gracias

PRAZA TRASLADOS NA CATEGORÍA DE ENFERMERÍA QUENDA MAÑÁN CENTRO DE SAÚDE DE MONFORTE

foto_centro_salud_monforte
O 28/02/2020 o SERGAS remitiu o cadro de prazas vacantes a ofertar para o concurso de traslados abertos e permanentes deste ano.

Neste cadro provisional en fase de alegacións  sae unha praza de quenda de mañán para  Centro de Saúde de Monforte na categoría de DUE.

Na actualidade neste centro de saúde na categoría de enfermería hai dúas prazas cubertas por persoal contratado:

  • Unha con contrato de interinidade en praza vacante cupo  deslizante (ten axenda que atende pacientes de tardes e de mañáns). Vacante a 31/12/2019. 
  • Un acúmulo de tarefas que está facendo o cupo de pediatría dunha enfermeira que se xubilou en novembro do ano pasado. Este acúmulo estaba a data de 31/12/2019


A RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproban as bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario do Sistema público de saúde de Galicia establece “A data fin para o cómputo de prazas que se oferten en cada ciclo anual de adxudicación será o 31 de decembro do ano anterior. A oferta incluirá, demais, as prazas de necesaria cobertura ocupadas por persoal fixo susceptibles de seren adxudicadas en resultas. Ou sexa, o cómputo de prazas terá como data límite o 31 de decembro do ano anterior. E terase en conta prazas vacantes (non entrarían as prazas cubertas en acúmulos de tarefas)

Consultado hoxe co departamento de RR.HH de Lugo nos comentan que no cadro provisional de prazas remitido polo SERGAS ás organizacións sindicáis hai un erro. A praza ofertada no concurso de traslados aberto e permanente deste ano para a categoría de enfermería do Centro de Saúde de Monforte é a de quenda Deslizante e non a de quenda de mañáns. De feito van a correxir esta praza

 ¿Que pasa coa praza de pediatría de Centro de Saúde de Monforte de Lemos na categoría de enfermería?

É unha praza que está de momento bloqueada esperando decisión de RR.HH de Santiago e da Dirección de Enfermería da A.S. Lugo, A Mariña e Monforte. Recordar que na actualidade estamos cunha OPE de enfermería de especialista de pediatría que tivo o exame o  8 de febreiro de 2020 e unha comisión técnica de enfermeirxs especialistas para tratar a convocatoria do concurso específico, na categoría de enfermeirx especialista en pediatría

Se queres ver o cadro de prazas Premer ligazón

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info