gracias

OPE 2016

573-18369-a-tou20salton

OPE 2016: Servizo Galego de Saúde

·         RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado por Resolución do 22 de decembro de 2016, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social, convocado por Resolución do 22 de decembro de 2016, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias, convocado por Resolución do 22 de decembro de 2016, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Descargar PDF

Coa publicación desta resolución ábrese o prazo de un mes para que os/as aspirantes seleccionados/as presenten a documentación que nela se indica. Este prazo finaliza o 30 de novembro

 

CIG-SAÚDE DE MONFORTE DENUNCIA A DISCRIMINACIÓN QUE SOFRE A ZOA SUR DE LUGO EN FISIOTERAPIA DE ATENCIÓN PRIMARIA

foto_centro_salud_monforteCIG-Saúde Monforte fixo unha nota de prensa denunciando a discriminación que sofre a Zoa Sur de Lugo na fisioterapia nos centros de Saúde con respecto a outras áreas como A Mariña

Recalcamos na nota remitida aos medios a lista de espera dos pacientes crónicos (por exemplo dolencias derivadas d artrose) que son remitidos polos facultativos de atención primaria no Centro de Saúde de Chantada ao servizo que pode chegar ata dous anos e eles respostaron con datos estadísticos de pacientes agudos (por exemplo un  paciente operado de hombro). Non ten nada que ver.. Isto é como quen tose e se rasca o dedo gordo do pé. Eles saben que é verdade que en fisio de Chantada hai esa lista de espera pero deron outros datos.

Vemos discriminación da nosa comarca con respecto á Mariña que ten tres servizos de fisio en atención primaria e nós só unha en Chantada e cunha gran deficiencia de persoal xa que suprimiron o servizo de fisio que se prestaba en quenda de tarde. Demandamos unidades de Fisio en atención primaria en Monforte e Quiroga. A nosa población non ten nada que envexar á da Costa Lucense. Fixemos un estudo de habitantes que atenden estes centros de fisioterapia en atención primaria. Os datos falan por se mesmos. Tamén recabamos datos  estadísticos do servizo de fisio de Monterroso e os municipios aos que atende.

Colgamos enlaces de medios de comunicación dixital que nos publicaron a nota. A prensa escrita A Voz de Galicia e O Progreso tamén nola sacaron.
A Voz de Galicia Dixital Edición Lemos
Ver Diario de Lemos 
Ver Xornal de Lemos 
Ver En Común
Onda Cero Monforte. Escoitar audio minutos 0:19:25 a 0:23:45
Ver Avantar

nota_1_0001

nota_1_0002

 

PRAZO MÁXIMO PARA ANOTARSE, INSERIR E MODIFICAR DATOS EN FIDES PARA AS LISTAS DE CONTRATACIÓN

pacto_de_contrataciones_mritos

 

INFORMACIÓN OPE

Coa publicación desta resolución ábrese o prazo de un mes para que os/as aspirantes seleccionados/as presenten a documentación que nela se indica. Este prazo finaliza o 30 de novembro.


informacion_ope_31_12

 

FESTIVOS GALICIA E FESTIVOS AUTONÓMICOS DOUTRAS CC.AA

573-18369-a-tou20salton
DOG
DECRETO 134/2018, do 10 de outubro, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2019.
Descargar PDF

B
OE

Resolución de 16 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2019.
PDF (BOE-A-2018-14369 - 4 págs. - 296 KB) 




 

MODIFICACIÓN PACTO DE CONTRATACIÓNS 2016

listas_contratacin

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do acordo da Mesa Sectorial de Sanidade do 16 de outubro de 2018, de modificación do pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia.
Descargar PDF

"Dentro dos sistemas de selección de persoal estatutario temporal promoveranse as medidas precisas para que o feito de estar vinculado como persoal substituto de longa duración non sexa impedimento para as ofertas de nomeamentos de interinidade, respectando a orde de prelación e demais preceptos que resulten de aplicación". 

"Os chamamentos efectuaranse seguindo rigorosamente a orde de puntuación acreditada po/as persoas aspirantes, en cada ámbito, sen prexuízo dos supostos de suspensión e as disposicións especiais previstas na cláusula ll/.B do presente pacto. 

Nos supostos de listas de ámbito autonómico, excepto as correspondentes á Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os chamamentos efectuaranse, en primeiro lugar; entre os aspirantes que seleccionasen como área sanitaria de opción preferente aquela en que se produce a necesidade da concreta vinculación. En segunda volta, o chamamento efectuarase por rigorosa orde de prelación na lista, con independencia da opción de preferencia manifestada polo/a aspirante

A formalización de nomeamentos de longa duración -interinidade en praza vacante ou ca/quera outro de duración inicial previsible igual ou superior ao ano-, a xomada completa, ofertarase, en todo caso, á persoa que acredite a maior puntuación na lista da área sanitaria ou ámbito territorial que corresponda, con independencia de que aquela estea vinculada, ao tempo de chamamento:
  • por un nomeamento estatutario temporal a xornada completa de duración inferior ao ano
  • por un nomeamento a tempo parcial ca/quera que sexa a súa duración por un nomeamento de substitución a xornada 
  • completa de duración previsible igual ou superior ao ano; neste último suposto só cando o vínculo a ofertar sexa unha interinidade en praza vacante. 

As persoas aspirantes admitidas en listas compatibles que estean vinculadas por un nomeamento de longa duración nunha destas categorías ofertaránselles os vínculos de longa duración de categoría compatible do mesmo ou superior nivel de clasificación. 

Como excepción ao establecido con carácter xeral neste pacto respecto da suspensión de chamamentos, no suposto de maternidade, adopción legal e suspensión por risco durante o embarazo, a persoa aspirante será chamada para formalizar nomeamentos de previsible longa duración aos cales teña dereito segundo a orde de prelación acadada na correspondente lista, ben que o vínculo se formalizará unha vez que finalice o período que deu lugar á causa de suspensión, nos termos legalmente previstos. 

Excepcións ao réxime de penalizacións 
0 persoal que se encontre vinculado por un nomeamento de substitución a xornada completa, de duración previsible igual ou superior ao ano ao que se Ile oferte unha interinidade en praza vacante poderá renunciar a esta, sen penalización, permanecendo como indispoñible para sucesivos chamamentos desta mesma clase ata a finalización do seu vínculo." 
 

PRESCRIPCIÓN ENFERMERÍA. APROBACIÓN NO BOE

logo_enfermero
Medicamentos e productos sanitarios


Real Decreto 1302/2018, de 22 de outubro, polo que se modifica o Real Decreto 954/2015, de 23 de outubro, polo que se regula a indicación, uso e autorización de
dispensación de medicamentos e productos sanitarios de uso humán por parte dos enfermeros.

 

OPE CTG (AXENCIA GALEGA DE SANGUE, ÓRGANOS E TECIDOS)

centro_tejidosOPE CTG :

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2018 pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para cubrir postos de traballo mediante contratación laboral fixa, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Descargar PDF



 

DENUNCIA COMITÉ FOLGA PACS

pacs_en_folga
O comité de folga dos PAC denuncia a falta de cobertura de persoal médico por debaixo dos mínimos marcados polo SERGAS

Ver noticia

 

CREACIÓN DA CATEGORÍA DE PEDIATRA DE ÁREA

medicopediatra
A través da Lei de Acompañamento para os orzamentos de 2019, e sen previa comunicación á Mesa Sectorial do SERGAS –que é onde se ten que negociar a creación de calquera categoría nova, segundo se establece no Estatuto Marco, Lei 55/2003-, o Partido Popular crea a categoría de facultativo/a especialista de Pediatra de Área.

CIG-Saúde denuncia a creación do posto de Pediatra de Área porque non vai dotar de máis profesionais o sistema público de saúde e porén, vai provocar inestabilidade e explotación laboral das/os que agora están.

“A intención do PP coa creación desta categoría ás agochadas non é mellorar a atención pediátrica da poboación infanto-xuvenil galega, senón crear un posto de facultativo/a especialista polivalente para prestar servizos en máis dun centro hospitalario e de primaria

A creación deste novo posto de facultativo especialista polivalente non vai implicar novas contratacións senón, unicamente redistribuír ás/aos profesionais que xa traballan no sistema público para que en lugar de atender no centro ao que están adscritos atenda en máis de un.

Ler máis...

 

PRESCRIPCIÓN ENFERMERÍA

logo_enfermeroO Consello de Ministros o día 19/10/2018 aprobou un Real Decreto polo que se modifica o Real Decreto 954/2015 polo que se regula a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano por parte dos enfermeiros.

A norma concreta as competencias das enfermeiras e os enfermeiros na indicación, uso e autorización de dispensación de determinados medicamentos e productos sanitarios.

Desta forma, apórtase seguridade xurídica ao manexo de medicamentos que o colectivo de enfermería usa no seu desempeño asistencial habitual (como son as vacunas, por exemplo) a fin de garantir a continuidade asistencial e a seguridade dos pacientes.

O Real Decreto, que senta as súas bases na colaboración entre as profesións médica e enfermeira, permite ás e os enfermeiros indicar e autorizar a dispensación de determinados medicamentos de acordo co que se estableza nos protocolos e guías de práctica clínica e asistencial, que se fixarán na Comisión Permanente de Farmacia, xa creada.

Ler máis...

 

PUBLICACIÓN NO DOGA MODIFICACIÓN PACTO 2016

fecha_modif._pac_18_10_18

 

PRESENTACIÓN ORZAMENTOS GALEGOS 2019: 100% IMPORTE NAS BAIXAS E AMPLICACIÓN PERMISO PARTO A 22 SEMANAS

xunta_de_galiciaFunción Pública presentou onte os orzamentos galegos para 2019 no referido ao persoal público. Introdúcense unha serie de cambios na lei 2/2015 de emprego público de Galiza, como o cobro do 100% en caso de baixa médica que, en todo caso, terá que agardar a xaneiro, e a ampliación do permiso de maternidade

Estes orzamentos contemplan por fin a recuperación do dereito a cobrar o 100% do salario en caso de baixa por Incapacidade temporal (IT).

O director xeral de Función Pública anunciou na Mesa que a Xunta vai introducir unha modificación no permiso de parto, ampliando a 22 semanas o que agora mesmo está en 20. Ao tempo anunciou a dispoñibilidade a aumentar o permiso para a outra persoa proxenitora mais non deu máis datos, escusándose no posíbel incremento que se produza a nivel do Estado.

Premer ligazón

 

RESUMO DO QUE PASOU NA CONCENTRACIÓN PAC´S 16/10/2018

573-32753-a-tou20cabreao2
O martes houbo unha concentración dos traballaores dos PAC´S  diante do Sergas.

Cogamos a noticia do que aconteceu

Premer ligazón

 

ACTA APROBACIÓN MODIFICACIÓN PACTO DE CONTRATACIÓNS

info_listas_contratacin
Deixámosvos a acta na que se aproba a modificación do Pacto de Contratacións do 2016


O SERGAS confirma que xa efectuaron as modificacións técnicas pertinentes para que a data de efectos deste acordo sexa ao día seguinte da publicación no DOG. Non concretan data pero sempre antes de novembro.

Solicitamos que na páxina web, unha vez publicado o acordo, se colgue unha versión consolidada do pacto de contratacións que inclúa os termos pactados. Quedaron en que o ían a facer.

Cando saia do Dog xa faremos un resumiño dos puntos máis importantes

Descarga acta

 

PREVISIÓN PUBLICACIÓN NOVAS LISTAS DE CONTRATACIÓNS

previsin_publicacin_listas_16_10_18

 

SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA PAC´S

573-26240-a-tou20enfadaop

ORDE do 10 de outubro de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará determinado persoal dos puntos de atención continuada do Servizo Galego de Saúde os días 16, 19, 21, 23, 26, 28 e 30 de outubro, e 2, 4, 6, 9 e 11 de novembro.

Descargar PDF


O desempeño público da prestación de asistencia sanitaria non se pode ver afectadogravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente con relación a éste.

A folga convocada desenvolverase desde as 15.00 horas dos días 16, 19, 23, 26 e 30 de outubro e 2, 6 e 9 de novembro, rematandoás 8.00 horas do día seguinte; e desde as 8.00 horas dos días 21 e 28 de outubro e 4 e11 de novembro, rematando ás 8.00 horas do día seguinte.

Con esa finalidade, para a determinación dos servizos mínimos establécese como criterio reitor a cobertura do 100 % da actividade urxente.

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampoucosobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios/as dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sancióncon base, así mesmo, nas normas vixentes.
 

TRASLADOS ABERTOS E PERMANENTES PERSOAL ESTATUTARIO DE XESTIÓN E SERVIZOS, DIPLOMADO SANITARIO E SANITARIO DE FORMACIÓN PROFESIONAL

573-18369-a-tou20salton
RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos

Descargar PDF

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario diplomado sanitario.
Descargar PDF

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario de formación profesional.
Descargar PDF

Por necesidades organizativas e co obxecto de preservar o normal funcionamento das institucións sanitarias no proceso de incorporación dos/das profesionais como consecuencia da resolución deste proceso, os/as profesionais que estean a prestar os seus servizos no Sistema público de saúde de Galicia cesarán o primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da nova praza debe efectuarse dentro de:

  • ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da de saúde Tres días hábiles seguintesmesma área
  • se as prazas son de de saúde dentro do Servizo Galego de SaúdeQuince días hábilesdistinta área
  • Un mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.


No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Premer ligazón

 

CAMBIO DE CONTRATO DE SUSTITUCIÓN A INTERINIDADE. FIRMA GRAO INICIAL CARREIRA PROFESIONAL

interinos_firmar_carrera_profesional

 

EXENCIÓN IRPF NA PRESTACIÓN MATERNIDADE

madre_e_hijoO Tribunal Supremo (en sentenza do 3 de outubro) vén de confirmar que “as prestacións públicas por maternidade percibidas da Seguridade Social están sexentas do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas”. A CIG entende que a sentenza do Supremo debería ser extensíbel ás prestacións por paternidade


Con toda probabilidade nos vindeiros días a Axencia Tributaria disporá na súa web dun sistema telemático de recadación do IRPF das maternidades. É convinte que se estamos en prazo de reclamación agardemos a que o faga e tramitemos as reclamacións por esa vía, porque os retornos serán máis rápidos aos feitos en papel, aínda que tamén serán válidos

Exercicios fiscais 2014 a 2017 (declaracións presentadas de 2015 a 2018):

• Traballadoras que cobraron a prestación de maternidade nos exercicios fiscais 2014 a 2017 (declaracións presentadas nos anos 2015 a 2018):

a) Formular, perante a Axencia Tributaria, unha solicitude de rectificación da autoliquidación do IRPF do exercicio/s no que se declararan as prestacións por maternidade (achégase modelo A).

Exercicio fiscal 2018 (declaración a presentar en 2019):

• Traballadoras ás que lle estean a practicar retencións de IRPF pola prestación de maternidade no exercicio fiscal 2018 (declaracións que se presentarán no ano 2019):

b) Formular, perante o INSS, unha solicitude de dereito á percibir a prestación íntegra sen retención de IRPF, no resto dos meses do 2018 (achégase modelo B). Aínda que temos constancia de que a Seguridade Social xa non está aplicando a retención nas prestacións de maternidade nin na de paternidade, é conveniente comprobalo antes.

Se queres ver máis e descargar os formularios  premer ligazón

 

LISTA ESPECIAL ENFERMERIA CITOSTÁTICOS

listas_contratacin
RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se autorizan e se publican diversos acordos adoptados pola Comisión Central de Seguimento do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño de 2016).
PUNTOS DE INTERÉS:
  • Inclusión da área especial de citostáticos para a cobertura das necesidades de vinculación de duración non superior a 60 días na categoría de enfermeiro/a.
  • Inclusión automática nas listas da área especial das persoas aspirantes que solicitan e superan a formación práctica específica. Logo de recibida e superada esta incluiranse de oficio como aspirantes admitidos dispoñibles para a formalización de nomeamentos da concreta área especial en que recibiron a formación, na seguinte actualización de listas que se efectúe na respectiva categoría.
 
Máis artigos...

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info