gracias

RELACIÓNS LABORAIS E COVID19

No actual contexto de emerxencia sanitaria, a CIG está traballando para dar unha resposta áxil na defensa dos dereitos laborais e garantir a seguridade e a saúde do conxunto das traballadoras e traballadores galegos.

 

Neste sentido, vimos de elaborar un documento de respostas urxentes a algunhas das dúbidas máis frecuentes sobre a incidencia da epidemia da doenza COVID-19 nas relacións laborais.

 

Podes consultar o documento nesta ligazón: [www.cig.gal/covid19]www.cig.gal/covid19. Na que tamén atoparás enlaces á normativa de referencia e modelos para solicitar a redución ou adaptación da túa xornada laboral.

 

Tamén podes acceder ao documento de texto a través desta ligazón: https://bit.ly/2WokAyN

 

Ten en conta que, debido á rapidez coa que se producen mudanzas, o documento está en continua actualización e revisión.

 

Aproveitamos para partillar a valoración que a CIG fai das medidas recollidas no Real Decreto de medidas de emerxencia aprobado onte no Consello de Ministros e Ministras: - A CIG considera que as medidas sociais e laborais son claramente insuficientes, inxustas e están moi lonxe das doutros estados da UE

 

Así como o comunicado emitido a respecto da declaración do Estado de Alarma e as propostas formuladas pola central sindical:- Paulo Carril: “Os custos da declaración de estado de alarma e emerxencia sanitaria non poden recaer na clase traballadora”

 

Lembra que estamos para axudarche no que precises. Se tes dúbidas, contacta coa CIG, preferentemente por correo electrónico ou teléfono.

 

Non podemos permitir que os custes da emerxencia sanitaria recaian sobre a clase traballadora e os colectivos máis vulnerábeis, nin que se aproveite esta situación para recortar dereitos e liberdades fundamentais.

 

Asinado.

EXECUTIVA CONFEDERAL

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info