gracias

INFORMACIÓN OPE

·         RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 21 de maio de 2019.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria, convocado mediante a Resolución do 21 de maio de 2019.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado mediante a Resolución do 21 de maio de 2019.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica, convocado mediante a Resolución do 3 de maio de 2019.

Descargar PDF

 

 

INFORMACIÓN OPE PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS

facebook_1577493724600Infórmase que está previsto que o mércores, 19 de febreiro, se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se dá publicidade ás puntuacións definitivas da fase de concurso e á relación de aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o acceso ás categorías de:

Enfermeiro/a
Grupo auxiliar da función administrativa
Celador/a (todas as quendas).


Coa publicación desta resolución ábrese o prazo de un mes para que os/as aspirantes seleccionados/as presenten a documentación que nela se indica. Este prazo finaliza o 20 de marzo.

 

 

CIG-SAÚDE MONFORTE GÁNALLE UNHA SENTENZA NO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA Á SUBDIRECCIÓN DE ENFERMERÍA DE HOSPITAL PÚBLICO DE MONFORTE

cig_juas
CIG-SAÚDE Monforte ven de gañar unha sentenza  no TSXG á Subdirección de Enfermería do Hospital Público de Monforte

A nosa Subdirectora denegou un permiso a unha traballadora eventual para asistir a un curso de formación do ACIS.

A denegación se fundou en que a recorrinte non pertencía ao cadro de persoal do SERGAS de acordo co artigo 5.4.1 do Acordo de Concertación Social do 2001

A Directiva 1999/70/CE e a xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que interpreta o principio de primacía do Dereito Comunitario comporta a inaplicación dos preceptos de Derecho interno incompatibles con aquel (así o impón a sentenza do Tribunal Constitucional 145/2012, de 2 de xullo “ao enfrentarse cunha norma nacional incompatible co Dereito da Unión, teñen a obrigación de incaplicar a disposicíon nacional, xa sexa posterior ou anterior á norma d Dereito da Unión”

A cláusula 1.a) do Acordo marco, recollido na Directiva 1999/70/CE establece que ten por obxeto, entre outros:

  • Non podrá tratarse aos traballadores cun contrato de duración determinada dunha maneira menos favorable que aos traballadores fixos comparables polo mero feito de ter un contrato de duración determinada.

 

DESPOIS DE 10 ANOS DE DENUNCIAS CONTINUADAS, REALIZADAS POLA CIG-SAÚDE, O PP AGORA VAI SOLICITAR DO GOBERNO DO ESTADO QUE ELIMINE A TAXA DE REPOSICIÓN

Screenshot_2020-02-13-14-18-20-256_com.google.android.apps.docs
Screenshot_2020-02-13-14-18-27-666_com.google.android.apps.docs

 

ACOMODOS INTERNOS

acomodos

 

ERROR NA PUNTUACIÓN HORAS NOS CURSOS EMITIDOS POR UNIVERSIDADES

573-36683-a-ollopiollopDalgunha comarca nos comentan que hai queixas coa categorización de algún curso para personal NON sanitario, emitidos por universidades nos que aparecen número de horas e créditos ECTS, e que o Sergas non llos quere catalogar polo número de horas lectivas.

Por exemplo: un curso de celador no que no certificado emitido recolle de duración 100 horas e 4 ECTS, aplícanlle os 4 créditos en lugar das 100 h, polo lo que lle recoñecen 40h de formación.

Falado co Sergas, nos din que xs afectadxs, fagan a reclamación pertinente e xa de oficio catalogan o curso polas 100 h correspondentes e se lle aplicaría a todxs xs que presenten ese mesmo curso, porque xa quedaría catalogado por horas.

 

INSCRIPCIÓNS CURSO CIG-SAÚDE MONFORTE

curso_marzo_2020

 

INSCRIPCIÓNS CURSO CIG-SAÚDE MONFORTE

curso_marzo_2020

 

INSCRIPCIÓNS CURSO CIG-SAÚDE MONFORTE

curso_marzo_2020

 

DATAS EXAMES OPE

hora_exames_febreiro_marzal_2020Está previsto que o luns, 17 de febreiro se publique no Diario Oficial de Galicia o lugar, data e hora de realización dos exercicios da fase de oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería (todas as quendas), médico/a de familia, pediatra de atención primaria, odontólogo/a de atención primaria e enfermeiro/a especialista en enfermería obstétrico-xinecolóxica.

Os exames da fase de oposición realizaranse no Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, nas datas e horario que se detallan en táboa adxunta.

Na páxina web (www.sergas.es) publicaranse as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas así como os/as aspirantes asignados a cada unha delas.

 

PUBLICACIÓN NO DOG NOVA ORDE DE NÓMINAS COA SUBIDA DO 2%

xunta_de_galiciaORDE do 29 de xaneiro de 2020 pola que se actualizan con efectos do 1 de xaneiro de 2020 a contía das retribucións do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2020.
Descargar PDF

O Real decreto lei 2/2020, do 21 de xaneiro, polo que se aproban medidas urxentes en 
materia de retribucións no ámbito do sector público (BOE do 22 de xaneiro) establece que para o ano 2020, as retribucións do persoal ao servizo do sector público non poderán experimentar un incremento global superior ao 2 % respecto ás vixentes en 31 de decembro de 2019, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo  que respecta a efectivos de persoal como á súa antigüidade.

Establece, ademais, que se o incremento do produto interior bruto (PIB) a prezos constantes en 2019 alcanzase ou superase o 2,5 % engadiríase, con efectos do 1 de xullo de 2020, outro 1 % de incremento salarial. Para un crecemento inferior ao 2,5 %, o incremento diminuíra proporcionalmente en función da redución que se produza sobre o dito 2,5 %, de maneira que os incrementos globais resultantes serán:

  • PIB igual a 2,1: 2,20 %.
  • PIB igual a 2,2: 2,40 %.
  • PIB igual a 2,3: 2,60 %.
  • PIB igual a 2,4: 2,80 %.

Este incremento será de aplicación unha vez se aprobe mediante Acordo do Consello de Ministros e se dea traslado ás comunidades autónomas.

 

RESUMO CARREIRA PROFESIONAL

Resumo_Carreira_Profesional

 

AUTOBÚS PARA A MANIFESTACIÓN

573-23090-a-monopatinComo ben sabedes o domingo día 9 hai una manifestación en Santiago na defensa da sanidade pública que se está cargtando o PP. Creo que deberíamos acudir o todos os que podamos e para elo a Pataforma en Defensa da Sanidade Publica de Monforte poñerá un autobús a vosa disposición.
Este autobús sairá cara Compostela o domingo ás 9´45  da mañá do Parque dos Condes e regresará ao rematar a manifestación. 
É COMPLETAMENTE DE BALDE.
 

CORRECCIÓN DE ERROS PORTAS OPE

573-30060-a-MOSKEAUPQNAchegámosvos os enlaces nos que podedes acceder ás correccións de erros publicadas hoxe en relación ás resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos polas que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas seguintes categorías de persoal estatutario:
 
 
 
 
- ENFERMEIRA/O ESPECIALISTA
 
 
 
- FISIOTERAPEUTA
 
 
 
- PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS (acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral)
 
  
 
 
 
 
ERROS:
 
Nos tres casos o erro afecta ás portas de acceso, polo que se procede a efectuar a seguinte corrección:
 
No punto segundo, onde di:
 
"Os/as aspirantes que participen no proceso pola quenda de promoción interna, así como os que teñan autorizada polo órgano de selección unha adaptación de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios, accederán ao recinto pola porta 0".
 
Debe dicir:
 
"Os/as aspirantes que teñan autorizada polo órgano de selección unha adaptación de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios accederán ao recinto pola porta 0".
 
 
 
Podedes acceder a toda a información relativa ás diferentes categorías a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), a onde podedes acceder premendo no seguinte enlace:
 
 
 
 
 

CIG-SAÚDE REXEITA O "PIN INFORMATIVO" QUE QUERE IMPOR O PP NA SANIDADE PÚBLICA

pin_informativo

 

LISTADO PROVISIONAL DE PUNTUACIÓNS DE MOBILIDADE INTERNA HOSPITAL PÚBLICO DE MONFORTE

Hospital-Comarcal-de-MonforteSaiu publicado no taboleiro da intranet do Hospital Público de Monforte a lista provisional de baremación de Mobilidade Interna do Hospital Público de Monforte.
hAI un prazo de quince días hábiles a contar dende mañá para formular as reclamacións que estimedes oportunas, é dicir ata o 21 de febreiro inclusive.
Premer listado de baremación

 

PANFLETO MANIFESTACIÓN 09/02/2020

CIG-apoia-Mani-SOS-9F-2020

 

LISTADOS PROVISIONAIS VARIAS CATEGORÍAS

info_listas_contratacin
RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/ as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario das categorías de:

  • Albanel
  • Carpinteira/o
  • Celadora/or
  • Cociñeira/o
  • Costureira/o
  • Grupo auxiliar da función administrativa
  • Lavandeira/o
  • Pasadora/or de ferro
  • Perruqueira/o
  • Pinche
  • Telefonista
Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles (do 1 ao 14 de febreiro de 2020) contados a partir do seguinte ao da súa publicación. As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

Descargar PDF

Ir enlace




 

PUBLICACIÓN DOG MODIFICACIÓNS SELECCIÓN PERSOAL ESTATUTARIO TEMPORAL

log_dog
RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se autorizan e se publican diversos acordos adoptados pola Comisión Central de Seguimento do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño de 2016).
Descargar PDF

 

MANIFESTACIÓN SANTIAGO 09/02/20

IMG-20200128-WA0007

 

Modificacións Pacto FEAS

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se autorizan e se publican diversos acordos adoptados pola Comisión Central de Seguimento do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño de 2016).

Descargar PDF

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info