gracias

TRASLADOS ABERTOS E PERMANENTES SERGAS 2019

logo_traslados
RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.
Descargar PDF


De conformidade co previsto na base novena da Resolución do 20 de novembro de 2017, os/as concursantes de todas as categorías, excepto médico de familia de atención primaria, que obteñan praza neste proceso deberán cesar na que, de ser o caso, desempeñen, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución.



Por necesidades organizativas e co obxecto de preservar o normal funcionamento das institucións sanitarias no proceso de incorporación dos/das profesionais como consecuencia da resolución deste proceso, os/as profesionais que estean a prestar os seus servizos no Sistema Público de Saúde de Galicia cesarán o primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do novo destino obtido debe efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde, no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.

Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos. Non disporán de ningún dos prazos posesorios sinalados aqueles/as adxudicatarios/as de praza no concurso que xa viñesen ocupando praza con carácter definitivo no mesmo centro de destino ou en virtude de comisión de servizos ou reingreso provisional.

No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

RESUMINDOSe obtiveches destino neste concurso de traslados, o cese no posto antigo, producirase o día 30/09/2019.


Na categoría de médico/a de familia de atención primaria, e de conformidade coa previsión contida no artigo 30.4 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario dos servizos de saúde, o cesamento e a toma de posesión dos novos destinos adxudicados efectuarase de modo simultáneo á incorporación dos/das aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o acceso á condición de persoal estatutario fixo desta categoría, convocado por Resolución do 1 de marzo de 2018.


Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir da mesma data.

O SERGAS aínda non nos pasou a orde de ceses do 2019. Abaixo imos colgar a do 2018. Cando nos pase a do 2019 vola mandamos.

Ver enlace destinos
Orde ceses 2018

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info