gracias

CONVOCATORIA DE VARIAS OPE

Infórmase que está previsto que o mércores, 15 de maio, se publiquen no Diario Oficial de Galicia as convocatorias de concurso oposición para o acceso ás categorías de fisioterapeuta e enfermeiro/a especialista nas especialidades de enfermería familiar e comunitaria, enfermería de saúde mental, enfermería do traballo, enfermería obstétrico-xinecolóxica e enfermería pediátrica.

 

Está previsto que ao longo do mes de maio se publiquen as convocatorias de médico/a de familia, odontólogo e pediatra de atención primaria e técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.

 

Infórmase así mesmo que o xoves, 16 de maio se publicarán as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o acceso ás categorías de médico/a de familia, enxeñeiro/a técnico/a, técnico/a superior en documentación sanitaria, grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa.

 

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info