Dende Cig-saúde velando unha vez máis pola saúde dos traballadores deste centro, instamos á xerencia a que se estableza un protocolo de actuación para os casos de exposición e/ou contacto cun paciente ao que lle sexa diagnosticado unha meninxite bacteriana. Xa van varias veces nas que no Servizo de Urxencias se atende a algún paciente que horas máis tarde do seu paso por este servizo se lle fai este diágnostico, e o persoal que estivo en contacto con este paciente entérase, no mellor dos casos, días máis tarde, e sempre dun xeito extraoficial, é dicir, a través dos compañeiros. Sendo tamén a decisión de iniciar a terapia profiláctica un tema que se decide falando cos propios compañeriros da urxencia, sen ter unha valoración seria e oficial de cada caso. Segundo os protocolos que están publicados na páxina web do sergas, a administraciòn da terapia profiláctica debe facerse inmediatamente despois do contacto, sendo sempre preferible nas 24 horas que seguen ao ingreso hospitalario, xa que os beneficios atribuídos á profilaxe vai diminuíndo co paso dos días e non se recomenda pasados os 10 días. E por eso, que insistimos na necesidade de regular este procedemento dende o momento 0 que empezaría por un sistema de alerta no que todos os traballadores afectados de calquera dos servizos polos que pase o paciente con este diagnóstico sexan avisados e se lles informe do procedemento a seguir. Este tema levarase por parte desta central sindical ao vindeiro Comité de Saúde Laboral que será o 19/12/2014, ademais de poñelo xa en coñecemento desta xerencia. CONSELLEIRA: COMO PODE MENTIR, E QUEDARSE TAN PANCHA???? A táctica dos membros do goberno do PP é mentir, aínda a sabendas que o fan, por que sabendo, que nos cabrearemos e contestaremos, tamén saben, que a plataforma informativa non é nin de lonxe a mesma que teñen eles. Minten e minten e sempre queda algo, porque a súas mentiras se oen moito máis alto e chegan a tódolos medios e as verdades do pobo no dia a dia case nin se escoitan. O domingo dia 16 a conselleira de sanidade Rocio Mosquera quedouse tan pancha dicindo que no Sergas se fan contratos para substitucións e que se contrata moito, que son anecdóticos os contratos que se fan por un dia, e que se cobren baixas, permisos bla bla bla…... O raro é que non lle notemos que lle medre o nariz, porque a estas alturas tería que ser un nariz escandaloso. Periodicamente fáísenos chegar a relación de nomeamentos coas listas dos contratos que se dan dende esta xerencia, e como debe ser este sindicato conta e reconta, e ve o que ve, e temos que dicirlle a Sra. Rocio Mosquera que minte,e de que xeito, que os contratos que se fan por un dia en reforzo cubrindo baixas, permisos etc non so non é unha anécdota, senón que se pode dicir que é a práctica máis habitual sobre todo dende que ela e a conselleira. Nun período comprendido dende 13/10/2014 ata 12/11/2014 en atención primaria de Lugo se fixeron un total de 340 contratos de un dia en diferentes categorías por reforzos que non son tales pero así os fan. Na atención especializada no HULA, no período de 23/09/2014 ata 30/09/2014 se fixeron 448 contratos de un dia repartidos entre tódalas categorías. Podían facer o mesmo con vostede e contratala de luns a venres (se non hai festivos polo medio) ou en días alternos, ou por horas así tamén tería un cento de contratos e os números serían marabillosos o ver a gran cantidade de contratación que fai a súa consellería A precariedade no emprego do persoal das listas de contratación e un feito, e o que isto conduce e unha precariedade na atención xa que os profesionais non están a ser substituídos . Non minta máis Conselleira que aínda que non nos escoiten como a vostede, seguiremos berrando . LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos indicados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e deberán dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, órgano convocante do proceso. Diplomado sanitario e de formación profesional Enlace as listaxes Web Sergas: Listaxes, (poderanse ver en canto as publiquen). A maiores dicir, que o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Documento información sobre Mesa Sectorial do 05.11 |
A CIG-Saúde denuncia que esta formación xa é impartida pola FEGAS |