gracias

ESCASEZA DE MATERIAL

Na reunión do comité central de saúde laboral, a persoa que representaba á dirección de RREE, informounos de que no SERGAS había unha dotación suficiente de material, e unha reserva do mesmo para 2 meses.

Non transcorriron nin  15 días desde a devandita reunión a hoxe, e o que estamos a constatar é que nos centros falta material, o que incrementa a desprotección do persoal, e xera situacións de estres.

A Xerencia de Ourense, está a publicar unha instrucións sobre o uso de mascarillas e resto de EPIs, limitando o seu uso por falta de material, o que reiteramos, incrementa a tensión dxs profesionais ao sentirse totalmente desprotexidxs.

Desde CIG-SAÚDE solicitamos información referente á situación do material dispoñible nos centros de traballo, o SERGAS non pode por ao persoal en situación de desprotección, ou crear situacións que aumentan a tensión nos centros de traballo.

Reiteramos a nosa petición de información sobre a situación do material existente, e de estar nunha situación límite por falta del, solicitamos coñecer as medidas que se están a tomar.

Agardamos recibir esta información á maior brevidade posible.

 Un saúdo

Compostela, 20 de marzo de 2020.

Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional CIG-SAÚDE                                 

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info