gracias

NOTA ACLARATORIA: OBRIGA E PRAZOS PARA TER O CURSO EN IGUALDADE, PREVENCIÓN E LOITA CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

cig_informa

  • Dita formación ten que facilitala o Sergas  de forma gratuíta.

  • O persoal temporal non ten a obriga de facela.

  • Será obrigatorio para as persoas que tomen posesión na OPE, pero disporán de seis meses para facer o curso DESPOIS da toma de posesión.

O pasado 1 de agosto de 2017, publicouse no DOG o Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. 
Neste Decreto establécense 3 niveis de coñecemento: 

  • Nivel básico: acreditará unha competencia inicial que permita a inclusión progresiva do principio de igualdade nos procesos habituais de traballo, cunha duración  en calquera dos contidos recollidos no artigo 1 (Igualdade de xénero, mainstreaming, perspectiva de xénero, feminismo, conciliación, corresponsabilidade, sexismo, violencia de xénero, violencia machista ou violencia contra as mulleres, trata de seres humanos con fins de explotación sexual, acoso sexual ou por razón de xénero ou calquera outra denominación que implique visibilizar a situación de desvantaxe social das mulleres).Nivel básico:mínima de 20 horas

  • Nivel medio: acreditará unha competencia media que permita integrar o enfoque de xénero en ámbitos materiais concretos de competencia das administracións públicas: subvencións, contratos, produción normativa ou xestión administrativa, e o coñecemento e comprensión da violencia de xénero, cunha duración mínima de 150 horas en calquera dos contidos recollidos no artigo 1.

  • Nivel superior: acreditará unha competencia alta que permita o coñecemento e aplicación práctica do enfoque integrado ou mainstreaming de xénero, cunha duración mínima de 500 horas en calquera dos contidos recollidos no artigo 1

Toda persoa que acceda á condición de persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde a través dun proceso selectivo (OPE), terá que realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en igualdade entre mulleres e homes e en prevención e loita contra a violencia de xénero.

Dan un prazo amplo de 10 anos para que todo o persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde teña realizado como mínimo o nivel básico. 
20180422_Formacin_igualdade_CIG_informa
igualdade



 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info