Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

mobilizacin_clece_agosto_15





A CIG e CCOO participaron no día de hoxe xunto cun abondoso número de traballadoras/es da empresa CLECE (concesionaria da limpeza no HULA) en apoio dunha compañeira despedida.




Convocáronse 2 concentracións, unha no HULA ás 9,30 para que poideran participar as traballadoras desta quenda, e outra ás 10,30 no SMAC, coincidindo coa celebración da conciliación entre a empresa e a traballadora, entre ambas xuntáronse cerca de un centenar de persoas.




Desgrazadamente non se chegou a ningún acordo, polo que a traballadora continuará coa demanda.




Dende esta nota a CIG e CCOO demandan 3 cuestións que son fundamentais para o bo fin deste desgrazado episodio:




1.- Readmisión da traballadora por parte de CLECE, dado que a principal causa é o aproveitamento dunha situación de indefensión e fraxilidade persoal que a empresa usa de xeito despiadado para proceder a un despedimento disciplinario.

2.- Unidade sindical, que neste momento non foi posible, xa que a Organización Sindical maioritaria no comité non quixo estar presente e optou estar mantendo unha reunión unilateral coa empresa, que ao parecer foi infructuosa.

3.-Implicación da Dirección-Xerencia do HULA, xa que o SERGAS non pode permitir que unha empresa contratada por eles use a máxima crueldade contra as súas traballadoras.




Non podemos consentir que se prantexe isto como un globo sonda dentro do contexto de presión que sufre o persoal da empresa CLECE cando se atopa en situación de incapacidade laboral.




Para rematar, reiteramos o noso apoio á compañeira, quedando á súa disposición para todo aquilo que precise.




Un saúdo

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo


http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150813/AnuncioG0164-040815-0004_gl.pdf




O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día seguinte ao da data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia ata o 11 de setembro de 2015, para os cursos do primeiro cuadrimestre; e desde o 14 de decembro de 2015 ata o 4 de xaneiro de 2016, para os cursos do segundo cuadrimestre

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Dibujo

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Hoxe 14 de xullo, está previsto publicar no Diario Oficial de Galicia as Resolucións, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, polas que se declaran, con carácter provisional, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega, no concurso–oposición para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a e médico/a de familia

 

 

- Prazo de presentación das reclamacións.

 

O prazo para a presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo iníciase o día 15 de xullo e finaliza o 27 de xullo. Ambas datas son hábiles para a presentación da reclamación.

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo



Infórmase que mañá, día 14 de xullo, publicaranse as listas  definitivas de selección temporal, de admitidos/as cos resultados definitivos de baremación das categorías de fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional.



 Estas listas entrarán en vigor ao día seguinte da súa publicación, o 15 de xullo de 2015.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

                                           NO VERÁN NON SE PODEN PEDIR CITAS



Cando estás maliño e tés que ir ao médico, ben sabes que a pesares de estar malo e ter moi poucas ganas de esperar, igual tés que facelo, porque, como as consultas non son todas iguais e é verdade que cada caso é único, as horas de citación son por forza orientativas.

O que resulta moi desagradable e tremendamente inxusto é que os doentes -trala consulta- acudan ao mostrador de citas, que collan o número 570 e que vexan que están atendendo ao 370, o que os levará a esperar unha hora e media ou dúas para ser atendidos. Mentras esperan, o panorama é máis semellante a unha feira do que a un hospital: doentes de pé, en espera, anoxados (como non), un ruído de fondo que para os que están alí  toda a mañá resulta desquiciante.
Só queda unha persoa para atender as citas telefónicas  (pola tarde ningunha), o que fai imposible solicitar este servizo tan publicitado.

Nas quendas de tarde só hai un posto en todo o HULA para dar citas, polo que a situación e sempre a mesma: "DOENTES EN ESPERA" 
E  todo isto vendo como os postos de citación que hai na terceira planta permanecen pechados, para non contratar persoal de substitucións  nas vacacións.

Os criterios para non gastar desta xerencia chegan a un límite que resulta intolerable, non teñen en conta que este hospital é por e para os doentes, e que esta orzamentado e dotado cos  cartos de todos, para manter unha calidade asistencial e promover a saúde.

As/os compañeiros de citas ademáis de soportar unha carga de traballo tremenda teñen que lidiar e tragar co cabreo máis que normal dos doentes e un ruído constante, que se fai insoportable, da aglomeración de centos de persoas que alí esperan a súa quenda.

Pedímoslle a esta xerencia un pouco de responsabilidade para cos doentes e para cos traballadores ou que trasladen estes mostradores de citas á terceira planta ó ladiño da xerencia a ver si cada vez que saian dos despachos e vexan o panorama lles entra algo de sentidiño.



 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Publicado en DOG do 8 de Xullo a RESOLUCION do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2014.

Prazo reclamaciòn baremación provisional: 15 días hábiles

Enlace a DOG

Enlaces a SERGAS

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Está previsto que o mércores 8 de xullo se publique en DOG a  Resolución pola que se publica a relación definitiva  de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2014.

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>