gracias

NORMATIVA COVID-19

covid
Dende a Executiva de CIG-Saúde elaborouse este documento que recopila a normativa estatal e autonómica en materia de RRHH para facilitar a busca da información, actualizada a día de hoxe sobre o COVID-19
Descargar normativa

 

MEDIDAS ESIXIDAS POR CIG SAÚDE

Na CIG-SAÚDE vimos de presentar estas dez medidas á Xerencia


Á/A Xerente da Área Sanitaria de Monforte


Vicente Vázquez Vázquez, delegado de CIG-Saúde e membro do Comité de Seguridade e Saúde, en nome da CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA, expón:

O persoal da Área Sanitaria de Vigo desde os distintos ámbitos de traballo estamos afrontando unha nova situación derivada da pandemia de SARS-CoV-2. Ésta produciu importantes cambios no tipo de doentes aos que atendemos, novas formas de traballo, uso de EPI´s con protocolos cos que non estamos familiarizadas ou movemento entre servizos.

A toda esta situación hai que sumarlle a importante carga emocional derivada da atención aos nosos doentes, a difícil conciliación da vida familiar e laboral nesta situación de confinamento coa suspensión das clases dos nosos menores ou a preocupación de non expor aos nosos familiares. En moitas ocasións isto supón a separación das nosas familias vivindo todo isto con maior dificultade.

É importante asegurar as traballadoras o desenvolvemento do seu traballo nas condicións de seguridade necesarias.

Debemos asegurar a información nos cambios organizativos que se van producir nos distintos servizos e co distinto persoal, coa formación necesaria para coñecer a distribución, métodos de traballo e adestramento no uso correcto e colocación de EPI´s (non so on-line)

No plan específico para a Prevención de Riscos ante a exposición Laboral ao novo coronavirus (SARS-CoV-2) establécense distintas medidas de protección colectiva para eliminar ou minimizar o risco de exposición:

Entre estas establecense:

  • Reducir ao mínimo o número de persoal exposto

  • Reforzar as medidas de hixiene persoal establecendo como medida principal de prevención e control da infección a hixiene de mans.

  • As medidas de protección individual EPI adecuadas e proporcionais ao risco.

  • Intensificar a desinfección de lugares de traballo asegurando unha correcta limpeza das superficies e dos espazos(…)

Información e formación dos profesionais son fundamentais na súa protección.

  • O persoal sanitario e non sanitario de todos os servizos susceptibles de atender casos posibles ou confirmados deben recibir información, formación e adestramento adecuado e suficiente, baseados en todos os datos dispoñibeis.

Tamén se fai referencia as extratexias establecidas no “Procedemento de Actuación para Los Servicios de Prevención de Riesgos Laborales Frente a la Exposición al SARS-CoV-2” elaborado polo Ministerio de Sanidade, Ministerio de Traballo e Economía Social e o INSHT, no seu Anexo III sobre alternativas e posibles estratexias ante a escaseza de EPI en situación de crise. Deben ser avaliadas antes da súa aplicación excepcional.

Desde a CIG preocupanos, ao igual que a moitas traballadoras da Área Sanitaria, esta situación escrita nun documento do SERGAS, xa que nas distintas reunións co Comité de Seguridade e Hixiene negase reiteradamente a unha escaseza de EPI´s, malia a insistencia en trasladar a percepción que temos as traballadoras no traballo asistencial diario.

É importante, polo tanto a transparencia en canto o stock co que contamos na Área Sanitaria e no Almacén Central e a previsión de necesidades, e as alternativas que hai para aumentar un aprovisionamento axeitado.

Polo anteriormente solicitamos que:

  1. Se nos aporten semanalmente e por escrito, os datos reais do stock que contamos na Área Sanitaria tanto de EPI´s como de hidroalcol de material do SERGAS. (máscaras cirúrxicas, FPP2 e FPP3; batas impermeabeis, delantais, monos, manguitos. gafas e pantallas, luvas...).

  2. Se nos aporten semanalmente e por escrito, os datos de stock de material doado, revisado por preventiva e con uso sanitario adecuado. (hidroalcois, máscaras cirúrxicas, FPP2 e FPP3; batas impermeabeis, delantais, monos, manguitos. gafas e pantallas, luvas...).

  3. Se nos informe, no seu momento, da necesidade de aplicar medidas excepcionais, medidas que teñen que ir parellas á busqueda alternativa de recursos.

  4. Se informe de plan de continxencia a representacion legal e as traballadoras. Debemos estar informados sobre a reestructuración das distintas unidades e coñecer con tempo que unidades se verán afectadas.

  5. Formar a toda a plantilla de traballadoras que van traballar nunha unidade COVID no manexo do doente, adestramento na colocación dos EPI´s, reorganización do traballo…

  6. Realizar unha valoración psicosocial, nomeadamente de persoal de unidades COVID, para tomar as medidas organizativas necesarias de ser preciso.

  7. Realizar medidas de non exposición de persoal de unidades cunha baixa carga asistencial no momento actual, permanecendo localizadas para calquera eventualidade na unidade, realizando teletraballo ou teleformación, de ser preciso. Non se xustifica nestes momentos unha exposición innecesaria do persoal.

  8. Establecer medidas reais de conciliación en situacións excepcionais do persoal en activo, sendo este un factor importante na sobrecarga emocional do persoal.

  9. Dar a coñecer as quendas de traballo ao persoal eventual ou que se incorporan por reestructuración a outras unidades, respectando en todo caso os descansos establecidos.

  10. A contratación ate fin de emerxencia sanitaria de todo o persoal en listas de contratación de listas con problemas de cobertura (Medicos, Enfermeria, TCAE) e calquera outra que se poida convertir en deficitaria nesta nova situación.

Vicente Vázquez Vázquez

Monforte 3 de abril de 2020





a.

 

PLAN ESPECÍFICO PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS NA EXPOSICIÓN LABORAL AO NOVO CORONAVIRUS

logo_sergasRemitimos a actualización do "Plan Específico para a prevención de riscos ante a exposición laboral ao novo coronavirus (SARS-CoV-2). Versión 3".
Descargar Plan Específico Versión 3

 

INSTRUCCIÓN 10/2020 SOBRE NOVAS MEDIDAS EN MATERIA DE PERSOAL

logo_sergas
Achegamos unha nova versión (corrixida) da Instrución 10/2020 do 31 de marzo, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, sobre novas medidas en materia de persoal (aplicación da Orde SND/299/2020).

As únicas correccións son as seguintes:

  • No Anexo I faise unha mención expresa á retribución das gardas.
  • No Anexo IV figuran unhas retribucións de 1.030 € /mes.
 

INSTRUCCIÓN QUE FACULTA ÁS XERENCIAS TRASLADAR ENFERMEIRXS A TRABALLAR EN PRIMARIA A UNIDADES DE UCI, REA E QUIRÓFANOS

logo_sergas
Esta instrución faculta ás xerencias para poder trasladar ao hospital enfermeirxs que estean a traballar en primaria, e que teñan experiencia en UCI, REA e quirófanos.
Descargar Instrucción 09/2020

Ante as dúbidas expostas sobre a retribucións que percibirán o persoal de enfermería de atención primaria que en aplicación da Instrución 9/2020 dá Xerencia do Servizo Galego de Saúde, sobre medidas excepcionais de reforzo das unidade de coidados intensivo, pase a prestar servizos en hospital procede aclarar o seguinte:

1.- Manterán as retribucións correspondentes ao posto de traballo de primaria que ocupen no momento que se produza a mobilidade.

2.-En caso de realizar atención continuada (noites e festivos) nas unidades hospitalarias, percibirán as contías correspondentes conforme á Orde de confección de nóminas.

Desde CIG-SAÚDE solicitamos que se inclúa un 3º apartado referente á retribución correspondente á quenda rotatoria complexa. Xa que a prestación de servizo nestas unidades será a de unha rotación completa: mañá, tarde e noite.

Agardamos sexa tida en conta  esta solicitude, xa que as/os profesionais teñen dereito a percibir as retribución que corresponde á prestación de servizo realizada.

 

POSICIÓN DA CIG-SAÚDE SOBRE O USO DE MÁSCARAS

cabreadisimo_cos_dentes_afiadosEscrito enviado o SERGAS

POSICIÓN DE CIG-SAÚDE SOBRE USO DE MÁSCARAS PARA PREVIR A
TRANSMISIÓN DO CORONAVIRUS
CIG-Saúde quere poñer de manifesto que, a estas alturas da evolución da pandemia de
COVID-19, non debería haber dúbidas entre as e os profesionais sobre o uso de máscaras e
outros EPIs no ámbito sanitario.
CIG-Saúde defende que é a evidencia científica e o principio de precaución quen debe
indicar o seu uso. É responsabilidade da Administración garantir a dispoñibilidade de
máscaras e EPIs en función destas indicacións. Para CIG-Saúde xa tiveron tempo dabondo
para facelo.
Á vista do acontecido até hoxe, CIG-Saúde entende que:
As e os profesionais, de calquera categoría ou ámbito (do SERGAS ou de servizos
externalizados ou privatizados), que traballen nun centro sanitario deben usar MÁSCARA
CIRÚRXICA cando precisen achegarse a menos de 2 metros de outros compañeiros de
traballo ou de calquera paciente, aínda que non presenten clínica de posible infección
respiratoria aguda. A Administración sanitaria ten a responsabilidade de por máscaras
cirúrxicas a disposición de todas as traballadoras e traballadores.
CIG-Saúde demanda da Administración sanitaria que garanta a aplicación destas
recomendacións mínimas, tanto con protocolos e formación axeitada como garantindo a
dispoñibilidade de máscaras e outros EPIs.
Compostela, 2 de abril de 2020
 

NOTA DE PRENSA SITUACIÓN DE URX


573-32753-a-tou20cabreao2AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN CON ROGO DE PUBLICACIÓN




Dende a central sindical CIG-SAÚDE, no hospital público de Monforte, queremos decir en primeiro lugar que nos gustaría non ter que sair prácticamente todos os días nos medios de comunicación a denunciar todas as deficiencias que está a haber con respecto aos protocolos e aos medios de protección que se lle facilitan aos traballadores. Hoxe queremos denunciar o estado no que se atopan os traballadores de urxencias, que recordemos que son os primeiros en recepcionar os posibles infectados co COVID 19.




En canto ao material que se lle está a proporcionar temos que decir que se lles están a dar mascarillas cirúrxicas caducadas dende 2014. Estas mascarillas ao pouco rato de uso desfanse co cal as teñen que arranar con esparadrapo.

Teñen unha bata para todo o turno, nada de traxe, nin buzo nin nada polo estilo. Eles mesmos están a facer traxes con bolsas de plástico doadas tamén por un supermercado.

Como non teñen este material eles mesmos se encargaron de buscarse a vida mediante doazóns para conseguir buzos.

As gafas de protección déronllas ao principio, agora xa nada, tendo que facer eles pantallas ou mercalas.

As calzas son de papel co que se rompen con facilidade e a maiores o papel non ailla.




Cando ten que ingresar algún paciente fáise o cambio da camilla para a cama no pasillo de urxencias, unha zona de tránsito, co cal pódese contaminar.




O celador sube ao paciente sin a protección adecuada, so cunha bata curta, mascarilla cirúrxica(caducada), e un gorro de quirófano que é de papel tamén.

Pedimos que aos celadores se lles faga un seguimento como aos demais traballadores do hospital.







E por último e mais grave,hoxe estivo a traballar unha enfermeira das listas de contratación pendente do resultado dun test, estivo sin mascarilla porque non había, ata que ao longo da mañá lla trouxo a supervisora. Ao final esta enfermeira enteróuse de que era positiva porque entrou ela a mirar a súa historia, non porque ninguén llo comunicara.




Entendemos que o servizo preventiva, concretamente o médico do traballo que é quen tiña que comunicar o resultado, ten moito traballo, por todo elo dende a CIG-Saúde levamos pedindo que se reforce ese servizo, pero o que non pode ser é que se deixe vir traballar a unha persoa que deu positivo no test.




Seguimos a pedir test a todos os traballadores, sobre todos aos contactos directos. Non pode ser que sexamos nos os axentes infecciosos que podamos contaxiar aos doentes.

E pedímoslle a esta Dirección que tome as medidas oportunas para cambiar esto.


A noticia no Xornal de Lemos
A noticia no Diario de Lemos







Vicente Vázquez Vázquez, delegado sindical de CIG-SAÚDE no hospital público de Monforte.




Monforte 1 de abril de 2020

 

ESCRITO Á INSPECCIÓN PEDINDO TEST PARA OS TRABALLADORES

Este escrito a maiores da Inspección tamén se lle enviou á Xerencia da EOXI

AA/
INSPECCIÓN PROVINCIAL DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL DE LUGO





O persoal con vínculo no SERGAS e o persoal das empresas que traballan nos centros sanitario, nomeadamente o persoal da limpeza, están facendo todo o que se pode, e máis, por prestar a atención sanitaria necesaria nestes momentos a toda a poboación, tanto aos que están no domicilio, preocupados por se teñen a infección ou se son grupo de risco de padecer unha infección grave como aos que están ingresados nas plantas de hospitalización ou nas unidades de coidados intensivos.

Ese é o noso traballo e temos a determinación de facelo o mellor posible, coa maior eficacia e coa vontade de atender a todas as demandas posibles da poboación. Non hai dúbida sobre isto.

O que esiximos desde CIG-saúde é poder facer o traballo nas condicións de seguridade necesarias. E esa é responsabilidade da dirección da Área.

No Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao coronavirus (SARS-COV-2) recóllese o seguinte en canto a medidas de protección:

La forma óptima de prevenir la transmisión es usar una combinación de todas las medidas preventivas, no solo Equipos de Protección Individual (EPI). La aplicación de una combinación de medidas de control puede proporcionar un grado adicional de protección.”

Ante isto, ademais de poder contar cos Equipos de Protección Individual necesarios e adaptados ás diferentes situacións de risco en toda a Área Sanitaria, solicitamos se proceda a realizar, cunha prelación en función do risco, unha determinación en plasma de inmunoglobulinas IgM e IgG a todo o persoal da Área Sanitaria en risco.

Non se están facendo os tests PCR a todo o persoal, fanse só se hai síntomas respiratorios, pero aínda que se fixesen, segundo informan desde medicina Preventiva, non asegurariamos unha protección dados os falsos negativos existentes. A literatura científica recomenda a utilización das determinacións de seroloxía en soro como complemento da realización de PCR a diferentes pacientes, alcanzando un diagnóstico nese caso cercano ao 100%. A IgM detéctase aos 5 días da infección e a IgG aos 14 días1,2.

Por outra banda, a medida que coñecemos máis da infección por este virus sabemos que a transmisión está producíndose de modo importante por persoas asintomáticas ou presintomáticas3. O persoal sanitario é o que está en contacto coa poboación máis vulnerable polo que é necesario asegurar que non sexamos axentes de transmisión da infección.

As persoas que se poidan considerar seroloxicamente curadas ou que xa padeceron a infección poden dar un rendemento moito maior no seu traballo e incluso pode facilitar a organización das diferentes unidades, ademais de darlles a tranquilidade de que xa non van contraer a infección.

1 Zhang W, Du RdH, Li B, Zheng XS,Yang XL, Hu B, Wang YY, Xiao GF, Yan B, Shi ZL, Zhou P. Emerg Microbes Infect. 2020 Feb 17;9(1):386-389. doi: 10.1080/22221751.2020.1729071. eCollection 2020.Molecular and serological investigation of 2019-nCoV infected patients: implication of multiple shedding routes.

2 Li Guo et al. Profiling Early Humoral Response to Diagnose Novel Coronavirus Disease (COVID-19), Clinical Infectious Diseases, , ciaa310, https://doi.org/10.1093/cid/ciaa310

3 R. Li et al., Science 10.1126/science.abb3221 (2020).

Asina:

Vicente Vázquez Vázquez,membro do Comité de Seguridade e Saúdedelegado de CIG-saúde e responsable comarcal.

Local sindical de CIG-SAÚDE, MONFORTE DE LEMOS,

27400,Rúa Irmáns Dapena S/N

enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo





Monforte, a 31 de marzo de 2020

 

NOTA TEST CORONAVIRUS

PROTECCIÓN AOS TRABALLADORES







A Central Sindical de CIG-SAÚDE no hospital público de Monforte quere denunciar a desprotección total a que están sendo sometidos os traballadores deste centro, así como tamén en determinados Centros de Saúde da contorna.



Hai casos de traballadores que deron positivo ao coronavirus e aos seus compañeiros , malia estar en contacto con eles, non se lles está a facer o test para saber si eles son positivos ou non.



Dende o servizo de medicina do traballo, limítanse a decir que seguen o protocolo e que so fan o test si tés síntomas, se non que non fai falta. Nós non estamos para nada dacordo con esta afirmación, xa que coñecemos casos totalmente asintomáticos e que son positivos.



Esto ten unha enorme gravidade, xa que si o persoal está infectado pode infectar a súa vez aos demais traballadores e o que é peor, aos doentes.



O persoal sanitario é o que está en contacto coa poboación máis vulnerable polo que é necesario asegurar que non sexamos axentes de transmisión da infección.




Por todo elo esixímoslle a esta dirección que se fagan test a todos os traballadores que estiveran en contacto con algunha persona que dera positivo en coronavirus.




Este test debería ser extensible a todo o persoal estivese ou non en contacto, xa que así se determinaría cunha maior eficacia cantos traballadores están infectados.


Aquí podes ver a noticia no Diario de Lemos




 

INFORMACIÓN ACTUALIZACIÓN LISTAS DE CONTRATACIÓNS

info_listas_contratacin
Preguntado en Servizos Centrais do SERGAS pola publicación de listas definitivas ou provisionais das distintas categorías, nos informaron que mentres dure a situación de emerxencia sanitaria, non se publicarán as actualizacións que estaban previstas para este mes de marzo. 

 

NOTA DE PRENSA REMITIDA AOS MEDIOS: DENUNCIA DEFICIENCIAS NO HOSPITAL E NO PAC DE MONFORTE

Descargar nota de prensa integra
Audio Onda Cero Monforte minuto 01:14:00
Xornal de Lemos
Scan0007
Scan0008

 

CURSO ONLINE DA OMS PARA CONTROL DE INFECCIÓN PARA PERSOAL DA SANIDADE

logo_CIGA_sade
Neste enlace  http://www.cigsaudelaboral.org/Seccions/Portada/Coronavirus podedes facer un curso online da OMS para control da infección para personal da sanidade. Hai que matricularse na mesma páxina.

Non ten cuestionario nin exame. É para adquirir coñecementos

 

CONCESIÓN AXUDAS PARA ATENCIÓN EDUCATIVA DE SEGUNDOS FILLOS EN ESCOLAS INFANTÍS 0-3 ANOS

log_muchos_niosORDE do 13 de marzo de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3 de titularidade privada, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS420C)

Descargar PDF

 

EMBARAZADAS E PERSOAL ESPECIALMENTE SENSIBLES ANTE EXPOSICIÓN COVID-19

Bo día,

 

Comunicámosvos que no día de hoxe remitiuse aos centros a seguinte información:

 

-  A Instrución 4/2020 da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, sobre medidas en materia de persoal como consecuencia do novo coronavirus SARS-CoV-2, establece na instrución quinta o teletraballo, indicando que en supostos xustificados, as xerencias/direccións fomentaran as modalidades non presenciais de traballo (teletraballo) para o desenvolvemento das correspondentes funcións. Así, de resultar posible e tendo en conta as funcións a realizar polo/a traballador/a, o teletraballo será de aplicación aos profesionais sanitarios e non sanitarios que, en función das súas características persoais ou estado biolóxico coñecido, debido a patoloxías previas, trastornos inmunitarios ou embarazo, por ser considerados especialmente sensibles ao COVID-19.

 

- Conforme ao "Procedemento de actuación en IT en Atención Primaria fronte á exposición ao novo coronavirus en Galicia"

(https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/160/Actualizacion_IT.pdf), procede baixa laboral no caso de persoal especialmente sensible ao risco de  SARS- CoV-2 (estado biolóxico coñecido debido a patoloxías previas, medicación, trastornos  inmunitarios ou embarazo), e como tales, con informe previo e motivado do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, tal e como indica o Ministerio de Sanidade, que acredite a indicación de illamento por imposibilidade de  recolocación en posto exento de risco  COVID-19 de maneira individualizada.

 

Saúdos,

 

SOLICITUDE INSTALACIÓNS PARA PERSOAL E POBOACIÓN

Jesús Vázquez Almuíña

Conselleiro de Sanidade.

Margarita Prado Vaamonde

Directora de RRHH SERGAS.

Ante unha situación tan grave como a que estamos a vivir por mor da infección do virus COVID-19, o goberno da Xunta de Galiza e a Consellaría de Sanidade teñen a obriga de tomar todas as medidas necesarias para garantir a seguridade das/os profesionais da sanidade, e do conxunto da poboación.

Nos distintos Servizos de Saúde, dado que as competencias dos gobernos autonómicos están plenamente vixentes, están a tomar medidas que garantan a seguridade e a protección de todas/os traballadoras/es e o resto da poboación.

Por todo isto, desde CIG-SAÚDE dirixímonos a esa Consellaría e ao SERGAS para esixir que se poñan a disposición da poboación todos os recursos existentes.

CIG-SAÚDE esixe, que desde a Consellaría de Sanidade se busque a fórmula que permita pór a disposición das/os traballadoras/es e da poboación todos os establecementos dispoñíbeis diferentes ao centros hospitalarios.

Estamos a esixir o seguinte:

  • Que se poñan a disposición de todas/os as/os traballadoras/es da sanidade, prazas de residencia en hoteis, residencias universitarias… preto do seu centro de traballo , para que poidan morar a alí se así o desexan, evitando o contacto coas persoas que residen no seu domicilio, para garantir a seguridade e a protección destas/es.





  • Pór a disposición estes centros, con distinta ubicación, de todas as persoas que teñan que facer illamento no seu domicilio, e que para garantir a seguridade e a protección da súa familia queiran realizar o tempo do seu illamento fora do seu domicilio.





  • Queremos lembrar, que para atender as necesidades destas instalacións é imprescindíbel dotalo de persoal, tamén de persoal de servizos privatizados como o persoal de limpeza, ao que haberá que dotalo de todo o material necesario e EPIS que garanta a súa protección.





Agardamos que estas medidas sexan postas en funcionamento na maior brevidade posíbel.





Compostela, 23 de marzo de 2020.





Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE


 

VARIAS PUBLICACIÓNS BOE SOBRE ESTADO DE ALARMA

Estado de alarma. Medidas urgentes
  • Orden INT/262/2020, de 20 de marzo, por la que se desarrolla el Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19, en materia de tráfico y circulación de vehículos a motor.

  • PDF (BOE-A-2020-3946 - 4 págs. - 239 KB)
Estado de alarma. Centros de personas mayores
  • Orden SND/265/2020, de 19 de marzo, de adopción de medidas relativas a las residencias de personas mayores y centros socio-sanitarios, ante la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.

  • PDF (BOE-A-2020-3951 - 4 págs. - 236 KB)
Estado de alarma. Residuos
 

NOTA DE PRENSA

Diante da crise sanitaria ocasionada pola pandemia do COVID-19 CIG-Saúde quere manifestar o seguinte:

En primeiro lugar, agradecer o esforzo e o compromiso do conxunto de profesionais da Sanidade Pública e tamén da Sanidade Privada. Nesta crise atopamos unha Sanidade Pública que ten a súa capacidade de reacción limitada polos 11 anos de recortes e privatizacións do Goberno de Núñez Feijóo. Situación xerada por non ter escoitado as/os profesionais e por amosar unha falla de respecto por elas/s

En segundo lugar, dirixímonos á Consellería de Sanidade, que se quere gañar á confianza da cidadanía na xestión desta crise, para lembrarlle que antes ten que lograr á confianza das traballadoras e traballadores da Sanidade Pública.

A Consellería de Sanidade ten que garantir a dispoñibilidade de Equipos de Protección Individual (EPIs) alí onde haxa un ou unha profesional que os necesite, non se pode manter esta sensación de indispoñibilidade, e moito menos pode haber falta de material.

CIG-Saúde defende o uso racional do material de protección atendendo ás recomendacións científicas, por iso demandamos da Consellería de Sanidade a garantía de que calquera profesional que precise un EPI para atender a un paciente poida acceder a el.

CIG-Saúde lémbralle, reiteradamente, á Consellería de Sanidade, que ten a obriga de protexer as/os profesionais para que estas/es poidan protexer á poboación, isto so se a garante se as e os profesionais dispoñan de EPIs completos para asegurar a súa saúde e manter a garantía asistencial. Non pode haber indispoñibilidade de material.

CIG-Saúde esixe da Consellería de Sanidade que elabore protocolos claros e unificados sobre o uso destes EPIs, baseados no coñecemento científico actual, e que demande, sen descanso, das autoridades competentes a garantía do subministro de material que permita aplicar estes protocolos.

Sr Feijóo, non se poden confundir protocolos de actuación baseados na evidencia científica con normas de restrición por falta de material, de isto sabe moito o persoal da sanidade; escoite.

Compostela, 21 de marzo de 2020.

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.


 

ESCASEZA DE MATERIAL

Na reunión do comité central de saúde laboral, a persoa que representaba á dirección de RREE, informounos de que no SERGAS había unha dotación suficiente de material, e unha reserva do mesmo para 2 meses.

Non transcorriron nin  15 días desde a devandita reunión a hoxe, e o que estamos a constatar é que nos centros falta material, o que incrementa a desprotección do persoal, e xera situacións de estres.

A Xerencia de Ourense, está a publicar unha instrucións sobre o uso de mascarillas e resto de EPIs, limitando o seu uso por falta de material, o que reiteramos, incrementa a tensión dxs profesionais ao sentirse totalmente desprotexidxs.

Desde CIG-SAÚDE solicitamos información referente á situación do material dispoñible nos centros de traballo, o SERGAS non pode por ao persoal en situación de desprotección, ou crear situacións que aumentan a tensión nos centros de traballo.

Reiteramos a nosa petición de información sobre a situación do material existente, e de estar nunha situación límite por falta del, solicitamos coñecer as medidas que se están a tomar.

Agardamos recibir esta información á maior brevidade posible.

 Un saúdo

Compostela, 20 de marzo de 2020.

Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional CIG-SAÚDE                                 

 

INSTRUCCIÓN 07/2020. CONTRATACIÓN DE PERSOAL QUE HABILITA O DECRETO DO GOBERNO DO ESTADO

cig_informaInstrución sobre a contratación de persoal que habilita o decreto do goberno do estado: Instrución 7/2020, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, sobre outras medidas que se poderían aplicar en materia de persoal.
Descargar instrucción

 

PLAN ESPECÍFICO PARA CORONAVIRUS. VERSIÓN 2

logo_sergas
O SERGAS remitiunos o "Plan Específico para a prevención de riscos ante a exposición laboral ao novo coronavirus (SARS-CoV-2). Versión 2

 

RELACIÓNS LABORAIS E COVID19

No actual contexto de emerxencia sanitaria, a CIG está traballando para dar unha resposta áxil na defensa dos dereitos laborais e garantir a seguridade e a saúde do conxunto das traballadoras e traballadores galegos.

 

Neste sentido, vimos de elaborar un documento de respostas urxentes a algunhas das dúbidas máis frecuentes sobre a incidencia da epidemia da doenza COVID-19 nas relacións laborais.

 

Podes consultar o documento nesta ligazón: [www.cig.gal/covid19]www.cig.gal/covid19. Na que tamén atoparás enlaces á normativa de referencia e modelos para solicitar a redución ou adaptación da túa xornada laboral.

 

Tamén podes acceder ao documento de texto a través desta ligazón: https://bit.ly/2WokAyN

 

Ten en conta que, debido á rapidez coa que se producen mudanzas, o documento está en continua actualización e revisión.

 

Aproveitamos para partillar a valoración que a CIG fai das medidas recollidas no Real Decreto de medidas de emerxencia aprobado onte no Consello de Ministros e Ministras: - A CIG considera que as medidas sociais e laborais son claramente insuficientes, inxustas e están moi lonxe das doutros estados da UE

 

Así como o comunicado emitido a respecto da declaración do Estado de Alarma e as propostas formuladas pola central sindical:- Paulo Carril: “Os custos da declaración de estado de alarma e emerxencia sanitaria non poden recaer na clase traballadora”

 

Lembra que estamos para axudarche no que precises. Se tes dúbidas, contacta coa CIG, preferentemente por correo electrónico ou teléfono.

 

Non podemos permitir que os custes da emerxencia sanitaria recaian sobre a clase traballadora e os colectivos máis vulnerábeis, nin que se aproveite esta situación para recortar dereitos e liberdades fundamentais.

 

Asinado.

EXECUTIVA CONFEDERAL

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info