Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

RESUMO COMITÉ SEGURIDADE E SAÚDE CLECE

 

Tratáronse varios temas que viñan arrastrados de outras reunión

1.       Uniformes.- daranos a primeiros de ano

2.       Os polares.- trasladóuselle ao presidente do Comité de Seguridade dous modelos para que o persoal que sae fóra poida escoller cal lle pareza do seu agrado

3.       Crearon un correo corporativo para que se poida acceder por parte dos membros do comité e  a propia empresa e alí colgarán a información e se poderá manter a comunicación.

4.       A actualización da avaliación dos postos de traballo será colgada alí.

5.       Falamos da avaliación de riscos psicosociais (clima laboral, relacións con xefes e compañeir@s, percepción de cargas de traballo...), propoñen crear un grupo de traballo para darlle forma. Pasan un borrador dunha enquisa e falaron de que se se entregaba de modo xeralizado os resultados tamén ían ser moi xerais, de modo que non van servir para detectar os problemas, eu persoalmente concordo con iso.

Ugt (con Araceli á cabeza)  á que se sumou despois CCOO empezaron a dicir que era fundamental o anonimato e que se se facía por servizos se ía saber quen contestaba e o que, se se facía por quendas tamén.... é dicir, o discurso do medo de sempre....

Nós preguntamos polo circuíto que ían seguir as enquisas, van poñer un buzón e vai traballar con elas Noemí e a técnico de prevención, non os encargados, isto quedou moi claro....

Da enquisa, só nós dixemos que estaba incompleta, están dispostos a engadirlle preguntas que consideremos que faltan, xa que se vai crear un grupo de traballo.

Quero explicar que estes informes son obrigatorios e preventivos, serven para determinar malos funcionamentos tanto no liderazgo, como no reparto de cargas, como nas relacións interpersoais.... e os resultados son globais, no Sergas fanse por unidades ou servizos.... Entendo, persoalmente que facer ese traballo para nada é absurdo, entendo que hai que agrupar as enquisas (que serán por escrito, voluntarias e que se deixarán nun buzón) procurando garantir o anonimato pero sen paranoias.

Con estes  que funcionou foron os ovos, non agachar a cabeza....

Atrévome a asegurar que van manter as formas e garantir a confidencialidade, paréceme indecente que dende calquera dos comités se instaure o discurso do medo, xa o fixo moitos anos a ugt e agora faino a csif e a ugt, e ccoo non dá máis de si, non dubido da competencia técnica de Brea pero si da sindical, ata que demostre o contrario.

De todos xeitos faremos asemblea antes de poñer en práctica todesto ou incluso para aprobar as conclusións do grupo de traballo.

Melloraremos a enquisa e advertiremos de que se a confidencialidade non se garante denunciarémolos....

Como anécdota contarei que houbo outra queixa, bronca, choro, pola recollida de sinaturas nas Termas e a súa temática, ben os fodeu.... e canto nos alegramos, fixación teñen con iso, caña e namais....

Se queredes mandádeme a vosa opinión por wass