebramos unha asemblea para explicar o recorte salarial que nos vai a aplicar o goberno; durante algo mais de media hora o noso compañeiro da executiva nacional de CIG-Saúde Xan Ramón Fernández, relatou en qué consistia e de que forma afectaba ó persoal.

Tamén expuxo as mobilizaciois que se van emprender dende CIG-Saúde que rematará na folga do dia 8 de xuño.

Graciñas Xan Ramón pola túa disposición e traballo.
 
o recorte en cifras Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Xoves, 27 Maio 2010 21:24
A xente que levamos anos traballando para o SERGAS, sabemos que foron moitas as mobilizaciois que fixemos en aras de conseguir un salario e unhas condiciois de traballo dignas, así como para mellorar a sanidade pública.
mobilizaciois
Despois do roubo por parte da administración do PP sobre os acordos asinados co bipartido, que se conseguiron a base de estar a pe de rua, hoxe o congreso dos diputados de Madrid cos votos do partido socialista e a abstención de CIU ven de aprobar unha nova agresión cara os traballadores da administración.

O argumento da crise vale para todo, non sólo para este recorte senon tamén para deixar en precario as plantillas de persoal posto que as contrataciois están sendo reducidas á mínima expresión , a isto hai que sumar os centos de traballadores e traballadoras do SERGAS que viron truncado acceso á carreira profesional ou a progresar nela.

E todo isto co agravante que non hai data límite para seguir agredíndonos con recortes e precarizar as condiciois de traballo, para o ano que ven de entrada xa temos garantida a conxelación.

Se a este atraco a man armada lle sumamos a pouca transparecia do SERGAS nos procesos de contratación (hoxe mesmo publicamos a súa negativa a publicar os chamamentos na mesa de Ourense), os "curiosos casos" que se dan ano tras ano na OPE con certo cheiro a enchufismo, o ter a xente desprazada a centos de kilómetros da súa casa e según en que categoria traballen non ofertar o 100% das prazas a traslados, a negativa de negociar permisos e poñer dende as xerencias cantos mais atrancos mellor para disfrutalos, o fantasma fondo social que non aparece por ningures a pesares de acordarse en tódalas negociaiois, a ameaza do copago na sanidade que xa se está a oir en boca da ministra, a pretensión do SERGAS de eliminar servizos e unificar áreas de saúde, e un longo etc; sitúanos nunha situación nunca vivida que convirte o espazo de traballo nun verdadeiro campo de batalla onde ou damos de novo a cara ou seguiremos levando labazadas de por vida.
. Mentres ás grandes fortunas, os bancos os monopolios etc etc etc, non se lle esixe esforzo ningún (menos mal que foron eles quenes provocaron a crise e que temos un governo que se di de esquerdas).

É por iso que o próximo 2 de xuño intentaremos mobilizar ó persoal contra esta agresión continuada

No enlace seguinte podedes ver, por categorías, a repercusión dos recortes aprobados hoxe no Congreso dos diputados en Madrid.
Retribucionss_2010_recorte_10-111.pdf

Lembrade tamén que hoxe ás 11:30 hs, no Salón de Actos do HCV, temos convocada unha Asemblea Informativa sobre os recortes salariais, onde tentaremos aclarar as dúbidas que poidades ter.
 
cambio data publicación puntuacións OPE Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 27 Maio 2010 12:35

Bos días: estaba previsto que mañana fora publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que sepublican las puntuacións definitivas, así como as persoas definitivamente seleccionadas na OPE de as diversas categorías/especialidades de licenciados sanitarios (coa excepciíon de médicos de familia). 

Nembargantes nos comunican dende o Diario Oficial de Galicia que a devandita publicación producirase o vindeiro luns, día 31 de maio.
 
seguimos sen ter acceso ós chamamentos Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 27 Maio 2010 12:15
Coméntannos que o martes pasado na reunión da mesa provincial de contrataciois, o SERGAS abordou o punto reclamado por CIG-Saúde O Barco, sobre a publicación diaria ou periódica chamamentos que se van producindo.

Pois ben, a dirección provincial dí que non poden facelo sen aplicativo, polo que acordaron levar este tema á mesa central e reclamar ese aplicativo.
Grfico3

A nós esta solución non nos convence, parécenos unha tomadura de pelo que a estas alturas a xente que está nunhas listas de contratación non poda saber en que número están chamando, para sabelo hai que chamar persoalmente, e conseguir que collan o teléfono e que a persoa responsable dos chamamentos esté libre. En fín que temos a mesma situación na era dos ordenadores, internet, ipad, ipod e mil dispositivos de tecnoloxia futurista e nomes extranos, que tíñamos no século pasado.

Ou acaso deberiamos ser mal pensados e crer que isto non se produce por intereses ocultos dalguén??

Nós seguiremos insistindo PUBLICACIÓN DOS CHAMAMENTOS XA!!!
 
Información sobre a reunión de Traslados 26-5-10 Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 26 Maio 2010 14:53
Nesta reunión, logo da demanda sindical da Mesa Sectorial, o SERGAS plantexa o seguinte:  

Oferta do 100 x 100 a traslados nas seguintes categorías: 

  • Enfermeiras
  • Auxiliares Enfermaría
  • Médicos/as Familia
  • Celadores/as
  • Fisioterapeutas
  • Matronas
  • Pediatría Atención Primaria
  • PSX
  • TEL
  • TERcarro

Para o resto de categorías(nas que se ofertan poucas prazas, categorías pequenas) manteñen a oferta feita que consiste en ofertar o número de prazas que saíu para a oposición.  

Casos particulares

  • Persoal oficios: non queren baixo ningún concepto crear ningunha praza a maiores por ese motivo non ofertan máis.
  • Pinches: poden ofertar o 100 x 100 coa excepción de Vigo onde baixo ningún concepto van ofertar máis que o número de ope, polas características concretas de Vigo, coa construción do novo hospital.
  • Celadores Atención Primaria: Non van a ofertar ningunha praza.
  • Auxiliares Administrativos: no anterior concurso viñeron 60 persoas de fora de Galicia e non están dispostos a ter que soportar ese incremento de vacantes.
  • Traballadoras Sociais: Non queren ofertar o 100 x 100 porque non saben como se vai comportar a categoría por mor de que non se ofertou no anterior concurso de traslados.

Con todo isto van a elaborar unha acta na que queren se recolla tamén o criterio de que si nalgunha das categorías que van ofertar o 100 x 100 de vacantes hai problemas de desavastecemento nun servizo se poida regular a incorporación graduando a mesma no tempo. 

Quedaron en remitirnos o novo cadro coas prazas na semana que ben, están pechando coas xerencias neste momento as prazas. 

Borrador do Traslado. Retomouse unha cuestión que afecta ao baremo do Persoal Non Sanitario, que ao final queda como na convocatoria do 2007, que diferencia os servizos prestados como fixo noutra categoría dos prestados como temporal na mesma. 

Descargar novo borrador

 

 
concentración polo mantemento de servizos Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 26 Maio 2010 11:43
stacaHoxe levamos a cabo un novo corte de tráfico en defensa da nosa área de saúde e contra da perda de servizos.
Nél explicouse ó persoal o que transmitiu a directora xerente do HCV que a eliminación das gardas de Rx é unha cuestión de tempo. á espera de ter a dotación técnica que o permita.

Tamén se explicou a negativa da dirección de non dotar da segunda enfermeira de noite argumentando que non habia cuartos, sí os hai explicou a xerenta para a xornada extra que están a realizar os traumatólogos pola non cobertura do traumatólogo que marchou, por certo traunmatólogo que non se vai cubrir, sí en cambio contratarase un ciruxan, é increible que coa demanda que ten trauma  non se cubra esta vacante consolidada dende hai anos, ou acaso habrerá algún obscuro interese en que isto sexa así? A xerenta afirmou que este traumatólogo que marchou "gastaba moito en probas complementarias" (sería por iso que era o traumatólogo do servizo mais demandado polos usuarios).

Cando lle plantexamos como era que non habia cuartos para unha enfermeira e sí os habia para a xornada complementaria destes facultativos se nos dixo que tampouco íbamos a ser tan intolerantes no gasto das xornadas complementarias, Imaxinamos que o mesmo de intolerantes que eles cos gastos do resto de persoal necesario).

Parece que a crise afecta mais a uns que a outros.

Mañá de novo ás 11,30 CONCENTRACIÓN.
 
Cadro resumo dos descontos salariais Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Mércores, 26 Maio 2010 11:35
Cadro que reflexa os descontos que contempla o Real Decreto Lei. Como se indica ao final do mesmo, a maiores, cada persoa tería tamén un desconto no complemento específico e na productividade fixa.

 Descargar cadro

O venres 28 ás 11,30 horas teremos unha asemblea no salón de actos do HCV para explicar o que nos afectan estas medidas.


BANNERRECORTESENSINO

 
Publicados os listados provisionais dos traslados de diversas categorías de persoal Facultativo Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 26 Maio 2010 11:34

Publicada no DOG de hoxe a Resolución do 20 de maio de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de prazas de diversas categorías de licenciados sanitarios convocado por Resolución do 21 de xaneiro de 2010. 

Ábrese un prazo de quince días hábiles para formular reclamacións contra ela. 

Web SERGAS Traslados

 
Isto é o SERGAS! Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 25 Maio 2010 07:32

Parece que o SERGAS anda a xogar a marearnos coas reunións e non para de cambiar datas. Despois de varios cambios, as datas das próximas reunións son as que seguen:

Mércores 26 de maio, reunión de traslados. Ainda seguimos sen saber se sacan ou non o 100%.

Mércores 2 de xuño, Mesa Sectorial. Despois de varios cambios, agardemos que esta sexa a data definitiva. Ainda non temos orde do día. A reunión do grupo de traballo do Pacto de Contratacións que estaba programada este día queda adiada ata novo aviso.

Isto é o SERGAS!

 
Reunión traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 21 Maio 2010 10:11

paradrapopO SERGAS envíou a convocatoria que pegamos abaixo para tratar o tema dos traslados sen darnos unha resposta sobre se sacan ou non o 100% das prazas. O seu compromiso era respostar nesta semana e non o fan. E convocan a reunión sen que as organizacións sindicais saibamos cal é a súa posición, ou sexa, téñennos totalmente desinformados e así nos fan ir a esa convocatoria. Vaia talante negociador.

 Bo día:

Consonte ao expresado pola directora de Recursos Humanos na pasada reunión, co fin de avanzar na negociación e, en definitiva chegar a un consenso respecto da porcentaxe de prazas a ofertar que permita non dilatar innecesariamenten o concurso de traslados, convócasevos para unha xuntanza o vindeiro martes 25 de maio, ás 12 h, na sala 02.03.

 

 
Publicacións OPE e traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 21 Maio 2010 09:50

Hoxe chegounos o seguinte correo do SERGAS:

Bos días: está previsto que a vindeira semana sexan publicadas no D.O.G as seguintes resolucións:

- Día 26 de maio: resolución provisional do concurso de traslados de persoal licenciado sanitario ( excepto categorías de atención primaria), coa puntuación provisional e adxudicación, no seu caso, de destino provisional.

- Día 28 de maio: Resolución definitiva de OPE das diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario (expecto médicos de familia), e apertura do prazo para a presentación de documentación dos aspirantes defiitivamente seleccionados.

Por razóns de urxencia e de conformidade co establecido no artigo 50 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, reducese o prazo de presentación da devandita documentación a 15 días, circunstancia que se fará constar na devandita resolución. Non obstante sería aconsellable que se dera a máxima difusión desta reducción entre os profesionais interesados. Grazas.

 
listaxes curta duración das antigas fundacións Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 21 Maio 2010 09:19

Podedes descargar aqui a copia da Resolución que se publica hoxe no DOG, que formaliza a convocatoria para a selección de aspirantes a vinculacións temporais en diversas categorías (enfermaría e TCAE) no ámbito das listas especiais de curta duración no Salnés, Barbanza, Virxe da Xunqueira e Verín.

 
mesa sectorial traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 19 Maio 2010 20:58

Por fín  chegounos a información do que aconteceu na mesa sectorial de traslados, sentimos a demora na publicación.

Cando a Administración quixo entrar a valorar as prazas que saían a traslados, todas as organizacións sindicais alí presentes manifestamos a nosa esixencia de que saisen o 100% de prazas vacantes a traslados. Nese momento, as tres persoas que representaban á Administración na mesa puxeron cara de circunstancias e afirmaron non poder dar unha resposta a iso. Desde CIG-Saúde esiximos que, posto que esas tres persoas non estaban en posesión da capacidade de negociar, se chamase a quen si o estivera; esiximos a presenza na mesa dun interlocutor válido, posto que esta é unha mesa de negociación e se non se pode negociar, a qué imos?

Ante a nosa insistencia, conseguimos que se presentara a Directora de Recursos Humanos, Esperanza Lago, que se reafirmou no seu criterio de sacar a traslados só o número de prazas ofertadas a OPE. Despois dun arduo debate no que se expuxeron oor parte das organizacións sindicais diversos argumentos polos que se puxo de manifesto que non tiña sentido limitar as opcións  de mobilidade do persoal fixo, a Directora de Recursos Humanos asumiu o compromiso de “valorar” esa petición, mais advertiu que, en caso de aceptar sacar o 100% das prazas, sería coa condición de que a incorporación sería escalonada, posto que o seu argumento fundamental para non sacar o 100% é que temen que haxa unha “desbandada” de especializada cara primaria e que isto provoque problemas en certos servizos.

A Administración quedou en darnos unha resposta esta semana. Nós non somos moi optimistas ao respecto. Agardaremos a resposta e a convocatoria dunha vindeira reunión.

 
Concentracións contra os recortes salariais Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Mércores, 19 Maio 2010 19:06
Concentracións en protesta pola medida do goberno de recortar os salarios ás empregadas e empregados públicos:
punhoestrela2
•    SANTIAGO: PRAZA DO TOURAL ÁS 19 HORAS
•    A CORUÑA: DELEGACIÓN DO GOBERNO ÁS 19 HORAS
•    LUGO: SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO ÁS 20 HORAS
•    OURENSE: SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO ÁS 19 HORAS
•    VIGO: RÚA DO PRINCIPE ÁS 19 HORAS
•    PONTEVEDRA: SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO ÁS 19 HORAS
•    FERROL: EDIFICIO ADTVO DA XUNTA ÁS 19 HORAS

PARTICIPA, NON TE DEIXES ENGANAR
"NON AOS RECORTES SALARIAIS E SOCIAIS,
SI AOS SERVIZOS PÚBLICOS
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info