gracias

ACTO ELECCIÓN DESTINO OPE VARIAS CATEGORÍAS

ope_informa_logo_grandeInfórmase que está previsto que o venres, día 18 de outubro, se publique no DOG a resolución pola que se convoca para o acto de elección de destino os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o ingreso nas categorías de: enxeñeiro/a técnico/a, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, médico de familia de atención primaria e técnico/a superior en documentación sanitaria.

O acto de elección para as categorías de enxeñeiro/a técnico/a, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e técnico/a superior en documentación sanitaria terá lugar o venres, 25 de outubro, en horario de mañá, no Salón de Actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección para a categoría de médico/a de familia terá lugar o sábado, 26 de outubro, en horario de mañá, no Salón de Actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info