gracias

PREVISIÓNS PUBLICACIÓN LISTAS DE CONTRATACIÓN

publicaciones_13_02

 

TRASLADOS PERSOAL LEI 17/1989

traslados_lei_17_1989

 

VOLVEN AS CONCENTRACIÓNS NO HOSPITAL DE MONFORTE

Hoxe o Comité de Folga do Hospital de Monforte celebrou ás 12:00 unha concentración na entrada do Hospital de Monforte para protestar polos acordos non cumplidos polo Xerente cando se asinou a acta de fin de folga no H.C.M.

Queremos darvos as grazas a todos os que viñestes e tamén agradecervos aos que no puidestes baixar xa que a carga de traballo non volo permitía facer.

Tamén mostrar a nosa ledicia a que asistentes que non eran traballadores do Hospital se sumaran a nosa concentración.

MOITAS GRAZAS A TODOS

Ver ligazón Xornal de Lemos

Ver ligazón Diario de Lemos

concentraciones_martes_hospi

20190212_143138

20190212_143217

 

CONCENTRACIÓNS EN ATENCIÓN PRIMARIA NA COMARCA DE LEMOS

Os traballadores do Centro de Saúde de Chantada nos remitiron as fotos que fixeron hoxe na Concentración en Defensa da Atención Primaria. Animámosvos a todos a facelas. Son todos os martes ás 12:00 horas e ás 18:00 horas os traballadores que estades en quenda de tarde.

chantada_1

chantada_2

 

CURSOS ONLINE CIG-SAÚDE

oferta_formativa

celador

cocina

comunicacin_con_familia

comunicacin_con_pacientes

do_infantil

dolo_cig

 

ACTA COMITÉ DE FOLGA PACS 05/02/2019

pacs_en_folga

Estes días CIG-SAÚDE Monforte fixo unha rolda de visitas polos Pacs para informarvos da reunión do 05/02 e saber o que pensabades na nosa Comarca e recoller as impresións e queixas que podíades ter para transmitirllas a CIG-SAÚDE Central.

Aínda que na acta pon que se convoca ao Comité de Folga o 11/02 esta data foi cambiada para o 13/02 ás 17:00 horas. Como poderedes ver o que aconteceu na reunión celebrada o 05/02 correspóndese co que vos informamos a semana pasada.

Se tedes calqueira dúbida podedes poñervos en contacto connosco

Descargar acta Comité de Folga co SERGAS 05/02/2019

 

 

ASAMBLEA INFORMATIVA PACS

pacs_en_forlga_12_02_lugo

 

RESPOSTAS DEFINITIVAS E PUNTUACIÓN PROVISIONAL OPE

ope_informa_logo_grande

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de técnico/a superior en documentación sanitaria, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Descargar PDF

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018

Descargar PDF

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018

Descargar PDF

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Descargar PDF

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á sede do tribunal para efecto de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Ver ligazón

 

 

CANTO DO IMNO GALEGO POR MILLEIROS DE PERSOAS

bandera
¡Que bonito é escoitar o imno galego cantado por milleiros de persoas!

Ver enlace Facebook

 

GRAZAS POR ACUDIR Á MINIFESTACIÓN DO 10/02/19 EN DEFENSA POLA SANIDADE PÚBLICA

Queremos darvos as grazas a todos os que acudistes á Manifa de hoxe en Santiago. E tamén estamos agradecidos aos que non puidestes vir pero apoiades a defensa da nosa sanidade pública. Grazas a todos

1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13

 

PRESTACIÓN ECONÓMICA POR COIDADO DE MENORES AFECTADOS POR CANCRO OU OUTRA ENFERMIDADE GRAVE

boe-logotipoOrde TMS/103/2019, de 6 de febrero, pola que se modifica o anexo del Real Decreto 1148/2011, de 29 de xullo, para a aplicación y desenrolo, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica polo coidado de menores afectados polo cancro ou outra enfermidade grave e se aproba o modelo de declaración médica sobre a necesidade de coidado continuo do menor.
PDF (BOE-A-2019-1691 - 10 págs. - 329 KB) 

 

COMUNICADO COMITÉ DE FOLGA DO HOSPITAL DE MONFORTE

comit_de_folga_07_02

 

NOTA DE PRENSA COMITÉ DE FOLGA HOSPITAL DE MONFORTE

foto_hospiO día 06/01 a Xerencia do Hospital convocou ao Comité de Folga do Hospital de Monforte para unha reunión. Unha hora antes os sindicatos recibiron un correo notificando que quedaba anulada e establecendo unha nova cita para o luns 11

Para os convocantes parécenos unha falta de respeto que se suspenda unha reunión solicitada hai 5 días, unha hora antes de producirse, e  aínda lles parece peor tardar outros 5 días en volver a citalos, tendo en conta os graves asuntos a tratar. É por iso que decimos remitir unha nota de prensa aos medios.

Os sindidatos lembran que non se están cumprindo os acordos de fin de folga, que eran:

  • Contratación dunha TCAE a maiores para reforzar as plantas cando sexa necesario
    • Contratación do celador durante os tres días de máxima actividade en ciruxía
    • Contratación do prometido especialista de dixestivo
    • Solucionar a marcha dun médico rehabilitador debido aos contratos precarios que se lle facían.
    • Mantemento dos contratos cada dous meses aos especialistas, na vez de facer contratos de interinidade.
    • Cese da subdirectora de enfermaría.
    • Contratación dun técnico de laboratorio para o servizo de urxencias.

 

Nesta situación, CCOO, UGT, PROSAGAP E CIG-SAÚDE retoman as concentracións, será os martes ás 12.00 na entrada principal do Hospital e animan á veciñanza a participar “na defensa do noso hospital"

Audio entrevista Onda Cero Monforte. Escoitar audio minutos 0:00:45 a 0:23:48
Ver nota de prensa Xornal de Lemos
Ver nota de prensa Diario de Lemos
IMG_20190207_111713_968

 

NOTA PRENSA TRABALLADORES CENTRO SAÚDE E PAC DE CHANTADA

Ver noticia Xornal de Lemos
Ver noticia Diario de Lemos

ESCAIRON_07022019_085052

 

RESPOSTAS DEFINITIVAS OPE

20190206_105145

 

BORRADOR PRESENTADO NA REUNIÓN 05/02/2019 ENTRE O COMITÉ DE FOLGA E O SERGAS

pacs_en_folga
Hoxe celebrouse a reunión entre o Comité de Folga de Pac´s e o SERGAS.
Deixámosvos o enlace do borrador por se queredes presentar alegacións.
Premer ligazón

 

INFORMACIÓN REUNIÓN 29/01/2019 PAC´S EN FOLGA CO SERGAS

pacs_en_folga

O día 19/01/2019 celebrouse unha reunión entre o SERGAS e o Comité de Folga dos Pac´s en guerra. O martes día 5 de febreiro está convocada unha nova reunión de PACs para aceptar, ou non, a proposta do SERGAS e asinar a acta de fin de conflito

Oferta que presenta a Admón:

  • Cobro de dúas dietas nas xornadas de 24 hs; xantar e cea.
  • Dotación de uniformes e de equipos de protección individual (EPIS) Os EPIs terían as mesmas condicións técnicas que as do persoal do 061. Lavados de uniforme con axilidade.
  • Pago do 20% pendente de cobrar dos conceptos de atención continuada. Insisten en que este ano a consellaría de  facenda non lles autoriza máis gasto. Desde CIG-SAÚDE propuxemos que unha parte debería ser abonada no ano 2019, para iso teñen os fondos de continxencias.
  • Os temas de asistencia que estaban na táboa propuxeron abordalos no contexto do novo proxecto de atención primaria. Que dixo o conselleiro que na segunda volta vai convocar ás organizacións sindicais.
  • Xornada: cómputo de xornada en permisos e .I.T. Trouxeron unha presentación informática para facernos a demostración da súa proposta. O SERGAS propón incorporar un elemento corrector de 3,77hs nas xornadas de 17 hs cando xs traballadorxs solicite un permiso, este elemento corrector  incrementarase nas xornadas de 24 hs para que teña efecto neutro no computo de xornada, e así non se retrasa o cobro da complementaria. Est
  • Os temas de asistencia que estaban na táboa propuxeron abordalos no contexto do novo proxecto de atención primaria. Que dixo o conselleiro que na segunda volta vai convocar ás organizacións sindicais.
  • Xornada: cómputo de xornada en permisos e .I.T. Trouxeron unha presentación informática para facernos a demostración da súa proposta. O SERGAS propón incorporar un elemento corrector de 3,77hs nas xornadas de 17 hs cando xs traballadorxs solicite un permiso, este elemento corrector  incrementarase nas xornadas de 24 hs para que teña efecto neutro no computo de xornada, e así non se retrasa o cobro da complementaria.
  • Os temas de asistencia que estaban na táboa propuxeron abordalos no contexto do novo proxecto de atención primaria. Que dixo o conselleiro que na segunda volta vai convocar ás organizacións sindicais.
  • Xornada: cómputo de xornada en permisos e .I.T. Trouxeron unha presentación informática para facernos a demostración da súa proposta. O SERGAS propón incorporar un elemento corrector de 3,77hs nas xornadas de 17 hs cando xs traballadorxs solicite un permiso, este elemento corrector  incrementarase nas xornadas de 24 hs para que teña efecto neutro no computo de xornada, e así non se retrasa o cobro da complementaria

tabla_pacs

 

PREVISIÓNS DATAS EXAMES OPE

previsin_a_05_02

 

OPE CELADORES

573-23090-a-monopatinInformación chegada do SERGAS.

 

Infórmase das datas e lugar de celebración dos exercicios da fase de oposición para o acceso á categoría de celador/a:

 

 

- Sábado, 9 de marzo: Quenda de discapacidade intelectual (1º exercicio)

- Domingo, 10 de marzo: Quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral (1º-2º e 3º exercicio)

 

 

 

CONCENTRACIÓN AS 12:00 H. E 18:00H OS MARTES NA PROVINCIA DE LUGO DIANTE DOS C.S, CONSULTORIOS E PACS

AGAMFEC-SEMPYC promoveu paros diante dos Centros de Saúde, Consultorios e Pac's en demanda de non máis recortes na Atención Primaria. Se vos queredes sumar colgamos o cartel

Para colgar as vosas fotos de concentracións Premer ligazón

cartel_concentraciones

 

APROBADO NO DOG CONTRATO PERSOAL ESTATUTARIO EVENTUAL DE CONTINUIDADE

logo_dogaCIG-SAÚDE non asinou o novo contrato de nomeamento estatutario eventual de continuidade. Os nosos motivos foron que é un contrato abusivo e nós non queremos iso para os traballadores.

Ver ligazón por que non asinamos acordo. Premer

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación das bases do nomeamento estatutario eventual de continuidade.
Descargar PDF

O persoal que opte por estes nomeamentos estará obrigado a atender a cobertura das necesidades que se xeren no ámbito contemplado no nomeamento.

Os nomeamentos previstos neste acordo ofertaranse ao persoal das categorías de médica/o de familia de atención primaria e pediatra de atención primaria.

A realización destes nomeamentos poderá estenderse a outras categorías profesionais, logo de negociación oportuna coas organizacións sindicais

O réxime de prestación de servizos do persoal vinculado por estes nomeamentos estenderase a dous ou mais centros do mesmo distrito sanitario.

Só excepcionalmente, cando así se xustifique especificamente por razóns xeográficas e do número de persoal do centro, poderá valorarse a realización de funcións nun único centro do distrito.

Teranse en conta para a determinación da necesidade e número dos nomeamentos, soamente as necesidades coxunturais que se produzan a consecuencia de actuais ou posibles ausencias do persoal nos centros valorados derivadas de vacacións, licenzas, permisos, así como incapacidades temporais e outras ausencias imprevisibles cuxa duración sexa ou se prevexa inferior a 15 días.

A vinculación dos profesionais efectuarase a través das listaxe de longa duración da correspondente categoría, derivadas do vixente Pacto de selección temporal de persoal estatutario do sistema sanitario público de Galicia

O persoal vinculado por este tipo de nomeamento permanecerá como dispoñible nas listas para a cobertura de nomeamentos de interinidade en praza vacante,podendo optar durante o tempo do seu nomeamento eventual, por unha soa vez, a unha oferta desas características

A duración do nomeamento será de 12 meses e poderá ser obxecto de sucesivas prórrogas, de ata 12 meses, cando persistan as causas que o motivasen, ata unha duración total máxima de 3 anos.

Á finalización dos nomeamentos, se a prestación dos servizos se estendese por un período acumulado de 12 ou máis meses nun período de dous anos, procederá ao estudo das causas que o motivaron, para valorar, se é o caso, se procedese á creación de prazas estruturais.

Xornada de traballo:

  • A xornada de traballo non poderá exceder as 48 horas semanais de media en cómputo semestral
  • As carteleiras de traballo deste persoal iranse confeccionando en función das necesidades asistencias polo órgano competente do centro no que en cada momento se presten os servizos. Procurarase que este persoal teña fixado mensualmente, como mínimo, o sesenta por cento da carteleira.
  • As/os médicas/os de familia vinculadas/os por este tipo de nomeamento para prestar servizos en unidades e/ou servizos de atención primaria realizarán gardas nos puntos de atención continuada de referencia dos centros asignados no seu nomeamento que, de ser necesario, lle sexan asignadas pola respectiva xerencia, realizando unha media de dúas gardas ao mes, procurando a equidade na distribución destas.
  • O persoal terá garantido o réxime de descansos, permisos e vacacións que establece o Estatuto marco e demais normativa de aplicación. O desfrute de permisos e vacacións será coordinado pola xerencia de xestión integrada.
  • Na programación da actividade deste persoal, incluída a prestación nos sábados pola mañá, procurase un tratamento equitativo co resto do persoal.


Retribucións

  • O persoal eventual con nomeamento de continuidade percibirá as retribucións correspondentes ás categorías que teñan atribuídas as funcións que se desenvolvan. Se é o caso, os factores do complemento de produtividade fixa aboaranse tendo en conta a media do dito complemento nos centros sanitarios valorados no seu nomeamento.
  • Tamén percibirá as contías que se deriven do grao de cumprimento de obxectivos
 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info