gracias

OFERTA DE PRAZAS E CONOVOCATORIA DE PROBAS SELECTIVAS PARA ANO 2020 PARA FORMACIÓN SANITARIA ESPECIALIZADA

boe-logotipoOrde SCB/925/2019, de 30 de agosto, pola que se aproba la oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas 2019 para o acceso no año 2020, a plazas de formación sanitaria especializada para las titulacións universitarias de grao/licenciatura/diplomatura de Mediciña, Farmacia, Enfermería e ámbito da Psicología,  Química, Biología e Física.
PDF (BOE-A-2019-12897 - 307 págs. - 61.350 KB)

 

TRASLADOS ABERTOS E PERMANENTES 2019

traslados_sergas
Está prevista a publicación da resolución definitiva do concurso de traslados aberto e permanente coa apertura dos correspondentes prazos de cesamento e toma de posesión a finais de setembro-1ª quincena de outubro, excepto na categoría de médico de familia, na que por razóns organizativas e asistenciais e de conformidade coa previsión contida no artigo 30 do Decreto 206/2005, farase coincidir a toma de posesión deste proceso coa incorporación dos aspirantes seleccionados na ope desta categoría, prevista para o último trimestre deste ano.

 

PUBLICACIÓN PUNTUACIÓN DEFINITIVA FASE CONCURSO VARIAS CATEGORÍAS

ope_informa_logo_grandeEstá previsto que o mércores, 11 de setembro, se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se aproban as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o acceso ás categorías de:

  • Médico/a de familia
  • Grupo técnico da función administrativa
  • Grupo de xestión da función administrativa
  • Enxeñeiro/a técnico/a e técnico/a superior en documentación sanitaria

Apertura do prazo de un mes para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

 

PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS OPOSICIÓN VARIAS CATEGORÍAS

ope_informa_logo_grande
RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018, nas quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral.
Descargar PDF


RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.
Descargar PDF

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018
Descargar PDF

A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia


Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo

Ver puntuacións definitivas oposición.Premer ligazón

 

PREPARACIÓN CELGA

Para persoas que non teñan o Celga o día 20/08/2019 publicouse no DOG a resolución para cursos preparatorios para os certificados  de lingoa galega.

A Consellería de Política Lingüística na súa web ten unha plataforma para preparación online dos alumnos que queiran presentarse  a estes exames. Ven subdividido nos apartados de Celga 1, 2, 3 e 4 

Temarios Consellería de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Descargar Resolución DOG 02 agosto do 2019


celga_pag1

celga_pag2celga_pag3

 

DATA MÁXIMA PARA APORTACIÓN MÉRITOS/ANOTARSE NO FIDES PARA AS LISTAS DE CONTRATACIÓN

novos_mritos_31_10

 

CURSO REDUCIR IMPACTO RISCOS PSICOSOCIAIS CIG-SAÚDE MONFORTE

curso_cig_2019

 

PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS VARIAS OPE

573-18369-a-tou20saltonInfórmase que está previsto que o xoves, 5 de setembro se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se dá publicidade ás puntuacións definitivas da fase de oposición dos procesos selectivos para o acceso ás categorías de enfermeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa e celador/a (este último, nas quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral).

 

RESOLUCIÓN CARREIRA PROFESIONAL SERGAS 2020

log_dog
RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican os criterios de avaliación que se aplicarán no ano 2020 para acceder aos graos I a IV de carreira profesional
Descargar PDF

Na convocatoria para acceder aos graos I a IV de carreira profesional, que se executará no ano 2020, aplicaranse os criterios de avaliación que figuran como anexo IV do Acordo de carreira profesional (DOG núm. 144, do 30 de xullo de 2018), coas seguintes adaptacións:

  • Para o persoal licenciado sanitario: a participación nos obxectivos asistenciais e o seu cumprimento, referiranse aos exercicios 2015 a 2019.
  • Para todos os colectivos: valoraranse as actividades realizadas pola persoa solicitante entre o 1 de xaneiro de 2015 e o día inmediatamente anterior ao da publicación, no Diario Oficial de Galicia, desa convocatoria correspondente ao ano 2020.


Desas actividades, que figuran relacionadas nas letras a) a i) do anexo IV, descontarase a contía (de horas de formación, anos de supervisión...) que xa foi aplicada anteriormente, dun modo efectivo e necesario, para acadar unha avaliación positiva e o conseguinte recoñecemento de grao.

Descargar DOG núm. 144, do 30 de xullo do 2018 (ORDE do 20 de xullo de 2018 pola que se publica o Acordo sobre as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas a esta consellería e ao dito organismo

 

CARREIRA PROFESIONAL INTERINOS. ACORDO FUNCIÓN PÚBLICA DE GALICIA

xunta_de_galiciaO acordo de Función Pública, para o persoal do SERGAS só é de aplicación o punto 5

Neste acordo establecese un sistema excepcional de encadre para o persoal interino que a teña 5 anos de antigüidade a 31 de decembro de 2019.

O pago deste complemento será en 4 anualidades, 2020 a 2003, 25% cada ano.

O SERGAS ten que convocar unha reunión para aprobar isto. Como CIG-SAÚDE temos que esixir que este acceso sexa nas mesas condicións que temos asinado na nosa carreira para todo  persoal estatutario.

Destacar que queda moito que negociar sobre este tema. Irémosvos informando

Descargar Acordo Función Pública


 

PUBLICACIÓN NO DOG CRITERIOS DE AVALIACIÓN CARREIRA PROFESIONAL ANO 2020

573-18369-a-tou20saltonInformamos que mañá día 22/08/2019 , por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, publicaranse no DOG os criterios de avaliación que se aplicarán no ano 2020 para acceder aos graos I a IV de carreira profesional.

Son os acordados na reunión da comisión de seguimento do 28 de xuño, e ratificados na mesa sectorial o 19 de xullo.

 

ORZAMENTOS GALICIA 2020: RECUPERACIÓN SALARIAL PERSOAL SERGAS

Descargar Acordo Retributivo 1992 PRD (complemento de penosisidade, responsabilidade e dificultade)


orzamentos_2020_1
orzamentos_2020_2
feijoo_persoa_non_grata

 

FIRMA PÓLIZA SEGURO DE VIDA E ACCIDENTES DOS TRABALLADORES DA XUNTA DE GALICA

573-23090-a-monopatinFunción Pública informa con este díptico ao seu persoal sobre a póliza de vida/ accidente, así como a indemnización económica. 

Descargar díptico resumo Consellería de Facenda

Descargar Póliza suscrita
Descargar diferentes pólizas suscritas pola Xunta de Galicia

 

ACTUALIZACIÓN LISTAS CONTRATACIÓN VARIAS CATEGORÍAS

info_listas_contratacin
RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as  os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario:

  • Enxeñeiro/a técnico/a
  • Grupo de xestión da función administrativa
  • Grupo técnico da función administrativa
  • Técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais
  • Técnico/a superior en prevención de riscos laborais
  • Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información
  • Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.

Descargar PDF
Ver ligazón

 

RESUMEN MESA SECTORIAL 19/07/2019

orzamentos_2020_mesa_sectorial

 

ORZAMENTOS 2020. PETICIÓN RECUPERACIÓN SALARIAL

mesa_sectorial__19_07_19_1

 

REMISIÓN DOCUMENTACIÓN SERGAS CARREIRA PROFESIONAL MESA SECTORIAL 19/07/2019


573-47409-a-libroO venres 19 de xullo de 2019 celebrouse Mesa Sectorial e o SERGAS remitiunos o Acordo da comisión de seguimento do Acordo de carreira profesional

Reseñar que na convocatoria para acceder aos graos I a IV de carreira profesional, que se executará no ano 2020, aplicaranse os criterios de avaliación que figuran como ANEXO IV do Acordo de carreira profesional (DOG do 30 de xullo de 2018), coas seguintes adaptacións:

  • Para o persoal licenciado sanitario: a participación nos obxectivos asistenciais, e o seu cumprimento, referirase aos exercicios 2015 a 2019.
  • Para todos os colectivos: valoraranse as actividades realizadas pola persoa solicitante entre o 1 de xaneiro de 2015 e o día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia
 

ACTUALIZACIÓN LISTAS CONTRATACIÓNS VARIAS CATEGORÍAS

listas_contratacinInfórmase que está previsto  que o martes, 23 de xullo,  se publiquen as listas provisionais de selección temporal das categorías de :
Enxeñeiro/a técnico/a

  • Grupo de xestión da función administrativa
  • Grupo técnico da función administrativa, técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais
  • Técnico/a superior en prevención de riscos laborais
  • Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información
  • Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información
  • Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información
 

NOMEAMENTO CONTRATO PRECARIXS ENFEMERÍA

Mesa-Sectorial-contrato-precario-enfermeiras-190719_1

 

APROBADO NO DOG CONSELLO TÉCNICO DE ATENCIÓN PRIMARIA

log_dog
ORDE do 8 de xullo de 2019 pola que se crea e se regula a composición, funcionamento e organización do Consello Técnico de Atención Primaria.
Descargar PDF

 

O COMITÉ DE FOLGA PACS FOI QUEN DESCONVOCOU A FOLGA

pacs_en_folga

Se desconvocou a folga por que asi llo aceptou o comite ao SERGAS, sen consulta as/os traballadoras/es.

Como podedes comprobar na acta asinada onte, encargamonos de que se incluise na redacción, que os sindicatos desconvocabamos a folga, que son os que temos competencia para convocar e desconvocar, coa conformidade do comité de folga.
Descargar acta fin de Folga nos Pacs
FIN_DE_CONFLITO_PACs-18072019_1

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info