gracias

ADMITIDAS- EXCLUÍDAS LINGUA GALEGA

Achegámosvos os enlaces nos que podedes acceder ás Resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos polas que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores no concurso-oposición para o ingreso nas seguintes categorías de persoal estatutario:
 
 
- Odontóloga/o de atención primaria e Pediatra de atención primaria
 
 
 
Médica/o de familia de atención primaria.
 
 
 
- Fisioterapeuta.
 
 
 
Diversas especialidades da categoría de Enfermeira/o especialista.
 
 
 
- Técnica/o en coidados auxiliares de enfermería.
 
 
 
Persoal de servizos xerais, polos sistemas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral.
 
 
  
 
As listas coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluidas de cada categoría e especialidade, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), podendo acceder á referida información premendo no segunte enlace:
 
 
 
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado pola persoa solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
 
 
RECURSOS
 
Contra estas resolucións as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun (1) mes contado desde a mesma data.
 
 
 
 

O LASTRE DO "GRUPO DE EXPERTOS" EN PRIMARIA

Este grupo de expertos(non sei en qué) ven de facer unha valoración despectiva das enfermeiras que se trasladan dende hospitalaria a primaria, chámalles lastres(compre ter pacencia).
Non lles da a cabeciña para pensar que o que fan estas enfermeiras é mellorar a calidade asistencial de primaria cos experiencia aportada de tantos anos traballados no hospital.
En fin...Si estes son os expertos, imos de carallo.

Enfermeiras

 

BORRADOR CONCURSO ESPECÍFICO ENFERMEIRA ESPECIALISTA EN PEDIATRÍA

573-36683-a-ollopiollopHoxe celebrouse a Comisión Técnica para o Concurso Específico de Enfermeira Especialista en Pediatría
O SERGAS presentou a seguinte documentación sobre a convocatoria e requisitos dos candidatxs que queiran optar a estas prazas. 

¿CANTAS PRAZAS SE RECOLLEN?
Nel recóllense un total de 172 prazas para o concurso, disgregadas por áreas sanitarias.

¿QUENES PODEN PARTICIPAR? 
As prazas obxecto do concurso son as correspondentes ás enfermeiras que na data de publicación do decreto da creación da categoría , decreto 81/2016, do 23 de xuño, reunían os requisitos. 

Criterios para a determinación do número de prazas do concurso.

  • Ser persoal estatutario fixo a data do Decreto 81/2016, do 23 de xuño.
  • Estar en posesión do título de especialista (persoal que nesa data estivese en posesión do título de enfermeira especialista)
  • Traballar nunha unidade de pediatría de primaria ou hospital
  • Ter o título en FIDES, que é de onde as xerencias extraeron os datos.
  • Pode participar todo o persoal que reúna as condicións anteriores, aínda que na actualidade non preste servizo nunha unidade de pediatría.


Polo texto, falan dunha primeira convocatoria porque queren facer o concurso en dúas veces, como se 172 foran moitas prazas

Descargar borrador convocatoria
Descargar Decreto 81/2016

 

PRÓXIMA PUBLICACIÓN DOG TRIBUNAIS E LISTAS DEFINITIVAS E NON EXENTOS GALEGO

DOG_25_11_2019

 

CUADRO RESUMO FESTIVOS LOCAIS DISTRITO MONFORTE

Resolución sobre o calendario laboral do ano 2020 para a Provincia de Lugo (BOP 06/11/2019)
Descargar PDF Resolución páxina 3
Descargar imaxe resumo festivos 2020
Descargar PDF resumo festivos 2020

Recordar que está pendente que se publique a resolución no DOG. Según información facilitada pola Diputación de Lugo previsiblemente non se faga ata antes do 20/11/2019
resumen_festivos_2020

 

MATRONA, A CATEGORÍA OLVIDADA NA ATENCIÓN PRIMARIA

20191118_Panfleto_matronas_AP

 

FESTIVOS LOCAIS PROVINCIA DE LUGO

573-18369-a-tou20saltonResolución sobre o calendario laboral do ano 2020 para a Provincia de Lugo (BOP 06/11/2019)
Descargar PDF páxina 3
Recordar que está pendente que se publique a resolución no DOG. Según información facilitada pola Diputación de Lugo previsiblemente non se faga ata antes do 20/11/2019
festivos_locales_2020_1
festivos_locales_2020_2

 

GRUPO DE EXPERTOS ATENCIÓN PRIMARIA

Descargar documento en pdf
consello_expertos_1
consello_expertos_2

 

PRESTACIÓN DE SERVIZOS EN DÍAS DE ESPECIAL SIGNIFICACIÓN

573-18369-a-tou20salton
Retribución adicional do persoal con gardas (24, 25 e 31 de decembro, 1 e 6 de xaneiro):
  • Persoal estatutario facultativo e diplomado en enfermaría de atención primaria
  • Facultativos especialistas de atención especializada
  • Persoal con nomeamento para gardas médicas
  • Persoal con nomeamento para atención continuada en urxencias extrahospitalarias
RECORDAR:
  • Non é de aplicación ao persoal de atención primaria ordinaria, salvo á categoría de PSX.
  • Consiste nunh retribución de igual contía que o tipo de garda realizada,é dicir, neses días o cobro será do doble do valor da garda.  
cadro_dias_especial_significacin_2019_20
 

DENUNCIA DE CIG-SAÚDE MONFORTE DE IRREGULARIDADES NOS CONTRATOS DE ACÚMULOS NA CATEGORÍA DE ENFERMERÍA

Hoxe celebrouse a Comisión Periférica de Seguimento do Pacto de Vinculacións Temporais.
CIG-Saúde Monforte fixo un escrito denunciando irregularidades nos contratos de acúmulos na categoría de enfermería.

BASTA XA DE CONTRATOS DE ACÚMULOS. CONTRATOS NOMINAIS

acumulos_a_12_11

 

DESTINOS DEFINITIVOS VARIAS CATEGORÍAS

Servizo Galego de Saúde

·       RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191112/AnuncioG0003-041119-0005_gl.pdf

·       RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191112/AnuncioG0003-041119-0004_gl.pdf

·       RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en documentación sanitaria, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191112/AnuncioG0003-041119-0003_gl.pdf

·       RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191112/AnuncioG0003-041119-0002_gl.pdf

 

PROCESO SELECTIVO XUNTA GALICIA VARIAS CATEGORÍAS

xunta_de_galicia

Consellería de Facenda (OPE XUNTA)

ORDE do 31 de outubro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).
Descargar PDF

ORDE do 31 de outubro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).
Descargar PDF

ORDE do 31 de outubro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).
Descargar PDF

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).


Dentro do prazo que se sinala no parágrafo anterior, as persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente dirixida á Dirección Xeral da Función Pública.

O modelo de solicitude estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos», debendo o solicitante de dispoñer dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e
Timbre (FNMT), DNI electrónico ou Chave365.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán consignar todos os datos que aparecen na pantalla e posteriormente validalos e confirmalos. Os aspirantes deberán indicar na súa solicitude, na epígrafe de «Idioma do exame», se o texto do exercicio deberá de se entregar en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, o aspirante non poderá modificar a opción.
 

TRASLADOS ABERTOS E PERMANENTES MÉDICOS DE FAMILIA

traslados_sergasRESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inician os prazos de cesamento e toma de posesión do concurso de traslados aberto e permanente correspondente ao ano 2019, na categoría de médico/a de familia de atención primaria.
Descargar PDF

Por necesidades organizativas e co obxecto de preservar o normal funcionamento das institucións sanitarias no proceso de incorporación dos/das profesionais como consecuencia da resolución deste proceso, os/as profesionais que estean a prestar os seus servizos no Sistema Público de Saúde de Galicia cesarán o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do novo destino obtido debe efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde, no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Non disporán de ningún dos prazos posesorios sinalados aqueles/as adxudicatarios/as de praza no concurso que xa viñesen ocupando praza con carácter definitivo no mesmo centro de destino ou en virtude de comisión de servizos ou reingreso provisional.

No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente,

 

PREVISIÓNS PRÓXIMAS PUBLICACIÓNS LISTAS DE CONTRATACIÓN

info_listas_contratacin
Xaneiro
Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as e baremación provisional das categorías:

  • Albanel, carpinteiro/a, celador/a, cociñeiro/a, costureiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, lavandeiro/a, pasador/a de ferro, perruqueiro/a, pinche e telefonista.


Febreiro

Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as e baremación provisional das categorías de:

  • Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e técnico/a en farmacia.


Marzo:

Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as e baremación provisional das categorías de:

  • Enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista en enfermería pediátrica, enfermeiro/a especialista de saúde mental, enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, médico/a de familia, médico/a de urxencias hospitalarias, pediatra de atención primaria e persoal de servizos xerais.



Listas definitivas de admtidos/as e excluídos/as e baremación definitiva das categorías de: 

  • Albanel, carpinteiro/a, celador/a, cociñeiro/a, costureiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, lavandeiro/a, pasador/a de ferro, perruqueiro/a, pinche e telefonista.
 

CIG-SAÚDE ESIXE A RECUPERACIÓN SALARIAL E A CLASIFICACIÓN PARA TODAS AS CATEGORÍAS

20191105_115113

 

NOTA DE PRENSA

hospital-monforte
NOTA PRENSA ÍNTEGRA

AOS MÉDIOS DE COMUNICACIÓN CON ROGO DE PUBLICACIÓN

A sección sindical de CIG-SAÚDE no H.C. de monforte quere denunciar a eliminación do Subdirector de Xestión no hospital comarcal de Monforte de Lemos, esto supón un paso mais na nosa dependencia de Lugo.


A partir de agora toda a xestión pasará a levarse dende o HULA quedando Monforte sempre a expensas do que alí decidan.

Os únicos directivos que quedarán en Monforte, serán o Xerente Executivo e a Subdirectora de Enfermería.

A figura do Subdirector de Xestión, aparte de xestionar os cartos e as obras que se produciran no hospital, era tamén a encargada do persoal non sanitario polo tanto calqueira problema que xurda teremos que tratalo en Lugo ca dificultade que esto supón.

Este problema xa o denunciamos no momento no que saíu o decreto de Xestión Integrada, unha das cousas que contemplaba era a desaparición das subdireccións de xestión dos hospitáis comarcáis. Chamáronnos alarmistas pero o final por desgracia cumpríuse o que nós deciamos.

Outro pasiño mais para rematar co noso hospital.

Vicente Vázquez Vázquez, responsable local de CIG-SAÚDE no hospital.


Monforte 4 de novembro de 2019

Nota prensa A Voz de Galicia
Nota prensa Xornal de Lemos
Nota prensa Diario de Lemos
Avantar

 

PERMISO ELECCIÓNS 10-N

ORDE do 18 de outubro de 2019 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia, nas eleccións convocadas para o día 10 de novembro de 2019 polo Real decreto 551/2019, do 24 de setembro, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de eleccións
Descargar PDF

elecciones_10n

 

PRÓXIMAS PUBLICACIÓNS DE TRASLADOS MÉDICOS DE FAMILIA E NOMEAMENTO DE VARIAS CATEGORÍAS

log_dogInfórmase que está previsto que o luns, 11 de novembro se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se inician os prazos de incorporación do concurso de traslados da categoría de médico de familia.

Os/as profesionais que resulten adxudicatarios/as de destino neste proceso e estean a prestar servizos no Sistema Público de Saúde de Galicia cesarán o primeiro día hábil seguinte a esta publicación, iniciándose a partir do día seguinte a este os correspondentes prazos posesorios.

Infórmase así mesmo que o martes, 12 de novembro publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución de nomeamento dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo das categorías de médico/a de familia, técnico/a superior en documentación sanitaria, enxeñeiro/a técnico/a, grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa.

Os aspirantes que obtivesen destino neste proceso dispoñen do prazo dun mes para a súa incorporación, que se inicia o día seguinte ao da súa publicación.

 

FINALIZACIÓN FASE OPOSICIÓN CELADORES

ope_informa_logo_grandeRESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018
Descargar PDF

 

BORRADOR PRAZAS ACOMODOS INTERNOS

E20191029_14323720191029_143211e


Este é o borrador das prazas ofertadas para os acomodos internos.Ainda non é definitivo.

 

PUBLICACIÓN DECRETO DISTRITOS: NOVO ORGANIGRAMA DA NOSA EOXI

O venres 25/010/2019 publicouse o DECRETO 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia.
¿Que significa para a nosa EOXI e o noso Distrito de Monforte? Cambios no organigrama organizativo.

Dirección do Distrito Sanitario de Monforte de Lemos.

  • Contará cunha Subdirección de Enfermaría.


Dirección do Distrito Sanitario: Funcións

1. Nos casos determinados nos anexos deste decreto, á fronte da atención sanitaria do distrito sanitario estará un director ou directora. Deberá ser licenciado/a universitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior. O seu nomeamento e cesamento produciranse por orde da persoa titular da Consellería de Sanidade.
2. Son funcións da Dirección de Distrito as seguintes:
a) Será responsable da execución das directrices e proxectos establecidos para o seu ámbito.
b) Xestionar a demanda asistencial tanto de atención primaria, como hospitalaria, como sociosanitaria do distrito sanitario, baixo a coordinación da dirección asistencial da xerencia da área.
c) Desenvolver os procesos asistenciais integrados entre atención primaria e atención hospitalaria.
d) Asumir, no seu respectivo ámbito, a responsabilidade do cumprimento dos acordos de xestión asinados anualmente cos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde.
e) Asumir, no seu respectivo ámbito, a responsabilidade da xestión de todos os recursos asignados ao seu ámbito de competencias para garantir a prestación dos servizos definidos na carteira de servizos.
f) Executar os plans de calidade, seguridade e atención á cidadanía no seu respectivo ámbito.
g) Potenciar a participación social e da cidadanía, mellorando as canles de información, e potenciando o funcionamento dos consellos de saúde do distrito sanitario.
h) Instruír en tempo e forma as reclamacións e queixas.
i) Coordinar a actividade docente que se realice nos centros da súa competencia, incluída a formación especializada, conforme as acreditacións, concertos e convenios establecidos ou que se establezan, sen prexuízo das competencias atribuídas á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
j) Impulsar e fomentar a investigación, o desenvolvemento, a innovación e a transferencia de coñecemento sanitario no seu respectivo ámbito, sen prexuízo das competencias atribuídas á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
k) Exercer calquera outra función que lle sexa delegada polos órganos competentes.
Saviao_001375
Saviao_001376

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info