PRAZAS OPE PSX

Infórmase que está previsto que o luns, 8 de abril se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se amplía o número de prazas convocadas no concurso-oposición para o acceso á categoría de persoal de servizos xerais, co obxecto de acumular as prazas correspondentes á oferta de emprego público de 2019.

 

Comunícase así mesmo que nesta mesma data publicarase no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros na relación de prazas ofertadas no concurso de traslados aberto e permanente deste ano. Achéganse os Anexos coas modificacións (no Anexo I constan os destinos que se suprimen e no Anexo II os destinos que modifican o número de prazas ofertadas).