gracias

PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS MOVILIDADE INTERNA HOSPITAL PÚBLICO DE MONFOTE

Hospital-Comarcal-de-Monforte
Descargar Puntuacións definitivas e orde de prelación dos aspirantes.

Citacións por categorías

Poder para delegar noutra persoa.

 

CARREIRA PROFESIONAL PARA PERSOAL EN PRAZA VACANTE

Descargar Acordo sobre as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas a esta consellería e ao dito organismo.


Prazo de presentación de solicitudes: aberto e permanente


grao_inicial_carreira
grado_inicial
tramitacin_grado_inicial

 

LISTAS DE CONTRATACIÓN: RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS E RESULTADOS PROVISIONALES VARIAS CATEGORÍAS

info_listas_contratacin
RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/ as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario e se inicia o prazo de inscrición na área especial de críticos da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

- Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico/a superior en dietética e nutrición
- Técnico/a superior en documentación sanitaria
- Técnico/a superior en hixiene bucodental
- Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
- Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
- Técnico/a superior en radioterapia
- Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría
- Técnico/a en farmacia.

Con esta publicación abrirase tamén o prazo de inscrición na área especial de críticos da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería, segundo o acordo da Comisión Central de Seguimento do Pacto (D.O.G núm 19, do 29 de xaneiro de 2020).


Os/as aspirantes da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría que formalizasen a súa inscrición nas listas desta categoría ata o 31 de outubro de 2019 poderán seleccionar esta área especial no prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución. Neste suposto, resultarán admitidos/as na dita área na resolución pola cal se publiquen as listas definitivas correspondentes ao proceso de actualización en tramitación.

Ver Enlace SERGAS

 

DOCUMENTACIÓN QUE TEÑEN QUE PRESENTAR XS ASPIRANTES QUE SACAN PRAZA. OBRIGATORIEDADE DO CURSO BÁSICO DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

facebook_1577493724600O día 19/02/2020 saiu no DOG a Resolución de baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as das categorías de enfermeirx, celadorxs e grupo auxiliar da función administrativa.

¡¡¡PARABÉNS A TODXS XS QUE SACADES PRAZA!!!

Tedes ata o 20/03/2020 para presentar a documención.
Descargar documentación celadorx
Descargar documentación enfermeirx
Descargar documentación grupo función auxiliar administrativo

Ademáis nas bases da convocatoria De conformidade coa disposición adicional 2ª do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (DOG nº 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación, que se impartirán polo Servizo Galego de Saúde.

O Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Neste Decreto establécense 3 niveis de coñecemento: 

  • Nivel básico: Acreditará unha competencia inicial que permita a inclusión progresiva do principio de igualdade nos procesos habituais de traballo, cunha duración  en calquera dos contidos recollidos no artigo 1 (Igualdade de xénero, mainstreaming, perspectiva de xénero, feminismo, conciliación, corresponsabilidade, sexismo, violencia de xénero, violencia machista ou violencia contra as mulleres, trata de seres humanos con fins de explotación sexual, acoso sexual ou por razón de xénero ou calquera outra denominación que implique visibilizar a situación de desvantaxe social das mulleres).Nivel básicoNivel básico:mínima de 20 horas

  • Nivel medio: acreditará unha competencia media que permita integrar o enfoque de xénero en ámbitos materiais concretos de competencia das administracións públicas: subvencións, contratos, produción normativa ou xestión administrativa, e o coñecemento e comprensión da violencia de xénero, cunha duración mínima de 150 horas en calquera dos contidos recollidos no artigo 1.

  • Nivel superior: acreditará unha competencia alta que permita o coñecemento e aplicación práctica do enfoque integrado ou mainstreaming de xénero, cunha duración mínima de 500 horas en calquera dos contidos recollidos no artigo 1
Se queres saber máis sobre a obligatoriedade do curso básico de  igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero Premer ligazón

O SERGAS publicou un curso de ACIS de autoformación de Básico en Igualdade de Oportunidades e Contra a Violencia de Xénero. Senón o tedes recordade que é obrigatorio facelo nun prazo máximo seis meses contado desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixoformacin_igualdad_e_violencia_2020_online


 

BAREMACIÓN DEFINITIVA OPE VARIAS CATEGORÍAS

facebook_1577493724600
RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.
Descargar PDF

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Descargar PDF

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.
Descargar PDF

De conformidade coa base 2.1.8 e 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación (ata o 20/03/2020) para a presentación  documentación que se detalla na Resolución

Descargar enlace SERGAS

 

INSTRUCCIÓN 02/2020 RELATIVA AO PROTOCOLO PARA O TRATAMENTO DE DATOS DE SAÚDE EN ESTUDOS DE INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA

xunta_de_galicia
RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade da Instrución 2/2020 relativa ao protocolo para o tratamento de datos de saúde en estudos de investigación biomédica.
Descargar PDF

 

LISTAS PROVISIONAIS VARIAS CATEGORÍAS

info_listas_contratacin
Infórmase que está previsto que o venres, 21 de febreiro se publiquen os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de:

- Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico/a superior en dietética e nutrición
- Técnico/a superior en documentación sanitaria
- Técnico/a superior en hixiene bucodental
- Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
- Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
- Técnico/a superior en radioterapia
- Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería
- Técnico/a en farmacia
.


Con esta publicación abrirase tamén o prazo de inscrición na área especial de críticos da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería, segundo o acordo da Comisión Central de Seguimento do Pacto (D.O.G núm 19, do 29 de xaneiro de 2020).

 

INFORMACIÓN OPE

·         RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 21 de maio de 2019.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria, convocado mediante a Resolución do 21 de maio de 2019.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado mediante a Resolución do 21 de maio de 2019.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica, convocado mediante a Resolución do 3 de maio de 2019.

Descargar PDF

 

 

INFORMACIÓN OPE PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS

facebook_1577493724600Infórmase que está previsto que o mércores, 19 de febreiro, se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se dá publicidade ás puntuacións definitivas da fase de concurso e á relación de aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o acceso ás categorías de:

Enfermeiro/a
Grupo auxiliar da función administrativa
Celador/a (todas as quendas).


Coa publicación desta resolución ábrese o prazo de un mes para que os/as aspirantes seleccionados/as presenten a documentación que nela se indica. Este prazo finaliza o 20 de marzo.

 

 

CIG-SAÚDE MONFORTE GÁNALLE UNHA SENTENZA NO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA Á SUBDIRECCIÓN DE ENFERMERÍA DE HOSPITAL PÚBLICO DE MONFORTE

cig_juas
CIG-SAÚDE Monforte ven de gañar unha sentenza  no TSXG á Subdirección de Enfermería do Hospital Público de Monforte

A nosa Subdirectora denegou un permiso a unha traballadora eventual para asistir a un curso de formación do ACIS.

A denegación se fundou en que a recorrinte non pertencía ao cadro de persoal do SERGAS de acordo co artigo 5.4.1 do Acordo de Concertación Social do 2001

A Directiva 1999/70/CE e a xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que interpreta o principio de primacía do Dereito Comunitario comporta a inaplicación dos preceptos de Derecho interno incompatibles con aquel (así o impón a sentenza do Tribunal Constitucional 145/2012, de 2 de xullo “ao enfrentarse cunha norma nacional incompatible co Dereito da Unión, teñen a obrigación de incaplicar a disposicíon nacional, xa sexa posterior ou anterior á norma d Dereito da Unión”

A cláusula 1.a) do Acordo marco, recollido na Directiva 1999/70/CE establece que ten por obxeto, entre outros:

  • Non podrá tratarse aos traballadores cun contrato de duración determinada dunha maneira menos favorable que aos traballadores fixos comparables polo mero feito de ter un contrato de duración determinada.

 

DESPOIS DE 10 ANOS DE DENUNCIAS CONTINUADAS, REALIZADAS POLA CIG-SAÚDE, O PP AGORA VAI SOLICITAR DO GOBERNO DO ESTADO QUE ELIMINE A TAXA DE REPOSICIÓN

Screenshot_2020-02-13-14-18-20-256_com.google.android.apps.docs
Screenshot_2020-02-13-14-18-27-666_com.google.android.apps.docs

 

ACOMODOS INTERNOS

acomodos

 

ERROR NA PUNTUACIÓN HORAS NOS CURSOS EMITIDOS POR UNIVERSIDADES

573-36683-a-ollopiollopDalgunha comarca nos comentan que hai queixas coa categorización de algún curso para personal NON sanitario, emitidos por universidades nos que aparecen número de horas e créditos ECTS, e que o Sergas non llos quere catalogar polo número de horas lectivas.

Por exemplo: un curso de celador no que no certificado emitido recolle de duración 100 horas e 4 ECTS, aplícanlle os 4 créditos en lugar das 100 h, polo lo que lle recoñecen 40h de formación.

Falado co Sergas, nos din que xs afectadxs, fagan a reclamación pertinente e xa de oficio catalogan o curso polas 100 h correspondentes e se lle aplicaría a todxs xs que presenten ese mesmo curso, porque xa quedaría catalogado por horas.

 

INSCRIPCIÓNS CURSO CIG-SAÚDE MONFORTE

curso_marzo_2020

 

INSCRIPCIÓNS CURSO CIG-SAÚDE MONFORTE

curso_marzo_2020

 

INSCRIPCIÓNS CURSO CIG-SAÚDE MONFORTE

curso_marzo_2020

 

DATAS EXAMES OPE

hora_exames_febreiro_marzal_2020Está previsto que o luns, 17 de febreiro se publique no Diario Oficial de Galicia o lugar, data e hora de realización dos exercicios da fase de oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería (todas as quendas), médico/a de familia, pediatra de atención primaria, odontólogo/a de atención primaria e enfermeiro/a especialista en enfermería obstétrico-xinecolóxica.

Os exames da fase de oposición realizaranse no Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, nas datas e horario que se detallan en táboa adxunta.

Na páxina web (www.sergas.es) publicaranse as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas así como os/as aspirantes asignados a cada unha delas.

 

PUBLICACIÓN NO DOG NOVA ORDE DE NÓMINAS COA SUBIDA DO 2%

xunta_de_galiciaORDE do 29 de xaneiro de 2020 pola que se actualizan con efectos do 1 de xaneiro de 2020 a contía das retribucións do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2020.
Descargar PDF

O Real decreto lei 2/2020, do 21 de xaneiro, polo que se aproban medidas urxentes en 
materia de retribucións no ámbito do sector público (BOE do 22 de xaneiro) establece que para o ano 2020, as retribucións do persoal ao servizo do sector público non poderán experimentar un incremento global superior ao 2 % respecto ás vixentes en 31 de decembro de 2019, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo  que respecta a efectivos de persoal como á súa antigüidade.

Establece, ademais, que se o incremento do produto interior bruto (PIB) a prezos constantes en 2019 alcanzase ou superase o 2,5 % engadiríase, con efectos do 1 de xullo de 2020, outro 1 % de incremento salarial. Para un crecemento inferior ao 2,5 %, o incremento diminuíra proporcionalmente en función da redución que se produza sobre o dito 2,5 %, de maneira que os incrementos globais resultantes serán:

  • PIB igual a 2,1: 2,20 %.
  • PIB igual a 2,2: 2,40 %.
  • PIB igual a 2,3: 2,60 %.
  • PIB igual a 2,4: 2,80 %.

Este incremento será de aplicación unha vez se aprobe mediante Acordo do Consello de Ministros e se dea traslado ás comunidades autónomas.

 

RESUMO CARREIRA PROFESIONAL

Resumo_Carreira_Profesional

 

AUTOBÚS PARA A MANIFESTACIÓN

573-23090-a-monopatinComo ben sabedes o domingo día 9 hai una manifestación en Santiago na defensa da sanidade pública que se está cargtando o PP. Creo que deberíamos acudir o todos os que podamos e para elo a Pataforma en Defensa da Sanidade Publica de Monforte poñerá un autobús a vosa disposición.
Este autobús sairá cara Compostela o domingo ás 9´45  da mañá do Parque dos Condes e regresará ao rematar a manifestación. 
É COMPLETAMENTE DE BALDE.
 

CORRECCIÓN DE ERROS PORTAS OPE

573-30060-a-MOSKEAUPQNAchegámosvos os enlaces nos que podedes acceder ás correccións de erros publicadas hoxe en relación ás resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos polas que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas seguintes categorías de persoal estatutario:
 
 
 
 
- ENFERMEIRA/O ESPECIALISTA
 
 
 
- FISIOTERAPEUTA
 
 
 
- PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS (acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral)
 
  
 
 
 
 
ERROS:
 
Nos tres casos o erro afecta ás portas de acceso, polo que se procede a efectuar a seguinte corrección:
 
No punto segundo, onde di:
 
"Os/as aspirantes que participen no proceso pola quenda de promoción interna, así como os que teñan autorizada polo órgano de selección unha adaptación de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios, accederán ao recinto pola porta 0".
 
Debe dicir:
 
"Os/as aspirantes que teñan autorizada polo órgano de selección unha adaptación de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios accederán ao recinto pola porta 0".
 
 
 
Podedes acceder a toda a información relativa ás diferentes categorías a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), a onde podedes acceder premendo no seguinte enlace:
 
 
 
 
 
Máis artigos...

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info