Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

COMITÉ DE EMPRESA

  1. Persoal de 21 hs.- Píndense 3 cousas:

-Que se faga efectivo o compromiso de facer a 2 traballadoras de 21 hs a xornada completa. Por suposto, bótasenos en cara que tiveramos dito que se conseguiu este logro, aquí o único que podemos pensar é que a CIG fixo o seu traballo, de modo que facer público este tema fai que este compromiso se teña que levar adiante, de feito a propia Noemí o que bota en cara é que se fixera público dicindo que fora un logro noso, xa que quería que o recoñeceramos como un logro dela (jajaja), pero recoñécenos que é boa idea, e que a vai levar adiante antes de que remate o ano…. Aquí falouse do positivo que era que houbera transparencia e non secretos…. (non coma noutros tempos)
-Que exista rotación
-Que se lles faciliten os turnos coa máxima antelación posible

  1. Dobletes.- Repetimos por enésima vez que sempre dobla a mesma xente e sempre nos turnos que queren… despois dunha discusión absurda din que quen queira que se vaia anotar…. (aínda que supoñemos que van seguir facendo o que lles da a gana)

  2. Baixas sen cubrir.- Aseguran que a dirección do Hula os controla o suficiente para que se cubran tódalas baixas, recoñecen que se cambian as persoas de posto, de modo que non é posible máis que confiar na palabra da empresa máis na palabra da dirección do HULA…

  3. Postos de Tarde.- Pedimos que saian a concurso, xa que o convenio non distingue entre mañás e tardes, ao fin logramos que o valoren e se deixen de ver malas intencións no persoal

  4. Carteleiras de gardas.- Segundo parece antes podíase seguir a carteleira de modo que cada quen podía facer a súa ao longo de todo o ano… agora é moito máis difícil… non logramos entendelo todo… preguntaremos para poder explicalo e que a xente poida facer a súa carteleira.

  5. Baixas.- Aquí afeamos moitísimo a conducta da empresa. De feito a CIG pensa que a maneira que ten a empresa de combater o absentismo é ridícula….. , así o dixemos, coaccións telefónicas (Noemí dixo que hai moito que non chama a ninguén, esqueceuse de dicir que lle chamaron a atención dende a dirección do HULA, nós tampouco llo botamos en cara), escrito mentiroso dicindo que é obrigatoria a entrevista, non recoller os partes de baixa se non os entrega a interesada…. Xa lle dixemos que non por medo senón por aburrimento a xente tiña que darse de alta…. Ela respondeu que era obrigatorio que o persoal firmara unha autorización para que un familiar seu poida entregar o parte de baixa no seu nome…. E nós rímonos, iso non o pode esixir a empresa, se alguén lle dá o parte á súa parella para que o entregue na empresa, e este faino e a interesada non está de acordo debe denúncialo…. Á empresa que lle importa!…. O mesmo que pedir o xustificante médico de que non poden levar o parte…. Nin que os médicos de cabeceira non tiveran máis que facer…….. A posición da empresa foi clara… van seguir no tema….. A CIG, vai facer ao Comité unha proposta de denuncia a Inspección, no caso de que o Comité non apoie denunciaremos como CIG só.

  6. Sentenza de Rosa.- Ganouse esta sentenza, agora a empresa di que ese caso era distinto a outros…. A CIG aconséllavos que sigades demandando, é responsabilidade vosa.

  7. Turnos que se fan e que non se pagan.- A persoal contratado non se lle pagan turnos que fan. Din dende a empresa que iso é fácil de resolver, só teñen que dicirllo a Pepe para que o transmita e que se pagan sen dúbida.

  8. Postos explicados polos encargados.- Din que os explicarán os encargados, pero que terán que reforzar coas explicacións das compañeiras…… é dicir, nada vai cambiar.

  9. Problemas para conciliar a vida laboral e familiar.- Hai varias compañeiras que teñen problemas a este respecto, estamos tentando atopar unha solución negociada a este tema, que non lesione os intereses do resto do persoal...

Quedaron varias cuestión sen tratar nesa reunión, trarémolas ao longo da semana que vén, xa que nin onte nin hoxe foi posible, xa informaremos.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE

Moitas das cuestións prolónganse dende a primeira reunión, feita antes do verán

  1. No comité anterior solicitárase que a documentación dos comités de seguridade anteriores e saúde fora aportada polos anteriores delegados/as de prevención (todos/as da Ugt, agora un da CSIF) xa que a empresa non pode tela (porque antes esta empresa non estaba). Por suposto, esta documentación non apareceu, nin vai aparecer....

  2. Solicitárase a Clece a planificación e avaliación de riscos dos postos deste centro de traballo, segundo parece xa foi enviada á secretaria do comité de empresa, sen que o resto de delegados/as tiveramos coñecemento dela. Din que están actualizando a avaliación de riscos.

  3. Vestidos de inverno.- Pediuse roupa adecuada para o persoal que traballa fóra, en condicións de moito frío e humidade no inverno, houbo quen dixo que valía calquera cousa.... a CIG apoiou expresamente a proposta da empresa de presentar varios modelos de abrigo para que o persoal escolla segundo a súa necesidade.

  4. Zapatos.- Insistimos en que o persoal ten que compralos porque non os aguanta. Din que van dar a uniformidade agora e que cambiaron de proveedor de zocos. A ver se hai sorte...

  5. Problema cos illamentos de hospitalización.- Queixámonos porque o persoal data limpeza non é convintemente informado de como ten que proceder cando hai doentes en illamento. Os reponsables da empresa aínda non fixeron nada (máis de 3 meses despois) din que iso non é cousa diles, pero falarán con Prevención para solucionalo

  6. Seguridade en psiquiatría.- Dado que o persoal xa conta con avisador por se se atopa en perigo o que se pediu é que se tramitaran as xestións oportunas para que as limpadoras que pasan por alí non fixeran o seu traballo soas, senón acompañadas do persoal da unidade. Unha vez máis (3 meses despois) a empresa non fixo nada, non falou con ninguén, simplemente din que o celador/a ás veces desaparece e encóllense de ombros. A CIG considera isto bastante impresentable, só se trataría de enviar un escrito á dirección do Hula explicando o problema e pedindo a súa intervención, xa que o HULA é tamén responsable da seguridade laboral do persoal da limpeza.

  7. Tratamento do persoal en situación de IT.- Afeóuselles o tratamento que fan das baixas..

Pídeselles os datos do absentismo en relación coas cargas de traballo, a empresa négaos.

Insístese en que hai que facer avaliación de riscos psicosociais

Di a empresa que non vai aceptar que os familiares leven os partes de baixa, que os familiares teñen que levar unha autorización firmada da traballadora/or e a maiores un xustificante médico de que non poden desprazarse para entregar o parte persoalmente.

Da carta na que pon que obrigatorio acudir á entrevista á que te convoca a empresa cando estás de baixa, din que saíu de persoal da empresa (en Madrid) e que é igual para toda España. A CIG pediu que deran marcha atrás para evitar que tiveramos que presentar unha denuncia en Inspección... a resposta a isto terédela cando resumamos a reunión seguinte...

  1. Reparto de cargas de traballo e mapa de postos.- Néganse tallantemente a establecer un catálogo de tarefas porque din que son moi cambiantes... é dicir, aquí quen traballa menos seguirá a traballar menos e quen traballa máis seguirá a traballar máis...

  2. Radioterapia.- curso formativo.... din que xa deu o curso o propio hospital, e que non hai problema con iso, nós explicámoslles que iso non era certo, porque algún día botaron a algún traballador da unidade por non ter o curso... din que ese curso pode dalo calquera... Parece que non saben que a lei esixe que se forme especificamente ao persoal que traballa nestas unidades é que é a súa responsabilidade facilitarlles a formación.

  3. Recoñecementos médicos para o persoal de tarde.- explicamos que o persoal de tarde ten que facer os recoñecementos fóra das horas de traballo, o de mañá non. Din que as analíticas só poden facerse de mañá, e que os da tarde se non queren que non fagan os recoñecementos, que son voluntarios





En xeral, está todo recollido aquí, seguiremos a insistir no que proceda...







 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

Puntos da CIG

1.       Resumo reunión coa dra de Recursos Económicos.- pedimos vez como CIG aínda que compartimos co comité para que aportaran cousas... ao fin levamos os nosos temas.

a.       Número de presenzas, xa que non se cubren tódolos postos como é posible que se cumpran as presenzas esixidas. Contestáronnos que é a empresa que mellor cubría as presenzas, de feito saiu reflexado nunha auditoría feita polo consello de contas da Xunta.

b.      Dobletes, sempre concedidos ás mesmas persoas, dixemos que ao hospital non lle interesaba xa que se perdería calidade, e que era mellor repartilos

c.       Falta de pago de quendas feitas polo persoal contratado e de 21hs

d.      Baixas, presións continuadas.- din que xa tiveron queixas e que lle deron un toque á empresa (dá un pouco a risa, pòrque non se lles notou nada)

e.      Contrato de relevo de Vigo en Lugo.- comunicamos que se fixera a substitución dun traballador con xubilación parcial en Vigo por unha persoa no HULA, xa que por moito que sexa legal supón nunha primeira lectura un incremento de plantilla en Lugo, o cal nos estrana bastante.

Tiveron boa disposición, agradeceron que lles informaramos destas cousas, e saiu deles falar destes temas coa empresa, coas limitacións que teñen como dirección.

Quizá non sexa a panacea pero polo menos achéganse as distancias entre a limpeza e a dirección do HULA, e non terán a excusa de que non  estaban informados das cousas... a nosa idea é continuar solicitando estas reunións periodicamente

2.       Denuncia a inspección das coacción cando o persoal está de baixa.- quedamos en que hai que falar co persoal para denunciar como comité, pero hai que asegurar que a xente cando a entrevisten conte a verdade.

3.       21 hs.- recordar a Noemí o seu compromiso de pasar a 2 persoas a xornada completa, que roten todas M e T e que teñan un trato igual ao resto de persoal (cambios de turno)

4.       Dobletes.- pedimos facer unha lista de voluntarias que sexa rotatoria

5.       Cobertura de baixas e descansos.- insistir

6.       Organización do traballo nas noites.- está mal repartido, faremos proposta ao respecto

7.       Carteleiras de gardas.- non teñen unha cadencia, imos pedir que fagan carteleiras anuais ou semestrais, ou ben que manteñan un criterio continuado

8.       Sentenza de Rosa.- ganou, a pobre, o dereito a desfrutar os 6 días DLD  despois do mes de setembro por estar de baixa, a empresa recorreu pero xa é un paso… consideramos ademais que no tribunal superior de xustiza de galiza nos dará a razón.

9.       Non pagan algúns turnos ao persoal contratado.- hai que pedir que dean por escrito as quendas, din que a cuestión é que a empresa non paga a pesar de que Pepe lles pasa os turnos que se fan,  se vas reclamalos verbalmente si que chos pagan, de todos xeitos, imos lembrarlles que é unha trapallada empresarial e que teñen que ser formais.

10.   Adaptación de xornada por conciliación.- pedirase que se lle facilite ás persoas que teñen dereito (nen@s menores de 12 anos) e tamén a aquelas persoas que o precisen de xeito temporal e sen que afecte a ninguén fixo.

11.   Traballo no día de vacacións.- Seica houbo unha persoa que recentemente veu facer un turno nas súas vacacións, protestarémolo porque é ilegal, e se hoxe é voluntario mañá poden intentar que sexa obrigatorio…

12.   Concurso de postos.- teñen que sacar a concurso os postos de tarde, xa teñen dito que non, pero o convenio non distingue entre mañá e tarde.

13.   Explicación dos postos de traballo.- Que sexan os encargados os que expliquen as tarefas e non as compañeiras

14.   Varios.- recollida de caixas por parte dos traballadores das máquinas expendedoras/ preguntar os criterios que se siguen para cambiar de posto a un/unha traballadora/ nóminas das vacacións non veñen especificadas.

Puntos UGT

1.       Reforzos  mal repartidos.-se unha persoa ten 13 habitacións, mándanlle facer 6 de outra que ten 21, de modo que a que vai reforzar fai 19 e a que tiña 21 fai 15.

2.       Limpezas.- non van a tódolos postos

3.       Moscosos.- que poidan pedir con prioridade as das 8 da mañá, un mes para cada horario

Puntos CCOO.-0

Puntos CSIF.-0

Evidentemente esto todo volverase tratar coa dirección, ademais vaise convocar reunión do comité de seguridade e saúde para tratar os temas relativos á saúde laboral.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

AQUÍ DEIXAMOS O DOCUMENTO DE PERMISOS PARA A XORNADA ELECTORAL DO DÍA 25




Criterios_permisos_eleccins_autonmicas_25.9.2016.pdf

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

CADA DÍA DO ANO EN GALICIA SUICÍDASE UNHA PERSOA, É, POLO TANTO, UN GRAVE PROBLEMA DE SAÚDE PÚBLICA ANTE O QUE NIN A ADMINISTRACIÓN SANITARIA NIN OS PODERES POLÍTICOS ACTÚAN

30 DE XUÑO ÁS 8 DA TARDE, NA PRAZA DO CONCELLO EN LUGO, BADALADAS POLA PREVENCIÓN DO SUICIDIO 


ACODE ÁS CONCETRACIÓNS 

CONVOCA O MOVEMENTO GALEGO  SAÚDE MENTAL



EN LOITA POR UN PLAN GALEGO DE PREVENCIÓN: PODES VER UN TEXTO MÁIS AMPLO PREMENDO PLAN_GALEGO_DE_PREVENCIN_DO_SUICIDIO_X.pdf    

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Tralo envío dun escrito ao conselleiro de sanidade, que polo de agora non tivo resposta, a CIG-Saúde de Lugo rexistrou hoxe este escrito á Xerencia para pedir datos e explicacións. ´Do título diráseme que non se chaman peonadas senón autoconcertación, pero peonadas son.


Scan0002



VER TEXTO COMPLETO PREMENDO AQUÍ     

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

 

CIG - Considera que se trata dunha proposta electoralista que a CIG non avala

 

A CIG non está disposta a asinar un acordo para a devolución de parte da paga extra de 2103  que a Xunta xa está obrigada a aplicar logo de moitas sentenzas

 

 Santiago de Compostela, a 2 de xuño de 2016

 

Como xa tiña anunciado, a CIG non asinou o acordo coa Xunta de Galiza de pagar a parte devindicada da paga extraordinaria do ano 2013, porque non se trata de ningún dereito a negociar, senón dun dereito recoñecido por múltiples sentenzas xudiciais gañadas pola central sindical, que a Xunta ten a obriga de executar. Para a CIG este acordo non supón mais que unha escusa para o goberno de Feijoo poder realizar outro anuncio electoralista.

  

A derradeira proposta trasladada por Función Pública aos sindicatos contempla o pago da parte devengada (xaneiro e febreiro) do complemento específico da paga extra de xuño de 2013 durante o ano 2016. Porén, a Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) reitera que non se trata dunha esmola que a Xunta lle regala ás empregadas e empregados públicos en ano de eleccións, senón que se trata dunha parte do salario indebidamente substraído polo Goberno de Núñez Feijoo ao conxunto do seu persoal.

  

A CIG-Área Pública non asinou o acordo sindical, pois, como xa anunciara, só está disposta a negociar un texto que recolla o pagamento integro do complemento específico e demais complementos dos anos 2013/14/15/16 (tal e como se lle ten proposto á Xunta en innumerábeis ocasión a través dun Plan de renegociación da débeda salarial), a recuperación de dereitos retributivos, laborais e sociais e a restitución de acordos sectoriais. 

 

 Pos iso, volveu reclamar á Xunta de Galiza que cumpra a súa propia Lei de Orzamentos do ano 2013 e pague integramente o que os xulgados están recoñecendo como dereito a percibir: a parte da paga extraordinaria devindicada dos meses de xaneiro e febreiro do ano 2013. Ademais demanda que fagan efectivas as sentenzas gañadas polo persoal e que non está efectivizando a Xunta de Galiza.

 Sobre isto, denuncian o carácter electoralista deste acordo, que nin sequera pasou polos órganos de negociación, senón que se presentou en Comisión de Persoal, algo que ao entender da voceira da CIG-Área Pública, Maricarme López Santamariaña, demostra “as presas do goberno de Feijoo por darlle publicidade nos medios”.

As Federación de Ensino, Saúde e Administración Pública consideran unha falta de respecto cara as empregadas e empregados públicos que a Xunta continúe adiando as súas obrigas e teña a ousadía de incluír no  texto do acordo un punto que especificamente contempla que a Xunta se “compromete a recuperar na Lei de Orzamentos para 2017 as dúas pagas adicionais do complemento específico ou retribucións equivalentes”. 

 Un compromiso que López Santamariña lembra xa se anunciara o pasado ano durante a negociación dos orzamentos para 2016, que xa está recollido na propia Lei de Emprego da Xunta, “e que será imposíbel cumprir porque falta por recuperar a parte que temos retrotraída do estado. Que se poña nun acordo algo que está recollido en múltiples disposición parécenos cómico e ridículo”, aseverou. 

A CIG tamén rexeita a actitude das organizacións sindicais presentes na mesa xeral que si asinaron este acordo, pois supón avalar as políticas de recorte da Xunta, entrar no xogo  propagandístico do PP e asumir os recortes tanto salariais como de dereitos laborais padecidos polo persoal das administracións públicas galegas ao longo destes anos.

 A Área Pública da CIG considera que é inaceptábel que se traslade a un acordo que “a sinatura do presente documento non implica para as organizacións sindicais asinantes a renuncia ás demais reivindicacións que poidan formularse ante a Xunta de Galiza”. “O que faltaba! Acaso cabería preguntarse se se ten que pedir permiso á Xunta para reclamar os nosos dereitos ao recollelo nun acordo”.

A este respecto, cómpre lembrar que se a Xunta de Feijoo se ve agora forzada a reintegrar un terzo da paga extra de 2013 non é porque exista vontade política, senón porque se ve obrigada despois de moitas sentenzas gañadas pola CIG que viñan mesmo impoñendo o pago de costas á administración.

 A Área Pública de CIG segue pois reclamando as pagas extras completas dos anos 2013/14/15/16; a recuperación de dereitos retributivos, laborais e sociais e recuperación de acordos sectoriais.

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

Mobilidade provisional

-LISTADOS PROVISIONAIS CON PUNTUACIÓN SAIRÁN A ÚLTIMA HORA DE HOXE

Acomodos Internos

-Están pendentes de resolver unha reclamación para a publicación de listas definitivas, contan con que se resolva en breve.

-Acto de elección.- Nalgunha categoría poderá xa ser este mes, en todo caso xa iremos informando

CASO ESPECIAL TCAES

Debido a que quedaron prazas en consultas sen ofertar, abrirase novo prazo para solicitar, porque á oferta de prazas actuais vanse sumar as “novas de consultas”.

Polo tanto non vai haber un novo proceso, senón que se adaptará este corrixindo a convocatoria coas novas prazas, e abrindo un novo prazo de solicitudes.


SÓ TERÁN QUE SOLICITAR AS TCAEs QUE QUEIRAN CONCURSAR E NON TEÑAN SOLICITUDE PRESENTADA

OS MÉRITOS TERANSE EN CONTA ATA A DATA DA CONVOCATORIA DE ACOMODOS

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>