Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

                                           NO VERÁN NON SE PODEN PEDIR CITAS



Cando estás maliño e tés que ir ao médico, ben sabes que a pesares de estar malo e ter moi poucas ganas de esperar, igual tés que facelo, porque, como as consultas non son todas iguais e é verdade que cada caso é único, as horas de citación son por forza orientativas.

O que resulta moi desagradable e tremendamente inxusto é que os doentes -trala consulta- acudan ao mostrador de citas, que collan o número 570 e que vexan que están atendendo ao 370, o que os levará a esperar unha hora e media ou dúas para ser atendidos. Mentras esperan, o panorama é máis semellante a unha feira do que a un hospital: doentes de pé, en espera, anoxados (como non), un ruído de fondo que para os que están alí  toda a mañá resulta desquiciante.
Só queda unha persoa para atender as citas telefónicas  (pola tarde ningunha), o que fai imposible solicitar este servizo tan publicitado.

Nas quendas de tarde só hai un posto en todo o HULA para dar citas, polo que a situación e sempre a mesma: "DOENTES EN ESPERA" 
E  todo isto vendo como os postos de citación que hai na terceira planta permanecen pechados, para non contratar persoal de substitucións  nas vacacións.

Os criterios para non gastar desta xerencia chegan a un límite que resulta intolerable, non teñen en conta que este hospital é por e para os doentes, e que esta orzamentado e dotado cos  cartos de todos, para manter unha calidade asistencial e promover a saúde.

As/os compañeiros de citas ademáis de soportar unha carga de traballo tremenda teñen que lidiar e tragar co cabreo máis que normal dos doentes e un ruído constante, que se fai insoportable, da aglomeración de centos de persoas que alí esperan a súa quenda.

Pedímoslle a esta xerencia un pouco de responsabilidade para cos doentes e para cos traballadores ou que trasladen estes mostradores de citas á terceira planta ó ladiño da xerencia a ver si cada vez que saian dos despachos e vexan o panorama lles entra algo de sentidiño.