CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Decembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
        1
  2  3  4  5  6  7  8
  9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     
Frase pra baixar os modulos en firefox

Traslados FEAS Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 24 Xuño 2010 08:08
O SERGAS enviounos unha mensaxe na que nos avisa de que hoxe van publicar na páxina do SERGAS os listados de traslados de FEAs.

Bos días: na mañá de hoxe será publicada na páxina web do organismo a baremación definitiva, coa adxudicación definitiva de destinos, do concurso de traslados de persoal facultativo.

 

Nos primeiros dáis do mes de xullo será publicada no DOG a correspondente resolución na que se especificarán os prazos de toma de posesión.

 

Nas seguintes categorías non existen aspirantes:

 

Anxioloxía

Cirurxía cardiovascular

Cirurxía oral

Oncoloxía radioterápica

Xeriatría

Medicina do Traballo.

 
Retraso no pago da nómina Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Mércores, 23 Xuño 2010 18:02
Parece ser que nalgunhas xerencias están informando de que se pretende retrasar o pago da nómina do mes de xuño, pagando a extra e demorando o pago da ordinaria porque seica non lles deu tempo a modificar o aplicativo para facer os descontos. Ante estas noticias, esta mañá enviamos este escrito a Recursos Humanos:

Esperanza Fernández Lago.

Directora de RRHH SERGAS.

 

Bo día: estamos a recibir información de distintas xerencias de que a nómina do mes de xuño vai sufrir retraso no seu abonamento motivado pola redución salarial que as/os traballadores imos sufrir nos nosos salarios.

Como principio básico de dereito das/os traballadoras/es a nómina , utilizando un símil relixioso, é sagrada, polo que se debe de abonar  sen ningún retraso.

Si á Admón non lle deu tempo a modificar o programa informático, isto non se lle pode imputar as/os profesionais. Na Mesa Sectorial a Admón comprometeuse  a abonar a nómina sen retraso algún.

Non nos parece de recibo que a Admón abone a nómina da paga extra en substitución da nómina mensual, as dúas nóminas deben de abonarse na data correspondente.

A CIG-SAÚDE solicita que se abonen as dúas nómina sen ningún retraso.

Agardando a súa resposta.

 

Compostela, 23 de xuño de 2010.

 

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE

 
Delegados/as da área pública da CIG concéntranse en contra da aplicación dos recortes aos empregados/as da administración Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Mércores, 23 Xuño 2010 17:47
noticia extraída de Avantar:

Coincidindo co debate no Parlamento do decreto para trasladar as medidas de redución do déficit público
Delegados e delegadas da área pública da CIG desenvolveron unha concentración na mañá deste martes diante do Parlamento de Galiza para amosar o seu rexeitamento ás medidas de redución do déficit público adoptadas polo goberno estatal e que a Xunta de Galiza vai aplicar aos empregados/as públicos, sen minimizar o seu impacto, a pesar de ter capacidade para facelo. As Federacións de Administración, Ensino e Saúde denunciaron novamente a hipocrisía do PP e demandaron que antes de recortar as retribucións dos traballadores/as se reduzan os numerosos gastos superfluos da administración.
 
Plan Mellora: qué están a facer con el? Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Mércores, 23 Xuño 2010 09:21

Esta é unha mensaxe do noso compañeiro da executiva Manolo Moreira, representante de CIG-Saúde na Comisión de Seguimento do Plan Mellora, que se reuniu recentemente, emitindo un informe sobre a situación do Plan e editando un folleto explicativo para a cidadanía, para que se saiba o que está a pasar en Atención Primaria. Deixámosvos a mensaxe do noso compañeiro e os dous documentos abaixo.


O PLAN DE MELLORA DE ATENCION PRIMARIA DE GALICIA é un Plan que nos afecta a todas e todos os profesionais de A.P. e que se desenvolve como consecuencia da demanda de melloras laborais e de atención ao paciente, que se levan a cabo durante o ano 2006, e que se concreta na firma do devandito Plan polas Organizacións Profesionais e Sindicais e polo Presidente da Xunta de Galicia o 2 de Abril de 2007.

concentracion_ap_

Co cambio de dirección na Consellería e no Sergas no ano 2009, en relación co PLAN DE MELLORA DE A.P. produciuse unha parálise en canto ao desenvolvemento e seguimento do mesmo e que a nivel orzamentario concrétase nun descenso do orzamento dun 4.2% respecto ao do 2009 (mentres creceu o de A. Especializada). O ano 2008 crecera un 4,4%.

Se a isto engadimos a análise do BORRADOR DO PROXECTO DE DECRETO que crea a ESTRUTURA ORGANIZATIVA DE XESTIÓN INTEGRADA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE, no que a participación organizativa da A.P. pasa totalmente desapercibida, fainos pensar que a Atención Primaria está a vivir un momento crucial que pode condicionar o seu desenvolvemento futuro.

As Organizacións Profesionais e Sindicais que formamos parte da Comisión de Seguimento deste plan queremos facer pública esta situación e manifestar a nosa intención de defender o cumprimento do Plan de Mellora da Atención Primaria.

Engadimos dous documentos, un para a cidadanía, no que tratamos de explicar o que supón a perda do Plan de Mellora, e outro para as e os profesionais, cunha reflexión sobre o propio Plan e o futuro da Atención Primaria.

Contamos coa túa colaboración para difundir o documento para a cidadanía imprimíndoo e repartíndoo entre as usuarias e usuarios do teu Centro de Saúde.

Manuel González Moreira

Representante de CIG-Saúde na Comisión de Seguimento do Plan de Mellora

 

* Informe  da Comisión de Seguimento do Plan Mellora de Atención Primaria.

 

* Folleto para difundir.
 
Escrito para entregar para garantir o dereito á educación en galego Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Mércores, 23 Xuño 2010 09:10

Queremos Galego iniciou unha campaña para que aquelas persoas que tendes fillos/as en Educación Infantil poidades cubrir os vosos datos neste formulario e o enviedes á Plataforma, que remitirá todos os que cheguen á Consellaría de Educación. Deixámosvos aqui a explicación da campaña. Podedes descargar e difundir o formulario.

 

paradrapopESCRITO PARA ENTREGAR COMO NAI/PAI/TITOR-A DUN NENO OU DUNHA NENA NA EDUCACIÓN INFANTIL, PARA GARANTIR O DEREITO Á EDUCACIÓN EN GALEGO

A Xunta aprobou, a pesar do rexeitamento da comunidade educativa, un novo decreto que, entre outros problemas, non garante que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino en galego na etapa de infantil.

Esta norma foi promulgada de forma unilateral, sen ter en conta a opinión de sindicatos, organizacións estudantís, asociacións de nais e pais, institucións culturais como a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, ou un informe de altísimo nivel xurídico do Consello Consultivo. Este último organismo advertiu á Xunta de que este decreto conculca dereitos na educación infantil.

Que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino na lingua propia até que faga os seis anos de idade é unha situación que non se produce en ningunha outra comunidade do Estado español e que leva o galego a unha situación preautonómica, alén de conculcar o dereito a un ensino igualitario e de calidade.

Por iso, desde Queremos Galego animamos a todas as nais, pais ou titoras e titores de nenas e nenos na etapa de educación infantil a que cubran o formulario e o remita ao enderezo da nosa plataforma cívica: Queremos Galego, Rúa do Vilar, 15 – 1º dereita, 15705 Santiago de Compostela.

Desde Queremos Galego entregaremos todos os escritos (que serán compilados de acordo coa Lei de protección de datos) no rexistro da Xunta, dirixidos ao Conselleiro de Educación, e achegarémoslle tamén as copias correspondentes a cada centro de ensino á dirección do mesmo, para que teñan constancia.

Este documento está pensado para todas as familias que, falen galego ou castelán, desexen que o seu fillo ou a súa filla teña as garantías para unha educación en galego. Subliñamos isto porque o actual decreto non só dificulta que unha familia falante de galego poida ter ensino neste idioma para o seu fillo/a, senón que imposibilita que un neno dunha familia falante de castelán poida adquirir competencias comunicativas en galego.

Ademais pedimos a todas as nais pais que respondan á pregunta formulada pola Consellaría de Educación: EN GALEGO. A pregunta está formulada de tal xeito que non se quere ter en conta en que lingua se quere escolarizar ás fillas e fillas senón en que lingua falan as nais e pais.

 
prazas OPE FEAS Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 22 Xuño 2010 12:20

Plazas definitivas da OPE de facultativos, que serán publicadas hoxe na páxina web e esperamos que saian publicadas no DOG o vindeiro venres.

Copia_de_OPE_2010_feas.pdf

 
recuperamos as dúas TCAES do servizo de diálise do HCV Imprimir Correo-e
HCV
Martes, 22 Xuño 2010 10:49

Esta de abaixo é o correo enviado polo Director de enfermaría do HCV, con respecto á cuestión plantexada dende a comisión de centro de recuperar as das TCAES que o HCV tiña cedidas á fundaciçon que leva o servizo de diálise, agora sçolo falla que o prazo de incorporaciçon non se alongue demasiado:

Bos dias : Tal como habiamos quedado na reunion da comision de centro, falouse coa Fundacion renal Iñigo Alvarez de Toledo (FRIAT) e chegouse o acordo de "devolucion", das duas TCAE para o HCV, estamos pendente de que se faga con relativa celeridade, pero non de forma inmediata pois se precisa contratar e formar persoal por parte da FRIAT en todo caso o proceso de retorno xa está en marcha.

 
Saramago: a flor mais grande do mundo Imprimir Correo-e
Luns, 21 Xuño 2010 16:53

 



 
regulación das comisiois de servizos Imprimir Correo-e
HCV
Luns, 21 Xuño 2010 15:28
maxadaEsta mañá levouse a cabo unha reunión extraordinaria entre a comisión de centro e a directora Xerenta do HCV. O único punto do dia era o criterio cos que se estaban a dar as comisiois de servizo no centro.

Un pouco de historia

A dirección anterior habia establecido dar todas as vacantes e contratos de longa duración que se deran as comisiois de servizo sen reservar praza ningunha ás listas de contratación, os criterios que establecia para dirimir a que persoa lle correspondia esta comisión baseábase nunhas instrucciois do SERGAS que establecian unha serie de prioridades que iban dende a violencia doméstica ata as cargas familiares ou familiares dependentes, isto deu lugar a varios problemas pola falla de baremos claros á hora de establecer a orde das comisiois por un lado, como o desamparo que tiña o persoal de listas de contratación que nalgunhas categorias non podía optar a ningún tipo de contrato de longa duración.

Cando a nova Xerencia tomou posesión, este foi un dos primeiros temas abordados pola comisión de centro, posto que tanto o persoal pendente de comisión de servizos omo o de listas de contratación non sabían a que aterse e se iban a ter opción ou non a acceder a algún tipo destes contratos. A resposta da dirección e co fín de conciliar as 2 situaciois foi "salomónica" dar o 50% das prazas a cada un dos colectivos, isto quedou refrexado en acta; pretendia tamén rescindir as comisiois de servizo que habia, pero a postura da comisión de centro por unanimidade foi a de non tocar o que estaba dado e empezar coas novas prazas, a primeira foi unha vacante de celador que xa estaba dada a unha comisión de servizos e que foi anulada antes da súa incorporación, alegaba a dirección que agora tocaba á lista de contratación.  

Pero resulta que ó longo deste ano producíronse varias incorporaciois mais, 2 comisiois de servizos seguidas no laboratorio e 2 mais no persoal auxiliar administrativo. Sen meter xente polo medio de listas de contratación. Ante esta situación, a comisión de centro solicitou unha entrevista urxente coa Xerenta que foi a que se produce esta mañá, nela a Xerenta alega que houbo un "erro" na interpretación dos últimos contratos e defendeu que a dirección tiña que ter unha mínima liberdade á hora de dar ou non as comisiois de servizo ou chamar ás listas de contratación. 
Obviamente estes argumentos non foron aceptados pola comisión de centro e esiximos que non se volveran dar este tipo de "erros" para o cal esixíamos regular a cobertura destes postos de traballo nun acordo interno mentres non se producira un a nivel SERGAS (dende CIG-Saúde plantexamos a súa regulación no propio pacto de contrataciois que se está a negociar), que aclarase que tipos de contrato son susceptibles a cubrir polas comisiois de servizos e cales non, así como definir o 50% que propuxo a propia xerenta no seu dia para compatibilizar os intereses dos 2 colectivos (o de listas e a xente con praza fora do HCV).

Esta negociación esperamos se produza para a semana que ven e saia un acordo que clarifique un pouco as posibilidades de traballo do persoal de listas, así como as de obter unha comisión de servizos no HCV e saber, en todo momento a cal dos dous lle corresponde. Pensamos que de chegar a un acordo entre as partes e que sexa repectado pola dirección habremos avanzado un pouco na erradicación do amiguismo e enchufismo dentro do noso centro, que por momentos parecera que ameazara con voltar.
 
mesa sectorial traslados 18 xuño Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 18 Xuño 2010 17:02

Esta de abaixo é a información que nos envian do acontecido na mesa sectorial de hoxe, deixamos enlace tamén as que parece van ser as prazas definitivas a convocar.

 

ATENCIÓN PRIMARIA

  • O Sergas cambia de opinión e oferta as vacantes ocupadas por interinos en Atención Primaria ( nos PAC ) coa condición de que non van a ofertar as RESULTAS.
  • Os cambios en Odontólogos son sin incrementar o número total das ofertadas, o que fixeron foi aplicar o criterio de menor antigüidade na praza e cambian unha que estaba ofertada e que o interino era máis antiguo por outra que o interino ten menor antigüidade.
  • Os cambios que hai en prazas de enfermaría e médicos de familia son fundamentalmente de turno ou para clarexar mellor o lugar onde están ubicadas as prazas.
  • Engaden unha praza nova de auxiliar administrativo en Ourense.

ESPECIALIZADA

Neste apartado os cambios que hai son únicamente aqueles que aportaron dende as Xerencias, os aportados polos sindicatos quedan para unha revisión posterior na semana que ben, quedando o Sergas en que nos remitirá un listado DEFINITIVO o mércores.

PREVISIÓNS

Preven sacar a convocatoria a primeiros de xullo en DOG, as incorporacións as manteñen para o mes de outubro, xunto coas da OPE, dun xeito gradual, primeiro as categorías pequenas e logos as máis grandes quedando para o final as de enfermaría.

FACULTATIVOS/FEAS

Xa teñen os traslados pechados na semana que ben nos adiantaran os destinos para que se difundan, se poden os colgarán tamén na web, a publicación en DOG, será o día inmediatamente anterior á elección de destino ( 25 xuño ) , xa que escollen destino o 26. A primeiros de xullo publicarase no DOG o nomeamento co destino e xa irá tamén a data de incorporación ( setembro ).

OPE RESTO

Notas a semana que ben as das categorías pequenas, o resto de categorías queda para primeiros de setembro, coa excepción de enfermaría que sairán as notas a finais de setembro, iniciando a incorporación en outubro.
 
retribuciois PAC Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 18 Xuño 2010 10:26
Algunha xente tennos preguntado como son as retribuciois de PAC en enfermaria, por se lle interesa ou non pedir traslado para alí.
Remitimos nun par de contestaciois á orde nóminas do 2010, pero parece que moitos aínda non se aclaran, polo que deixamos un esquema na imaxen adxunta do salirio bruto deste persoal.
Lembrade que a política de recorte levada a cabo pola xunta deixou os acordos de PAC, que parece ser que empeza a haber contactos para volver a negociar sobre a súa aplicación.

Esperamos vos serva de axuda á hora de elexir un PAC ou non.

pac
avisáronnos @s compañeir@s de Lugo que a táboa que publicamos en principio contiña un erro, pois puxemos como como valor da xornada complementaria os valores que se referían ó persoal de atención ordinaria en garda de PAC
A táboa agora publicada é a correcta, perdoade as molestias
.


 
manifestaciois 17 xuño Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Venres, 18 Xuño 2010 08:56

artigo roubado a avantar

galeria fotográfica de CIG-Saúde O Barco da mani de Ourense

Unhas 12.000 persoas participan nas manifestacións convocadas pola CIG en contra da reforma laboral

A central advirte que se non hai unha resposta contundente na rúa o poder económico e político continuará cos recortes á clase traballadora
Unhas 12.000 persoas participaron esta tarde nas manifestacións convocadas pola CIG en toda Galiza en resposta a aprobación dunha reforma laboral que suporá o recorte de dereitos máis importante dos últimos trinta anos. O texto aprobado polo goberno español, que atende ás demandas históricas da patronal de facilitar e abaratar o despedimento, deixa nunha total indefensión á clase traballadora, polo que dende a CIG se fixo un chamamento á dar unha resposta contundente na rúa que paralice este ataque, pero tamén para demandar que se adopten políticas para combater de xeito eficaz a crise dende un punto de vista favorábel á maioría social.
A manifestación, baixando a rúa Urzáiz de Vigo.

“Aquí estamos ante unha loita de poder, ante unha loita cun claro contido de clase, ante a unha loita por modelos de organización socioeconómica totalmente confrontados e polo tanto, ou conseguimos paralizar todo isto, ou a situación da clase traballadores nos próximos anos vai empeorar gravemente tanto nas condicións laborais como sociais, impóndose un modelo de relacións laborais desregularizado e controlado polo empresariado”.

Con esta contundencia se dirixiu o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, aos centos de manifestantes que esta tarde participaron na mobilización convocada pola central en A Coruña, e que en paralelo se estaba desenvolvendo nas cidades de Vigo, Compostela, Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol e Vilagarcía, como resposta á aprobación no Consello de Ministros da nova reforma laboral.

Seixo lembrou na súa intervención final que esta reforma lexitima o recorte de dereitos máis importante adoptado no estado español no período de democracia, introducindo unha serie de medidas para facilitar e abaratar o despedimento, “e na perspectiva de que co tempo o que se vai consolidar é o despedimento por causas obxectivas, que supón para a patronal poder despedir con 12 días por ano, xa que 8 días estarán subvencionados polo FOGASA”.

Unha reforma inxustificábel

 
privatización residencias de ancianos Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 18 Xuño 2010 08:45
este de abaixo é un comunicado de prensa d@s nos@s compañeir@s de CIG-Administración, pola similitude de coincidencias que ten coa política de privatización do SERGAS o publicamos.

NOTA DE PRENSA CO ROGO DA SÚA PUBLICACIÓN

A XUNTA INICIA O PROCESO DE PRIVATIZACIÓN DAS RESIDENCIAS DE MAIORES

 petandoA Consellaría de Traballo e Benestar inicia o proceso para privatizar as Residencias de Maiores.

A CIG-Autonómica solicita unha entrevista urxente coa conselleira de Traballo e Benestar co fin de evitar a entrega a empresas privadas o servicio de atención as persoas maiores.

 A CIG-Autonómica quere denunciar que a Xunta de Galiza, está a enviar a equipos de empresas privadas para que fagan un estudo de cómo privatizar as residencias. O alcance da privatización comprendería nun principio a todos os servizos das residencias excepto os servizos sanitarios. A Residencia da Volta do Castro en Santiago de Compostela, figura entre os primeiros centros de referencia para pasar á xestión privada. O alcance desta medida incluiría ao resto de residencias e centros de día que dependen da Xunta de Galiza. De levarse adiante mais de 2.000 residentes con praza nun servizo público verianse afectados pola privatización da súa asistencia.

Esta é a política de austeridade de Feijoo: alugar as residencias públicas a empresas privadas e logo pagarlles polo número de residentes a atender, poñendo a Administración toda a infraestructura, a propia residencia, instalacións, medios e loxística á súa disposición a un custo cero para esas empresas e sacando pingues beneficios que sairían do erario público. Para iso nos rebaixa Feijoo os salarios, para entregarlle o montante a empresas privadas.

Isto vai supor unha perda de calidade do servizo, unha privatización clara e aberrante, poñer aos nosos maiores en mans de factorías de facer cartos a costa dos problemas dos cidadáns.

A CIG-Autonómica ven de solicitar un encontro coa conselleira para que explique aos traballadores cales son as súas pretensións e en que se basea para privatizar uns servizos que son esenciais para a atención aos maiores e que supoñen unha garantía de prestacións de calidade e atención aos usuarios. 

Esixímoslle á Xunta a paralización deste proxecto de privatizacións das Residencias de Maiores e unha maior dotación de prazas para asistidos e a defensa dos servizos públicos tal e como é obriga da máxima responsable deste departamento.

 Compostela, 17 de xuño de 2010

Fernando García
 Secretario nacional da CIG-Autonómica     

 
asemblea celadores/as Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 18 Xuño 2010 08:13

asmblea_celadores

O luns 21de xuño ás 14.00, imos a celebrar unha asemblea no salón de actos do HCV, onde se explicará o dictame de cualificación na categoria de celador que fixo o INCUAL, así como os perigos que corre esta categoria de desaparecer progresivamente de seguir adiante as políticas privatizadoras do Partido Popular en Galiza a imaxe do que se está a facer noutros servizos de saúde como Madrid e Valencia.
 Explicaranse tamén as propostas que CIG-Saúde ten ó respecto.
 
listas provisionais DUE 061 Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 16 Xuño 2010 11:20

 

No DOG de hoxe publícase unha resolución que dá publicidade ás listas de contratación provisionais do 061 da categoría de DUE.

  

Podedes descargar a resolución premendo aqui e as listas podedes velas na páxina web do SERGAS.

  

Parece ser que hai un erro na baremación xa que puntuaron a OPE 2006, e na convocatoria recóllese que a OPE a puntuar sería a do 2009-10. Postos en contacto co SERGAS, confirman que ían tentar solucionalo. Publicarán un comunicado na súa web.

 
Elección de destino FEAS Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 15 Xuño 2010 12:22

Vimos de recibir este correo SERGAS sobre a elección de prazas de FEAS. Podedes descargar o calendario premendo aqui .

 

 Bos días: para voso coñecemento achégase calendario do acto de elección de prazas do persoal facultativo da OPE 2008, que terá lugar o sábado día 26 de xuño de 2010 no salón de actos da Consellería de Sanidade (San Lázaro S/N; Santiago de Compostela), e que, co data de hoxe, será publicado na páxina web do organismo.

Nos vindeiros días publicarase do mesmo xeito a relación de prazas que serán ofertadas no devandito acto de elección.

Esta publicación ten un valor meramente informativos, xa que necesariamente deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se convoque aos aspirantes e se relacionen as prazas que se oferten. Sáúdos.

 
Información Novo Pacto Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 11 Xuño 2010 11:08

Información da reunión de negociación do pacto de contratacións celebrada o día 10 de xuño de 2010.

libro

descarga aquí o novo borrador do  pacto de contrataciois


Nesta reunión a Administración presenta un novo documento, segunda parte do anterior, e establécese un debate sobre os novos apartados do documento. Temos un prazo dunha semana para alegar sobre o novo.

As alegacións remitidas sobre o documento anterior non foron debatidas, quedando para unha próxima reunión.

A Administración presenta o novo pacto enmarcado no concepto de área: promoción interna de área, listaxes de curta duración de área…

No debate que se produciu dos novos puntos, e a espera de concretar as nosas alegacións, comentamos o seguinte:

 

a.-II.2. Disposicións Especiais.

2.- Nomeamento de curta duración.

A Administración propón listaxes de área.

b.- III Xestión do chamamento.

3.- Realización do chamamento.

Neste documento regúlanse o nº de chamadas a realizar.

4.- Suspensión de chamamentos. Propuxemos que se ampliase até os 12 anos a idade dos fillas/os, tal como está establecido.

Reposición nas listaxes

Reposición despois dunha suspensión solicitada a petición da/do interesada/o.

O texto recolle a incorporación inmediata pola Administración, para non demorar a suspensión. Como CIG-SAÚDE comentamos que isto podía producir situacións de desigualdade, propuxemos que para garantir a igualdade na reposición o pacto debería de recoller o seguinte:

As reposición nas listaxes faranse ao mesmo tempo para todas/os as/os solicitantes, establecendo un procedemento de reposición de dúas veces no mes. O día 15 de cada mes repoñeranse as/os aspirantes que o soliciten mediante escrito. O último día de cada mes repoñeranse as solicitudes chegadas con posterioridade a o día 15. A comisión de seguimento terá información documentada das reposicións nas listaxes.

6.- Revogación de nomeamento.

Inclúen un novo punto 6.2 de revogar o nomeamento se non hai incorporación efectiva.

Disposicións especiais

Promoción interna: será de área. Solicitamos, unha vez máis, que se oferten todos os vínculos de previsión superior aos dous meses, aínda que o contrato inicial sexa de 15 días ou inferior.

III 2.3. Nomeamentos de curta duración.

Non compartimos o de ampliar a quince días (15) o nº de días máximo de contrato.

No referente a que se lles oferten os vínculos superiores a dous meses quedamos en posicionarnos.

IV.- Réxime de penalizacións.

IV . Por renuncia ao nomeamento.

Neste documento recóllese unha nova redacción de penalizacións. A Administración propón que o persoal penalizado nas listaxes de pool pase tamén ao final da lista xeral.

No resto de temas hai que alegar.

Coas alegacións enviadas polas comarcas, elaboraremos o noso documento de alegacións atendo aos posicionamento maioritario expresado por cada comarca.

Preguntámoslle á Administración se tiña intención de facer unha nova convocatoria de pacto, para todas as categorías, unha vez rematada esta negociación. A Administración díxonos que si, á espera de que rematen a plataforma informática, según eles vai a bo rirtmo. A previsión podía ser que esta convocatoria se realizase no 1º trimestre do próximo ano.

Fora de pacto preguntamos polos recursos de alzada, segundo a Administraciin remataron os recursos de alzada de médicas/os odontólogas/os, agora empezaron cos de enfermeiras/os e os de TCAE quedaran para despois do verán.


 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info