CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Decembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
        1
  2  3  4  5  6  7  8
  9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     
Frase pra baixar os modulos en firefox

Baremación provisional concurso OPE Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 18 Outubro 2010 15:26

Publícase no DOG do 18 de outubro de 2010 a resolución do 11 de outubro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concurso.

Publícanse as puntuacións obtidas polos aspirantes das categorías:

Abrirase o prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Intentaremos organizar e ordear as listas con mais persoal a medida que nolo permita o traballo, colgamos de momentoas listas que nos enviou Alberto que desinteresadamente quere compartir con tod@s as listas do grupo da función administrativa.

 

aux administr orden por puntos

PSX ordeado por puntos

 

OLLO!!


O punto 3 das normas xerais da convocatoria dí o seguinte:

 

.............................. No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade acade unha taxa do tres por cento do total das prazas convocadas na correspondente categoría, as prazas non cubertas acumularanse ás restantes do acceso libre.

 No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade non acadase a taxa do tres por cento do total das prazas convocadas na correspondente categoría, as prazas non cubertas acumularanse á cota do sete por cento da oferta seguinte, cun límite dun doce por cento.

O SERGAS di que vai dar a solución que deu para o persoal facultativo. Que expoñemos nun post mais arriba.
 
borrador novo pacto de contrataciois Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Domingo, 17 Outubro 2010 20:50
Á espera de recibir información detallada do acontecido na reunión do venres do Pacto de contrataciois que probablemente teñamos mañá, pero como non estaremos no local pola mañá posto que imos Ourense a amosar o noso apoio a un compañeiro de CIG-Administración por "incidentes cos axentes do desorden público", deixamos o último borrador entregado polo SERGAS na mentada reunión.
Déusenos prazo de dez días para facer as alegacións ao texto, nese prazo teranse que reunir o noso grupo de traballo para facelas.
Seguiremos informando

15102010_borrador_pacto2.doc
 
celadores PAC: un novo conflicto Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Venres, 15 Outubro 2010 10:52
Foto0233
Estes dias os celadores dos PACs das provincias de Ourense e Lugo veñen de recibir a noticia que as súas Xerencias, queren implantarlle unha xornada anual de 1570 horas efectivas, saltándose á torera todos os acordos que marcan a xornada anual efectiva en 1430 horas anuais.

Ista intención de implantar istas horas dase na XAP de Ourense e Lugo, non no resto de Galiza. A orde partiu do propio director de xestión que lle ordenou ao xefe de persoal subalterno que emitise unha circular na que dicía que non se faría ningún cómputo de xornada ata o 31 de Decembro, polo tanto a xente non pode saber canto se pasa de xornada,

Os celadores dos PACs de Ourense tiveron unha reunión, barallándose a posibilidade de non traballar máis unha vez superadas as 1430 horas ou que se pagase ou que se disfrutaran en días (que polo que comentaba a xente pasabanse en 100 e pico horas polo que é imposible ainda así difrutalas na primeira quincena de Xaneiro)
 
se non estamos xuntos fódennos Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 14 Outubro 2010 13:35
A raiz do enlace que puxemos o outro dia dos luns ó sol, ocurríusenos adaptalo un pouco a situación que estamos a vivir o persoal do SERGAS coa ameaza de privatización.

 
Resolución do Valedor do Pobo sobre as filtraciois Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 14 Outubro 2010 13:02

Extraido da web do valedor do pobo

Resolución do Valedor do Pobo sobre as irregularidades detectadas nos procesos selectivos do Sergas

13 de Outubro do 2010

Valedor

O alto comisionado parlamentario, Benigno López González, dirixiu con data de hoxe a súa resolución á Consellería de Sanidade despois de constatar, por medio dos informes da inspección, incumprimientos e irregularidades en procesos selectivos do Sergas.

 

::::Texto íntegro da resolución

 

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2010.O Valedor do Pobo, Benigno López González, entregou con data de hoxe á Consellería de Sanidade o seu escrito de resolución (achégase íntegro en .pdf) pola investigación aberta o pasado mes de maio sobre presuntas irregularidades rexistradas en oposicións do Sergas. Nel resúmense as actuacións emprendidas desde a institución para aclarar o sucedido e dáse conta dos sucesivos informes remitidos desde a administración. Como colofón, inclúe unha recomendación, que se reproduce a continuación, tras constatar a inspección algúns incumprimentos:

 

 

“Que, á vista dos incumprimentos e irregularidades nos procesos selectivos do SERGAS obxecto da presente queixa, constatados a través da inspección realizada pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e dos que se da detallada conta no informe correspondente elaborado por ese órgano, con urxencia se proceda a dar efectividade a todas as indicacións do referido informe. En concreto debera resolverse:

-A separación dos actuais procesos selectivos das persoas que forman parte dos tribunais e que deberan terse abstido de formar parte deles.

-A realización dunha avaliación estatística para comprobar ata que punto atopámonos ante unha casualidade moi improbable, de acordo co parámetro de comportamento dos concorrentes nas diferentes categorías.

-E a profunda revisión dos procedementos selectivos que inclúa a definición dun protocolo preciso de actuación que garanta a confidencialidade do proceso, as funcións e responsabilidades dos membros dos tribunais, concretando con nitidez as actuacións que en cada fase teñen que realizar, e a participación que, no seu caso, deba de ter o persoal da Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS encargado da organización dos procesos selectivos, asegurando en todo caso a designación formal deste persoal ben como membros dos tribunais, ben como persoal colaborador dos mesmos.

Finalmente deberan realizarse informes da DXARA para cada un dos tribunais nos que se valoren adecuadamente as eventuais responsabilidades dos opositores implicados, de acordo co xa concluído no informe de inspección, de tal forma que os tribunais podan coñecer con detalle as irregularidades individuais e decidan sobre as consecuencias que as mesmas podan ter para eses opositores implicados".

O Valedor do Pobo deu tamén traslado do escrito aos tres representantes do grupo socialista no Parlamento de Galicia,  promotores da queixa.

 
Curso de Internet e Correo Electrónico Imprimir Correo-e
Formación
Xoves, 14 Outubro 2010 12:04

Realizado hoxe o sorteo entre as persoas que se inscribiron para participar no curso "Internet e Correo electrónico" aqui tendes a lista de seleccionadas, así como a de reservas e a de persoas inscritas non seleccionadas.

O curso comeza o próximo luns día 18, na Academia Gosub do Barco (Rúa Santa Rita), a partir das 16 hs.

 
a unhos recortansenos dereitos a outros controles Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 13 Outubro 2010 10:27

Mentres se recortan os dereitos do persoal na xunta e establécese a mobilidade destes; lexíslase a favor dos asesores da Xunta e recupérase a dedocracia.

artigo extraido de "el pais"

Feijóo permitirá mantener negocios privados a los asesores de la Xunta

El personal de confianza se libera del régimen de la Ley de Incompatibilidades

De forma silenciosa, en la misma Ley de Presupuestos en la que la Xunta quiere recuperar el nombramiento a dedo de los jefes de servicio, Feijóo pretende imponer un cambio sustancial en el régimen de incompatibilidades que rige para los cargos públicos. Se trata de una modificación de la norma que promovió Fraga en 1996, por la que se eximirá a los asesores de la Xunta de atenerse al sistema de incompatibilidades que deben respetar los demás cargos de la Administración autonómica.

La modificación figura entre la documentación remitida por la Consellería de Presidencia a los sindicatos para discutir hoy la reforma de otra ley, la de Función Pública. El Gobierno gallego colgará ambos cambios normativos del proyecto de Ley de Presupuestos. En la de incompatibilidades, la modificación afecta a un único artículo, el 2, en el que figura la relación de cargos públicos a los que les incumbe el régimen de control. Desaparece el personal de confianza y de asesoramiento especial, tanto de la Xunta como de organismos autónomos, sociedades y entes públicos y fundaciones, unas 200 personas, y se les sustituye por los jefes de Gabinete del presidente y los conselleiros, 11 en la actualidad.

Como consecuencia de este cambio, asesores y demás cargos de confianza de la Administración gallega ya no estarán sujetos al férreo régimen que deben atender los miembros del Gobierno, secretarios generales, directores, delegados, responsables de organismos autónomos y cualquier otro puesto cuyo nombramiento se efectúe por decreto del Consello de la Xunta.

Así, dejarán de ejercer sus funciones con dedicación absoluta, y podrán combinar su actividad pública con cualquier otra profesión por cuenta propia o ajena y con cargos en empresas y sociedades concesionarias. A diferencia de como viene ocurriendo desde 1996, también podrán ocupar cargos de dirección, representación o asesoramiento de todo tipo de sociedades mercantiles y civiles y consorcios. La reforma legal les permitirá asimismo compatibilizar el cargo en la Xunta con la percepción de pensiones de jubilación, y cobrar más de una remuneración, periódica o eventual, con cargo a los presupuestos públicos.

Con su salida del ámbito de aplicación de la Ley de Incompatibilidades, asesores y personal de confianza perderán la obligación de inhibirse del conocimiento de los asuntos en cuyo despacho interviene empresas o sociedades en las que han participado ellos o sus familiares. También podrán poseer la titularidad de participaciones sin límite en empresas con conciertos o contratos con el sector público, ya sea estatal, autonómico o local.

La medida beneficia al personal que nombran para su asesoramiento tanto el presidente de la Xunta como los conselleiros y el resto de altos cargos, ya sean de la Administración autonómica como de organismos públicos o fundaciones. A diferencia del resto de cargos, con la modificación de la ley dejarán de estar obligados a formular las declaraciones de actividades y de bienes patrimoniales, en las que debían incluir todos sus negocios, la totalidad de sus bienes y obligaciones y las participaciones en todo tipo de empresas y sociedades.

Se trata de la segunda modificación que experimenta el artículo 2 de la Lei de Incompatibilidades de Galicia en sus 14 años de existencia. En 2006, el bipartito aprovechó la Lei de Transparencia y Buenas Prácticas para establecer un cambio, aunque en el sentido contrario al ahora emprendido, al extender las limitaciones a los asesores y personal de confianza de presidentes y directores de organismos autónomos, sociedades públicas y fundaciones, entre otros entes.

La nueva reforma se tramitará en el mismo proyecto que los Presupuestos y la de Función Pública, conocida el martes, que recuperará el nombramiento a dedo de al menos 700 cargos administrativos, a partir de los jefes de servicio. El diputado del PSdeG José Manuel Lage arremetió a este respecto contra lo que considera un premio a los funcionarios por su "obediencia partidaria" y no por "su capacidad".

Según Lage, el consellerio de Presidencia, Alfonso Rueda, y Feijóo "cuelan por la puerta de atrás" la movilidad forzosa de los funcionarios "sin criterios objetivos ni medibles". El diputado socialista considera que las políticas de la Xunta "huyen de la austeridad" y "evitan una reforma en profundidad" de la Administración. Ante ello, Lage animó a los sindicatos "a rebelarse" contra la discrecionalidad de la que "quiere hacer uso" la Xunta, al "clasificar a los funcionarios en buenos o malos", en función de sus preferencias políticas.

La CIG no esperó a la petición de los socialistas para criticar la reforma de la Lei de Función Pública, que, acusó, consagra la elección "a dedo" de las jefaturas de servicio y la posibilidad de mandar "en cualquier momento a cualquier lugar" de la comunidad al personal funcionario. El sindicato nacionalista lamentó que "no se deja tiempo material" para la exposición pública y el debate democrático del documento, con el que "se pretende una reforma reaccionaria" de la ley "por la puerta de atrás" y que estará en vigor el día 1 de enero.


 
mobilidade funcionarios Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 13 Outubro 2010 09:48
Como saberedes o governo da Xunta quere instaurar entre os funcionarios públicos un sistema de mobilidade, polo cal e baixo a disculpa de racinalizar as necesidades, pode desprazar ó seu persoal dun lado para outro; isto NON afecta a sanidade nin a ensino, polo menos de momento.....

Este de abaixo é información que está a distribuir CIG-Administración entre o persoal, pensamos que é de interese traela ó noso espazo.

CÓMO ME VAI AFECTAR A “MOBILIDADE Á CARTA” QUE PRETENDE IMPLANTAR A XUNTA DE GALICIA?
(ART. 30BIS LFPG)
acojonau
CASO PRÁCTICO Nº1:


Laura, unha funcionaria que tras 12 anos en Servizos Centrais consegue praza por concurso de traslados na Delegación de Ourense. Pouco despois e dadas as “necesidades funcionais” da delegación, é necesario cubrir unha vacante por xubilación nun centro público da Rúa. Dadas as limitacións orzamentarias, as listas non se moven e o seu xefe decide que a unidade pode funcionar
sen unha persoa. Como non hai ningún criterio establecido, o xefe decide que lle toca a ela marchar en comisión de servizos forzosa eses 9 primeiros meses por ser a nova. Laura fala co seu xefe do maiores que están os seus país e de que leva moito tempo esperando por esta praza nun concurso de traslados. O seu xefe coméntalle que é o que hai, que a lei permíteo e que hai medidas de
“conciliación familiar” e que pode pedir unha excedencia se o precisa.

CASO PRÁCTICO Nº2:

Antonio conseguiu no último concurso unha xefatura de sección en Servizos Centrais; leva xa 12 anos viviendo en Santiago. Está contento no seu traballo aínda que non se leva de todo ben coa súa xefa. Porén, a súa unidade se postula como candidata para nutrir de persoal unha nova axencia a sede da cal vai estar en Vigo a través dunha readscrición dos postos de traballo. Na súa unidade
son 18 persoas e se precisa readscribir un total de 12 postos. Como se trata de marchar para Vigo en seguida saen 6 persoas volutarias. Sen embargo, as outras 6 terán que saír entre as outras 12 persoas restantes. Comezan as discusións: hai compañeiros que din que por sorteo, outros que os que teñen fillos que non poden entrar, outra perosa que acaba de mercar un piso... Ao final, como non se poñen de acordo a súa xefa con carácter discrecional di que escollerá ela tendo en conta as situacións persoais de cada un. Antonio témese o peor xa que a súa relación non é de todo boa con ela...

CASO PRÁCTICO Nº3:

María traballa de bedel nun centro de Educación de Coruña. Como o centro é relativamente grande existen 2 prazas que complementan as súas funcións e o traballo lévase ben. Sen embargo, o director do centro observa que cando están as dúas persoas, pasan demasiado tempo a falar entre elas. Xa que logo, decide empezar a encomendarlles tarefas que non lle son propias. Ao principio a
María non lle parece mal pois chega momentos que está ata aburrida. Sen embargo, esas tareas puntuais comezan a ser a cotío. María falao co seu compañeiro e deciden falar co director do centro. Estes dille que a consellaría ten necesidades máis perentorias noutros centros, incluso fóra da provincia, e que está mirando de readscribir unha das súas prazas a outro centro. Xa que logo,
se non fan todas esas tarefas, aínda que non lle sexa propias, el non pode informar que se xustifque alí a presenza de dous bedeis.
http://autonomica.cigadmon.org
 
desmobilización, que nos queda? os luns ó sol Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 11 Outubro 2010 12:58
Dende a entrada do novo goberno na Xunta e o contextoo de crise na que nos atopamos, xunto co xiro do governo central á dereita mais reacia, o persoal do SERGAS vivimos dia sí dia non levando leches por todos lados, primeiro foi a suspensión dos acordos, despois a reducción de soldo no 2010 e a conxelación no 2011, a ameaza de privatización dos novso hospitais de Vigo, Lugo e novos centros de saúde.
Mentres a xente menos desfavorecida utilízase para "paliar" a crise, recortando os nosos dereitos. Inxéctase capital ós verdadeiros causantes dela, á banca.
Se sumamos a isto a reforma laboral aprobada no congreso que precariza dun xeito sen precedentes á clase obreira, agora cerne a ameaza de aumentar a idade de xubilación ós 67 anos, pasando de 15 a 20 anos o mínimo de tempo cotizado para acceder a unha pensión contributiva e o seu cálculo farase polos ultimos 20 anos en lugar dos 15 que eran ata o de agora.

A última folga xeral da administración en xeral e na sanidade en particular, hai que recoñecer que foi un verdadeiro fiasco, gústenos ou non esa é a lectura que facemos en base á porcentaxe de folguistas.

En tanto non tomemos conciencia que sólo movéndonos e participando na toma de decisiois dos sindicatos podemos conseguir rematar con este continuo abuso ó que nos vemos sometidos, pouco conseguiremos.

A situación que vivimos aínda que noutro ámbito foi refrexada no cine na pèlícula "os luns ó sol", onde os paralelismos coa nosa situiación son mais que notables, deixamos un par de anacos dela, porque nós a verdade sí que nos vemos bastante refrexados na reflexión que fai Santa (Javier Bardem).

Porque coa desmobilización actual e a pouca solidariedade entre compañeir@s conducen a iso "os luns ó sol".




 
publicaciois OPE Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 11 Outubro 2010 09:32

Publicacións de hoxe no DOG referentes a:

* Resolución do 1 de outubro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario (albanel, carpinteiro/a, lavandeira/o e pasadora/o de ferro) do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concurso.

 * Resolución do 14 de setembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 21 de maio de 2010, en estimación de recursos en vía administrativa do proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario (FEAS microbioloxía e psiquiatría) do Servizo Galego de Saúde, relativo á baremación definitiva da fase de concurso.

 
reinicianse as mobilizaciois en defensa da sanidade pública Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 08 Outubro 2010 11:48

fonte: vieiros

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública rexeita a privatización do hospital vigués cun acto nos terreos onde se edificará

A campaña de mobilizacións terá continuidade o vindeiro 21 de novembro coa celebración dunha marcha en Santiago de Compostela
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, da que forma parte a CIG, celebrou este xoves 7 de outubro un acto reivindicativo e unha rolda de prensa nos terreos onde se vai construír o novo hospital de Vigo para rexeitar a privatización do centro. Representantes sindicais, políticos, asociación de veciños, traballadoras e traballadores e xente contraria á privatización da sanidade pública déronse cita nun acto que terá continuidade nas vindeiras semanas.

Manuel Moreira, representante da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e presidente da Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, foi o encargado de facer a presentación e valorar os principais prexuízos que ocasionará a privatización do novo hospital de Vigo.

Este acto reivindicativo é a continuidade dunha campaña de mobilizacións que se irán realizando e que culminará cunha gran manifestación cidadá o 21 de novembro en Santiago de Compostela. Na marcha, organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Galiza, participarán moitas outras organizacións políticas, sindicais e cidadás
 
calendario OPE e traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 06 Outubro 2010 21:20

información facilitada polo SERGAS


CALENDARIO OPE  E CONCURSO DE TRASLADOS

CONCURSO-OPOSICIÓN

 

BAREMACIÓN PROVISIONAL:

27 setembro:

-       Celador

-       Grupo técnico da F.A.

-       Grupo de xestión da F.A.

-       Pinche

-       Técnico especialista en imaxe para o diagnóstico clínico

-       Telefonista

-       Terapeuta ocupacional

 

4 de outubro:

-       Calefactor

-       Electricista

-       Enxeñeiro técnico

-       Fontaneiro

-       Mecánico

-       TEL

-       Traballador social

11 de outubro:

-       Albanel

-       Carpinteiro

-       Lavandeira

-       Pasador de ferro

 

18 de outubro:

-       Cociñeiro

-       Grupo auxiliar da F.A.

-       Persoal de servizos xerais

-       Técnico xestión sistemas e T.I

-       Técnico superior sistemas e T.I.

-       Técnico especialista sistemas e T.I.

 

Segunda quincena de outubro:

-       Persoal de enfermaría (ATS/DUE)

-       Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

-       FEA de Psiquiatría (OPE 2006)

 

 

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

Segunda quincena de outubro:

-       Costureira

-       Enfermeiro especialista en saúde mental

-       Perruqueiro

-       T.E. anatomía patolóxica e citoloxía

Primeira quincena de novembro:

-       Resto de categorías, coa posible excepción das últimas publicadas provisionalmente o 18 de outubro.

-       FEA de Psiquiatría (OPE 2006)

 

Segunda quincena de novembro:

 

-       Categorías publicadas provisionalmente o 18 de outubro.

-       Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

 

 

 

CONCURSO DE TRASLADOS

BAREMACIÓN PROVISIONAL:

Segunda quincena de outubro:

-       Todas as categorías excepto Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

 

Primeira quincena de decembro:

-       Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

 

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

Segunda quincena de novembro:

-       Todas as categorías excepto Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

Segunda quincena de decembro:

 

-       Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

 

 

ACTOS DE ELECCIÓN E TOMAS DE POSESIÓN   OPE/CONCURSO

Todas as categorías poderían elixir destino a finais do mes de novembro/ primeira quincena de decembro, incorporándose despois, desde a segunda quincena de decembro, ou ben en xaneiro.

Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P., poden elixir destino en decembro e poderíanse incorporar a finais do mes de xaneiro 2011.

 
con respecto ás reclamaciois de OPE Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 06 Outubro 2010 09:12
Estamos aconsellando a todo o persoal que se acerca polo noso local a reclamar, que aínda que os puntos reclamados non sirvan para coller praza se reclame igualmente, posto que aínda non sabemos de que forma se convocarán as listas de contratación que se podan convocar mais adiante.
Posto que aínda non está descartado que utilicen como referencia esta OPE para convocalas polo novo modelo (en proceso de negociación), e no que probablemente a nota acadada nas OPEs vai servir como referencia para esta futura convocatoria.

Non sabemos nada seguro, pero vai ben curarse en saúde por se as moscas.
 
publicación listas definitivas dos listados paralelos Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 04 Outubro 2010 11:31

Mañán, martes día 5 de outubro, publicaranse as listas definitivas nas categorías de Persoal Médico de Familia, Puericultor/a, Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias, Pediatra, Matrón/a,Cociñeiro/Cociñeira, e Persoal de Enfermería (DUE), todos eles relativos á convocatoria automática de 1 de xullo de 2010.

 
Baremacións Provisorias OPE Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 04 Outubro 2010 08:38
Publicadas hoxe as baremacións provisorias das categorías que se anunciaron días atrás:

- Calefactor/a

- Electricista

- Enxeñeiro/a Técnico/a

- Fontaneiro/a.

- Mecánico/a

- TEL

- Traballador/a social.

Lembrade que tedes 10 dias hábiles de prazo para reclamar a partir de mañá.

Podedes velas na páxina web do SERGAS.

electricista ordeadas por puntos.pdf

traballadora social

TEL ordeadas por puntos
 
Rosario Villadangos "c'est fini" Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 30 Setembro 2010 09:47
Como xa saberedes tod@s, a subdirectora xeral de Recursos Humanos do Sergas Charo Villadangos foi cesada do seu cargo polas filtraciois que denunciamos no noso antigo blog o dia 3 de febreiro pasado, 8 meses mais tarde parece  que se empezan a tomar medidas.
csi
noticia extraída de La voz de Galicia

A Xunta releva á responsable das

 oposicións do Sergas

Familiares e empregados da súa área tiveron a mellor nota entre miles de candidatosA cúpula de Sanidade destituíu do seu cargo a Rosario García Villadangos, ata agora subdirectora xeral de Recursos Humanos do Sergas e máxima responsable dunhas controvertidas probas nas que familiares e empregados do seu departamento, onde se elaboraron e custodiaron os test, apareceron coas notas máis altas entre miles de aspirantes.

A substitución desta funcionaria prodúcese seis meses despois de que saltase á luz pública o caso de posibles filtracións en catro categorías das oposicións do Sergas. Un asunto que o PSdeG levou ata o Valedor do Pobo e que propiciou dúas investigacións internas: unha de Presidencia e outra da propia Consellería de Sanidade. O departamento que dirixe Pilar Farjas insiste en que, a día de hoxe, non hai constancia de ningunha ilegalidade, nin de fallos na cadea de custodia dunhas probas sobre cuxos resultados non se fixo nin unha soa denuncia oficial. Sanidade nega que a substitución de García Villadangos obedeza á aparición de irregularidades no proceso de elaboración e custodia dos exames. E vincúlao a unha petición expresa da propia subdirectora, sometida por este caso a unha presión enorme.

«Foi ela a que solicitou o cambio por razóns persoais; queremos que quede claro que a súa actuación foi legal e non está en dúbida», puntualiza o departamento de Pilar Farjas. O posto de subdirectora de Recursos Humanos ocuparao Paula Oliete Trillo. Persoal do Sergas consultado por este xornal desmente a versión da renuncia e advirte de que foi unha destitución que Sanidade preferiu aprazar ata que se arrefriase o caso para non dar argumentos políticos á oposición.

A comezos do pasado mes de febreiro foron os propios sindicatos os que informaron a Pilar Farjas e á propia directora de Recursos Humanos, Esperanza Fernández Lago, de que había fortes indicios de filtracións en catro categorías das oposicións do Sergas. As investigacións oficiais abertas desde a Xunta non arroxaron ata agora ningunha proba, pero a acumulación de casualidades e a forza dos indicios deste caso deron pé ao Valedor a ter aberta unha investigación.

 
modelo reclamación Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 30 Setembro 2010 09:30
Como xa van varias persoas que o solicitan, trasladamos o modelo de reclamación que publicamos na OPE pasada.

Este de abaixo é un modelo de reclamación feito por nós para reclamar puntos que vos poideran faltar nalgún dos apartados de baremación, puxemos en cursiva os datos e explicaciois que tedes que aportar. é importante que aportedes de novo a documentación sobre o que non vos foi puntuado, así como o certificado onde consta que aportastes esa documentación.
para a xente que está excluida e que en realidade aportou a documentación que esixía o SERGAS básicamente é o mesmo sen reclamar puntuación posto que non ven refrexada pero aportando o certificado do rexistro conforme presentastes esa documentación e reenviándoa de novo, se nas listas definitivas resultárades con menos puntos dos que pensades que debérades ter, entón habería que facer un recurso de reposición ante RR.HH. do SERGAS, pero ese xa é outro tema que de facer falla trataríamos no seu dia.
podedes presentar as reclamaciois nas Xerencias de Atención Primaria, nos hospitais do SERGAS ou na Dirección Provincial, lembrade que é un escrito básico e que podesdes aportar nel tódolos argumentos que consideredes oportunos.

De: pon o teu nome e apelidos
A: presidente do tribunal de poñer categoria da OPE 2009 do SERGAS (RR.HH. do SERGAS Compostela)

don/a pon o teu nome e apelidos con D.I. e domicilio a efectos de notificación en pon a tua dirección
EXPON:

1º Que me presentei á OPE 2009 do SERGAS na categoria de poñede a categoria, aprobando os exames da fase de oposición, presentando a documentación esixida en tempo e forma como consta na copia de rexistro que adxunto.

2º Que nas listas provisorias da fase de concurso publicada o dia 28 de maio de 2008 na páxina web do SERGAS se me adxudica unha puntuación total de "x" puntos, desglosade por apartados os puntos que tedes (formación, experiencia, etc.) pondo en negrita o apartado onde pensades que vos faltan os puntos

3º Que non podo estar de acordo ca puntuación que se me adxudica posto que como se demostra ca documentación presentada debéranme corresponder x puntos desglosados do seguinte xeito (aquí poñedes apartado por apartado os puntos que considerades que se deben ter en conta)

en base ó exposto solicito dese tribunal que se revise a documentación presentada por min e se resolva positivamente esta impugnación concedéndoseme x puntos

en onde residades a data que o enviedes

sinatura
 
fooooooooolga!! Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 28 Setembro 2010 09:28

Captura_folga

 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info