gracias

OPE 2019 XUNTA DE GALICIA E SERGAS

xunta_de_galicia

Consellería de Facenda

DECRETO 33/2019, do 28 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Descargar PDF

Consellería de Sanidade


DECRETO 34/2019, do 28 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2019 do persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma.

Descargar PDF

 

AMPLIACIÓN PRAZAS OPE PSX

ope_informa_logo_grande

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2019 pola que se modifica a Resolución do 1 de marzo de 2019 pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, ampliando o número de prazas convocadas.

Descargar PDF

 

TRASLADOS ABERTOS E PERMANENTES 2019

traslados_sergas

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e se aproba a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

Descargar PDF

NON. Esta corrección de erros non modifica os prazos establecidos no punto primeiro) e terceiro) da Resolución do 18 de marzo de 2019 (DOG núm. 61, do 28 de marzo).

 

SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA DÍAS 9-10-11 ATENCIÓN PRIMARIA

ORDE do 5 de abril de 2019 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará determinado persoal da Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde a partir do día 9 de abril de 2019.

Descargar PDF

Folga-AP-abril-2019

 

PRAZAS OPE PSX

Infórmase que está previsto que o luns, 8 de abril se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se amplía o número de prazas convocadas no concurso-oposición para o acceso á categoría de persoal de servizos xerais, co obxecto de acumular as prazas correspondentes á oferta de emprego público de 2019.

 

Comunícase así mesmo que nesta mesma data publicarase no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros na relación de prazas ofertadas no concurso de traslados aberto e permanente deste ano. Achéganse os Anexos coas modificacións (no Anexo I constan os destinos que se suprimen e no Anexo II os destinos que modifican o número de prazas ofertadas).

 

 

ENFERMEIRA ESPECIALISTA EN SAÚDE MENTAL E DO TRABALLO

·         RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve o concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de traballo e de saúde mental.

Descargar PDF

 

FOLGA EN PRIMARIA

CIG-Panfleto-XERAL-FOLGA-AP-1

 

REUNIÓN DÍA 29/03/2019 DE CIG-SAÚDE E COMITÉ DE FOLGA PACS


Screenshot_20190402-214934
Screenshot_20190402-214941

 

FOLGA NA ATENCIÓN PRIMARIA DÍAS 9-10-11 DE ABRIL

¿Quenes van á Folga?
quin_huelga_primariacartel_folga_primaria_abril
Folga-AP-abril-2019

 

CONCURSO ESPECÍFICO ENFERMEIRO ESP. SAÚDE MENTAL E TRABALLO

enf_especialista_sade_mental_e_traballo_27_03

 

OPE SERGAS 2019

ope_informa_logo_grandeDECRETO 30/2019, do 14 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2019.

Descargar PDF

 

TRASLADOS ABERTOS E PERMANENTES 2019

traslados_sergas

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e se aproba a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das categorías están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es)

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación a que se dirixise a solicitude de participación no concurso

As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación para este ciclo, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación

A relación de prazas ofertadas por categoría e os centros en que poden existir resultas está publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), na sección de emprego público/concurso de traslados/concurso de traslados aberto e permanente 2019.Ademais, poderá ser consultada polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos

Os/as profesionais que figuren na relación de participantes deste ciclo disporán dun prazo de quince días naturais, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder modificar a través de Fides/expediente, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan

As modificacións que se realicen na selección de destinos deberán presentarse por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación. Terase en conta a última modificación presentada por rexistro electrónico, dentro do prazo indicado

Aquelas solicitudes de participación que, logo do prazo anteriormente sinalado, non conteñan a selección de, polo menos un destino, non terán a consideración de solicitude validamente presentada e quedarán excluídas automaticamente do ciclo de adxudicación en curso.

Prazo de 15 días naturais ( do 29 de marzo ao 12 de abril de 2019)  para poder modificar a través do FIDES a relación de destinos a solicitar

Descargar pdf

Ir páxina SERGAS

 

ACTUALIZACIÓN LISTAS PROVISIONAIS VARIAS CATEGORÍAS

info_listas_contratacin

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario:

  • Enfermeiro/a
  • Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo
  • Enfermeiro/a especialista de saúde mental
  • Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria
  • Médico/a de familia
  • Médico/a de urxencias hospitalarias
  • Pediatra de atención primaria
  • Persoal de servizos xerais.

Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resulta-dos provisionais de baremación as persoas interesadas poderán presentar reclamación, ante as direccións das estruturas organizativas de Xestión Integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Descargar PDF

Ir ligazón

 

TRASLADOS ABERTOS E PERMANENTES 2019

traslados_28_03_19

 

CADRO PROVISIONAL OPE XUNTA 2019

xunta_de_galicia

Achégase documentación co cadro de prazas para OPE que se levará á vindeira Mesa Xeral Extraordinaria de Empregados Públicos. Pendente a súa publicación no DOG

Descargar cadro prazas OPE 2019

 

 

LUGAR E DATAS OPE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS

INFO_OPE

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.
Descargar PDF

Premer ligazón web SERGAS

 

DESGLOSE PRAZAS PSX

OLLO! Aínda está sen publicar a oferta de emprego 2019 e posteriormente terán que publicar tamén unha Resolución que inclúa esas 60 prazas na convocatoria de OPE

prazas_psx_22_03_19

 

PREVISIÓNS PRÓXIMAS PUBLICACIÓNS LISTAS CONTRATACIÓNS

info_listas_contratacin

Está previsto que o mércores, 27 de marzo se publiquen as listas provisionais do proceso de actualización correspondente ás categorías de:

  • Enfermeiro/a
  • Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
  • Enfermeiro/a especialista do traballo
  • Enfermeiro/a especialista de saúde mental
  • Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria
  • Médico/a de familia
  • Médico/a de urxencias hospitalarias
  • Pediatra de atención primaria
  • Persoal de servizos xerais.
 

LISTAS DEFINITIVAS CONTRATACIÓNS

listas_contratacin

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario das categorías:

  • Albanel
  • Carpinteiro/a
  • Celador/a
  • Cociñeiro/a
  • Costureiro/a
  • Grupo auxiliar da función administrativa
  • Lavandeiro/a
  • Pasador/a de ferro
  • Perruqueiro/a
  • Pinche
  • Telefonista
As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

 

OPE AUX ADMTVO

573-18369-a-tou20saltonInfórmase que está previsto que o luns, 25 de marzo, se publiquen no Diario Oficial de Galicia, o lugar e as datas de realización dos exercicios da fase de oposición para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa.

 

Os exames da fase de oposición terán lugar no Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, o domingo, 7 de abril, ás 15:30 horas.

 

Na páxina web (www.sergas.es) publicaranse as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas así como os/as aspirantes asignados/as a cada unha delas.

 

 
Máis artigos...

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info