MODIFICACIÓN ORDE DE NÓMINAS 2019

xunta_de_galiciaORDE do 1 de xullo de 2019 pola que se actualiza con efectos do 1 de xullo de 2019 a contía das retribucións do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Descargar PDF

O Real decreto lei 24/2018, do 21 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público (BOE do 27.12.2018), establece que, para o ano 2019, as retribucións do persoal ao servizo do sector público non poderán experimentar un incremento global superior ao 2,25 % respecto ás vixentes en 31 de decembro de 2018, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal como á súa antigüidade. Establece, ademais, que se o incremento do produto interior bruto (PIB) a prezos constantes en 2018 alcanzara ou superara o 2,5 % engadiríase, con efectos do 1 de xullo de 2019, outro 0,25 % de incremento salarial. Con data do 5 de xuño de 2019 o Instituto Nacional de Estadística certifica que o valor da taxa de variación interanual do PIB a prezos de mercado correspondente ao ano 2018 acadou o 2,58 %, en consecuencia, con data do 21 de xuño de 2019 o Consello de Ministros aprobou a aplicación desde o 1 de xullo de 2019 do incremento adicional de retribucións do 0,25 % sobre as retribucións vixentes a 31 de decembro de 2018.