gracias

LISTAS DE CONTRATACIÓN: RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS E RESULTADOS PROVISIONALES VARIAS CATEGORÍAS

info_listas_contratacin
RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/ as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario e se inicia o prazo de inscrición na área especial de críticos da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

- Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico/a superior en dietética e nutrición
- Técnico/a superior en documentación sanitaria
- Técnico/a superior en hixiene bucodental
- Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
- Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
- Técnico/a superior en radioterapia
- Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría
- Técnico/a en farmacia.

Con esta publicación abrirase tamén o prazo de inscrición na área especial de críticos da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería, segundo o acordo da Comisión Central de Seguimento do Pacto (D.O.G núm 19, do 29 de xaneiro de 2020).


Os/as aspirantes da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría que formalizasen a súa inscrición nas listas desta categoría ata o 31 de outubro de 2019 poderán seleccionar esta área especial no prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución. Neste suposto, resultarán admitidos/as na dita área na resolución pola cal se publiquen as listas definitivas correspondentes ao proceso de actualización en tramitación.

Ver Enlace SERGAS

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info