gracias

BAREMACIÓN DEFINITIVA DE FASE CONCURSO E PUBLICACIÓN ASPIRANTES VARIAS CATEGORÍAS

ope_informa_logo_grande
RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.
Descargar PDF


RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Descargar PDF


RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa, convocados pola Resolución do 1 de marzo de 2018, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Descargar PDF


RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de técnico/a superior en documentación sanitaria, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Descargar PDF

De conformidade coas bases 2.1.8 e 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación (do 12 de setembro ata 11 de outubro de 2019), para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o  exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión
No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 13 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, segundo a redacción efectuada pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais dependente do Ministerio de Xustiza de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, no seu defecto, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.
Esta autorización deberá prestarse no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe relativa a emprego público (www.sergas.es/emprego público).

d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 1 de marzo de 2018, os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorran por falsidade na solicitude inicial.

Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo que se indica na epígrafe terceira desta  resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela. 
 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info