gracias

CONVOCATORIA XUNTA SUBALTERNOS E ORDENANZA

xunta_de_galicia

ORDE do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

Descargar PDF

ORDE do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Descargar PDF

O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG)

 

RESUMO PROCEDEMENTO CONVOCATORIA PSX

ope_informa_logo_grande
Prazo de presentación solicitudes: do 15 de marzo ata o 30 de abril de 2019, ambos inclusive. O formulario de inscrición atópase no FIDES no apartado de Procesos.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición

Como novidade no formulario de inscrición, inclúese a verificación automática de determinados requisitos, sen necesidade de ter que aportalos en papel. Tal é o caso de:

  • DNI ou NIE.
  • Certificado de discapacidade emitido na Comunidade Autónoma.
  • Desempregados/as de máis de 6 meses a nivel estatal.
  • Condición de familia numerosa recoñecida na Comunidade Autónoma.


No caso de que non se queira autorizar dita verificación terase que marcar esa opción na inscrición, e daquela presentará en papel toda a documentación.

O resto de requisitos teranse que aportar fisicamente (título, pasaporte...).

Taxas:
25,81 euros. O/a solicitante poderá facer efectivo o pagamento da taxa desde Fides/expedient-e, habilitándose un enlace directo ao sistema de pagamento lectrónico de taxas da Consellería de Facenda


Exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición:

  • As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
  • As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Bonificación do 50 % á inscrición solicitada:

  • Polas persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.
  • Polas persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou ubsidio por desemprego

Méritos: valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación da convocatoria no DOG.

Puntuación específica polo exercicio de dereitos de conciliación:
Polo exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ata o máximo de 0,5 puntos:

  • Licenza por maternidade: 0,2 puntos/licenza.
  • Permiso de paternidade: 0,2 puntos/permiso.
  • Redución de xornada por motivos familiares: 0,2 puntos. Para estes efectos, só se computará unha redución por ano e tomarase como data de referencia a data do seu inicio. No suposto de que o seu desfrute se estendese na anualidade seguinte á de inicio, computarase como unha soa redución.
  • Excedencia por coidado de fillos e familiares: 0,02 puntos/mes.

Poderán presentarse:

  • Por rexistro electrónico (requirirase un certificado dixital válido: FNMT,DNI electrónico ou Camerfirma)
  • De forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde
  • A través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Exento/a da realización do exercicio de lingua galega: estar en posesión do Celga 3, curso de iniciación ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia

O/a aspirante deberá seleccionar no formulario electrónico de inscrición o idioma, galego ou castelán, en que desexa que se lle facilite, na data de exame, o cuestionario de preguntas da parte común e específica da fase de oposición
Reparto_PSX

 

FOLGA 8M

photo

O pasado 08/03/2019 celebrouse a Día Internacional da Muller. En Monforte celebráronse varios actos en conmemoración na loita dos nos dereitos na procura dun mundo en Igualdade.
Dar as grazas a todxs os que participastes nestes actos, tanto na Manifa como os que fixestes folga, aos que fixestes mínimos como aos que non fixestes mínimos... O importante es que estives ahí apoiándonos... Algún día conseguiremos un mundo en Igualdade
MOITAS GRAZAS A TODXS.

Ver vídeo 8M. Rap Alexandra Pérez. Concello de Monforte de Lemos 

1
2
4
5

6
6_1
8
8_1
9
10
11

 

MESA SECTORIAL 12/03/2019

logo_sergas
O 12/03 vaise celebrar a Mesa Sectorial. Entre os puntos destacar: 

  • Proxecto de decreto de oferta de emprego público de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde {2019).
  • Proxecto de decreto polo que se regulan as Áreas Sanitarias e os Distritos Sanitarios do Sistema Público de Saúde de Galicia.
  • Ratificación do acordo adoptado o 18 de febreiro de 2019 no seo da Comisión Central de Seguimento do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema Público de Saúde de Galicia
  • Concurso de traslados aberto e permanente: oferta de destinos 2019.
 

CADRO PROVISIONAL PRAZAS TRASLADOS ABERTOS E PERMANENTES

traslados_sergas
O día 12/03/19 celebrarase Mesa Sectorial. O SERGAS presentou estos cadros de prazas para os traslados abertos e permanentes

  1. Descargar cadro provisional de Facultativos Especialistas 
  2. Descargar cadro provisional de Facultativo AP-AE
  3. Descargar cadro provisional de Persoal Sanitario Non Facultativo
  4. Descargar cadro provisional de Persoal de Xestión e Servizos
 

ÁREAS LIMÍTROFES PACTO DE CONTRATACIÓNS

listas_contratacin
Descargar documento áreas limítrofes

 

ORDE PARA AXUDAS ECONÓMICAS PARA MENORES DE 12 ANOS BONO COIDADO 2019

dibujo_nios_programa

EXTRACTO da Orde do 25 de febreiro de 2019 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono Coidado e se convocan para o ano 2019.

Descargar PDF

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso para cubrir as necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e das responsabilidades familiares que se produzan entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de novembro de 2019 (código de procedemento BS412A), así como realizar a súa convocatoria

 

MODIFICACIÓN ESTATAL PERMISO DE PATERNIDADE

logo_igualdade

Varias persoas nolo preguntaron e por iso decidimos facer este post na web como nota aclaratoria.

O pasado 01/03/2019 o Consello de Ministros aprobou a modificación do permiso de paternidade. Queremos recalcar que é unha normativa estatal e non será aplicable ao persoal da Xunta ata que sexa aprobado polo Consello da Xunta e publicado en DOG.

O Real Decreto-Lei amplía os permisos por nacemento e coidado do menor para equiparar progresivamente a ambos proxenitores. Para o progenitor distinto á nai biolóxica prevese a ampliación a 16 semanas.

Nas disposicións transitorias do Real Decreto-Lei prevese que a ampliación será gradual:

  • 2019 ata as 8 semanas
  • 2020 ata as 12 semanas
  • 2021 ata as 6 semanas

Descargar Consello de Ministros de 01/03/2019

Descargar BOE REAL DECRETO-LEI DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES NO EMPREGO

 

OPE PSX

psx_foto

 

OPE PSX

·        RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais.

Descargar PDF

 

 

SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA 8 DE MARZO


ORDE do 1 de marzo de 2019 pola que se determinan os servizos mínimos, no ámbito da asistencia sanitaria, durante as folgas convocadas para o día 8 de marzo de 2019.
Descargar PDF

8_MARZO

 

CURSOS CIG SAÚDE COSTALUGO

Inscríbete en https://costalugoformacion.com/cursos-saude/

Prezos con desconto para afiliados/as
novos_cursos_abril20190305_curso_violencia_de_xnero

 

OPE'S XUNTA

xunta_de_galicia
OPE XUNTA

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de febreiro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial.
Descargar PDF

ORDE do 28 de febreiro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Descargar PDF

ORDE do 28 de febreiro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.
Descargar PDF

ORDE do 28 de febreiro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Descargar PDF

 

LISTAS DE CONTRATACIÓN DA XUNTA

xunta_de_galicia
RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas ou especialidades.
Descargar PDF

As persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 15 de xullo deste ano (anexo III).

O estado, aberto ou pechado para a incorporación de novas solicitudes, en que se atopa cada lista poderá consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de "Listas de contratación"

 

RISGA 2019

xunta_de_galicia
DECRETO 14/2019, do 31 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social.
Descargar PDF

De conformidade co establecido no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, e neste decreto, para a valoración técnica da situación ou risco de exclusión social, verificarase a ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión seguintes, cando esa condición supoña especial dificultade de integración social ou laboral:

  • Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas.
  • Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de substancias adictivas ou de calquera outra adicción que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante.
  • Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.
  • Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.
  • ter unha discapacidade recoñecida superior ao 33 %.
  • Ser inmigrante ou emigrante retornado/a.
  • Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.
  • Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaria.
  • Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.
  • Pertencer a unha minoría étnica.
  • Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de tráfico de persoas. Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.
  • Calquera outro factor non previsto expresamente neste artigo sempre que, ponderado polo traballador ou traballadora social de referencia dos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral. Esta ponderación poderá ser tamén obxecto de avaliación por parte do persoal técnico de inclusión e das unidades técnico-administrativas de apoio ao órgano de resolución
 

INFORMACIÓN MESA SECTORIAL DE 01/03/2019

psx_01_03_19
INFORMACIN_MESA_SECTORIAL_01_03

 

DOCUMENTO PRESENTADO EN COMISIÓN TÉCNICA DE SEGUIMENTO DA CARREIRA PROFESIONAL A 11/12/2018

573-18546-a-mediotouchiscando1

O día 11/12/2018 celebrouse a Comsión Técnica de Seguimento da Carreira profesional e o SERGAS presentou a seguinte información. Nel mostra o baremo proposto pola administración. É un borrador e está pendente de remitir co documento definitivo. Recalcar que aínda estamos nunha negociación. Iremos informándovos

Descargar documento

 

COMISIÓN TÉCNICA DE SEGUIMENTO CARREIRA PROFESIONAL 26/02/2019

Hoxe celebrouse a Comisión Técnica de Seguimento da Carreira profesional e a Administración presentou esta documentación. Queremos destacar que é un borrador suxeito a modificacións e periodo de alegacións

carrera_profesional_26_02

 

FOLGA 8 DE MARZO

8_MARZO

 

CONCENTRACIÓNS NO HOSPITAL E NOS CENTROS DE SAÚDE

 

hospital_1

hospital_2

chantada_1

chantada_2

 

CONVOCATORIA XUNTA AUXILIARES DE CLÍNICA

xunta_de_galicia
ORDE do 20 de febreiro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Descargar PDF

O obxecto do proceso selectivo será cubrir trescentas cinco (305) prazas da escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, polas quendas de acceso libre e promoción interna. Resérvanse setenta e seis (76) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna.
As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

O sistema selectivo é o de concurso-oposición


Rreservaranse da quenda de acceso libre vinte e unha (21) prazas para ser cubertas por persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33 %

O modelo de solicitude estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»-«Procesos selectivos»-«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos», en dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) ou DNI electrónico. Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán consignar todos os datos que aparecen na pantalla e, posteriormente, validalos e confirmalos.

O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info