Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

10712749_704340086314535_1569865942070946313_n

CONCENTRACIÓN NO HULA EN APOIO Á COMPAÑEIRA ENFERMA DE ÉBOLA E PARA PEDIR QUE SE POÑAN AS PILAS E TOMEN EN SERIO O TEMA, A MÁIS DE EXIXIR RESPONSABILIDADES POLÍTICAS POR TÓDALAS ABERRACIÓNS ACAECIDAS

O MARTES, POR FIN, TEREMOS REUNIÓN COA XERENCIA ÁS 10,30HS

A CIG-Saúde denuncia que practicamente en ningún caso se fixeron simulacros prácticos de cómo pór un traxe, nin sequera no centro de referencia, o Meixoeiro, a onde se remitiu unicamente un vídeo

O SERGAS limítase a colgar un protocolo na súa Intranet para informar ao persoal sobre como actuar fronte ao ébola

A CIG-Saúde denuncia que existe unha total falta de formación e adestramento do persoal no que se refire a todo o relacionado co virus do Ébola. “A percepción do persoal é que o único que fixo a Consellería ao respecto foi colgar os protocolos na intranet do SERGAS e cando algún persoal se interesa pola cuestión, remiten a estes  protocolos”, afirman.  A isto engade que “sabemos que o papel o aguanta todo, mais por colgar un protocolo na intranet non significa que o persoal estea xa formado. Precísase adestramento ademais de palabras escritas nun papel”.

·         Practicamente en ningún caso se fixeron simulacros prácticos de cousas tan evidentes como poñer ou sacar o traxe de protección. O persoal do 061 conseguiu que se lles ofrecera unha xornada técnica porque presionaron á dirección con non atender estes casos se non se lles formaba ao respecto. Esta xornada inda non foi impartida.

·         Estanse facendo pequenas charlas sobre o Ébola nalgúns centros, pero mesmo entre a charla dun centro e a doutro, existen informacións contraditorias.

·         Cando se supón que o Meixoeiro é o centro de referencia en Galiza para casos de Ébola, o persoal deste centro non foi formado ou adestrado con xornadas prácticas, e cando o requiriron, envióuselles un vídeo sobre cómo colocar o traxe de protección. A este respecto, moitos expertos coinciden en que a operación de poñer e quitar o traxe require de, cando menos, 2 semanas de adestramento por profesionais cualificados/as nun centro adecuado, algo moi lonxe do que está a acontecer. Ademais, tamén está recomendado que no momento  da retirada do traxe haxa dúas persoas con adestramento suficiente, unha axudando nesta tarefa e a outra supervisando e comprobando que se está a facer correctamente.

·         No resto dos centros da rede SERGAS, nomeadamente centros de saúde e PACs, que poden recibir un caso en calquera momento, non só non se formou e adestrou ao persoal, senón que en moitos casos non se dispón de espazos habilitados para o manexo destes casos. Por poñer un exemplo, en moitos centros os boxes de urxencias (sexan hospitalarias ou extrahospitalarias) teñen como única separación entre eles e o corredor de acceso unha cortina, e en caso de ter que poñer ou quitar un traxe de protección tería que facerse dentro do propio box ou no corredor por onde está a pasar todo o mundo. Xa non digamos os centros de saúde, que na súa maioría non dispoñen de ningún habitáculo que poida ser destinado a illar un posíbel caso de ébola.

·         Tampouco se sabe qué protocolo van seguir aqueles centros privados que poden ser susceptíbeis de recibir un caso deste tipo, nin se o persoal deses centros vai dispoñer das medidas de protección adecuadas ou do adestramento necesario.

·         Descoñécese tamén qué indicacións se lle deron ao persoal da limpeza, clave neste tipo de casos, e que, como é ben sabido e a CIG-Saúde denunciou sempre, está privatizado, sendo prestado este servizo por distintas contratas nos distintos centros. Este persoal debe de ser tamén adestrado convenientemente, cousa que, ata este momento, non se fixo.

·         A día de hoxe, en moitos centros inda non se dispón dos equipamentos de protección necesarios, ou o que se está a enviar como paquete anti-ébola consta de material de uso diario que para nada responde ao recomendado para casos de protección biolóxica como do que estamos falando.  O que é máis, o material que se está enviando non é nin sequera impermeábel.

·         Gustaríanos saber se a Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, tamén lle vai botar a culpa ao persoal ante un posíbel caso. En vista do ben que se están a facer as cousas, sería algo moi grave, tal e como é o que está a acontecer en Madrid, onde a vítima se converte en culpábel porque o goberno do PP elude responsabilidades. Nas últimas declaracións da Conselleira, nas que incidía en que “o protocolo está colgado a disposición de todo o persoal” resoan ecos de querer xustificarse despois nisto para non asumir a súa responsabilidade ante calquera situación e dirixir directamente a culpa ao persoal.

·         Nos centros sanitarios galegos traballan moitas persoas, profesionais formados/as e que co seu traballo diario manteñen a flote a Sanidade Pública, suplindo en moitos casos as carencias ás que se ven sometidos/as por mor dos recortes e políticas de desmantelamento e privatización que este goberno tén por norma aplicar. Calquera persoa que acuda a un centro sanitario galego pode estar segura de que o darán todo para axudar á súa curación. Mais tamén é necesario que se saiba que o están a facer, no que respecta ao Ébola, mais non só, en condicións indignas, e sen a máis mínima seguridade para a súa saúde.

·         Desde a CIG-Saúde, e recollendo o sentir do persoal que así nolo expresou, temos a percepción de que existe unha total e absoluta improvisación no tocante á actuación ante o Ébola. Existe sensación de caos, e así o están a contar desde os distintos centros moito do persoal que alí traballa.

·         Temos a esperanza de que non se dea ningún caso de infección por Ébola na Galiza, mais para o caso en que así fora, agardamos que desde xa se empece a tomar en serio esta cuestión e se empece a difundir adecuadamente a información e a formar e ADESTRAR convenientemente, con xornadas prácticas, ao persoal da sanidade, que vai expor a súa propia saúde para atendelo e quere facelo cunhas mínimas garantías.

 

Compostela, 10 de outubro de 2014.

 

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical galega

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

No día de mañá o sindicato SAE ten convocada unha concentración en apoio á TCAE infectada de ébola en Madrid, esta convocatoria fíxose hoxe, xusto cando a Xunta de persoal da área de Lugo estaba a facela, xa que a petición de reunión urxente co Xerente para tratar o tema non tivo resposta.

                É por isto que mañá haberá dúas convocatorias á mesma hora e no mesmo lugar, xa que as compañeiras do SAE rexeitaron que se convocara como Xunta de Persoal.

                Non temos nin idea do que motiva que convoquen outras organizacións sindicais, presupoñemos que SAE convoca porque o considera unha cuestión profesional e pretende facela rendible, o resto ignorámolo… pero sabemos porque convoca a CIG.

                A CIG convoca, efectivamente en apoio da compañeira que se atopa en estado grave, xa que consideramos que foi culpada sen reparos, e incluso presionada para autoinculparse, xusto cando se atopaba nun momento de gran debilidade física e emocional.

                Convocamos porque as autoridades de Madrid con moi pouca vergoña consideraron que hai que parar a investigación dos fallos do protocolo porque achacan o contaxio ao erro humano da nosa compañeira e cuasi conveciña.

                Convocamos porque alí os cargos políticos e autoridades sanitarias obraron cunha absoluta irresponsabilidade que se está a repetir aquí.

                A CIG sacará o seu comunicado á maior brevidade, como non pode ser doutro xeito, e mentres exixe ás autoridades sanitarias que tomen en serio este problema, pola seguridade da poboación e pola do persoal sanitario. A maiores exixirá responsabilidades políticas, incluído ao Xerente do HULA que no canto de organizar e tranquilizar ao persoal o que fai é esconderse e desaparecer….

POLO TANTO, VENRES DÍA 10 ÁS 11,30HS CONCENTRACIÓN NA ENTRADA DO HULA

Día Mundial da Saúde Mental

            Mañá na entrada do HULA farase unha pegada de carteis ao remate da concentración polo ébola, sobre as 12 da mañá.

                A continuación engádese o enlace da proposta de declaración parlamentar dos grupos da oposición en contraposición á ficticia declaración institucional da consellería de tódolos anos. PROPOSTA_DO_MOVEMENTO_GALEGO_DA_SADE_MENTAL_S_GRUPOS_PARLAMENTARIOS_DO_PARLAMENTO_DE_GALICIA_Alb.docx

E o Declaracin_MGSM_Dia_Mundial_Sade_Mental_10_de_Outubro.pdf de cara a este día do Movemento Galego da Saúde Mental

(cousas da informática, onde pon Sade debería poñer saúde)

Pregamos lle comuniquedes estas novas @s compañeir@s que traballan mañá de mañá

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

AQUI QUEDA A INSTRUCCIÓN DO SERGAS CONFORME XA SE PODE SOLICITAR E DISFRUTAR O 5º DLD, NESTAS CIRCUNSTANCIAS PARECE UNHA MANOBRA DISTRACTIVA, PERO NON O PERDAMOS POR FAVOR

ENLACE Á INSTRUCCIÓN

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

garita

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

O nosos hospital fenece, nas nosas mans está salvalo, para nós e para os/as galegas de mañá

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Levamos anos na mesma pelexa, porque vemos que a Sanidade Pública está caendo polo desaugue do fregadeiro dos distintos gobernos do PP.

O Hula usouse primeiro como propaganda política (mirade este enlace), daquela non podíamos nin pensar que se mantería pechado adrede, facendo cisco a placa da súa inauguración: Das galegas e galegos  de hoxe para a Galicia de mañá.

Dende o punto de vista da CIG a política que se está a seguir é unha vergoña, os criterios parecen claros: A destrución do Sistema Público por riba de todo.

Na Atención Primaria o criterio de substitución non o marcan as necesidades da poboación se non os concursos do SERGAS, é dicir, se unha enfermeira/médic@ se move de Castroverde a Lugo deixan o posto sen cubrir, pero como saíu a traslados, cando se incorpore alguén no concurso volverá a estar ocupada.

Na Atención Hospitalaria, do que se trata é de pechar camas, así o hospital permanece parado, o persoal úsase para cubrir ausencias, a xente da lista non logra un só contrato, pode ser que haxa ceses porque non hai hospital para traballar. Tódalas categorías estamos afectadas, cada vez máis afectadas…. E non ten pinta de que isto se vaia parar.

Mentres usuarios/as, están derivándose á Sanidade Privada xunto cos cartos que terían que vir para a Sanidade Pública, mentres conseguen que non poidamos atender aos doentes como é debido, será para que non noten a diferencia cando comparen coa privada.

É imprescindible que defendamos a NOSA SANIDADE, por responsabilidade, por supervivencia, pola nosa dobre dimensión de usuari@s e profesionais.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

sade_mental

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
RAJOYBOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO


Núm. 226
Miércoles 17 de septiembre de 2014
Sec. I. Pág. 72366
Tres.
Se modifica la letra k) del artículo 48, que queda redactada como sigue:

«Los funcionarios públicos tendrán los siguientes permisos.
(...)
k)
Por asuntos particulares, cinco días al año.»

http://www.boe.es/boe/dias/2014/09/17/pdfs/BOE-A-2014-9467.pdf


Desde CIG-Saúde queremos lembrar a todo o persoal que este Día de Libre Disposición non é un agasallo que nos queiran facer chegar desde a Administración, posto que previamente se nos retiraron días de Libre disposición do EBEP e outros  da lexislación galega e agora pretenden calarnos devolvendo días de un en un. 

Queda patente a estratexia de despiste que está a seguir a Administración Rajoy, parecen pensar: "vaiámoslles devolvendo días de 1 en 1, para que vaian estando contentos/as  e non molesten demasiado exixindo os outros dereitos roubados".

Non caiamos na trampa. Non nos están dando nada que non sexa noso, é a devolución do que antes nos roubaron.

Seguimos exixindo que se nos restitúan os dereitos que tiñamos, tanto de xornada e permisos como retributivos.
 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>