Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Sabemos que é un problema crónico no Complexo, esta temporada está caendo unha auténtica plaga en calde de xeito que o persoal acaba sendo vítima por duplicado, explicarémosvos o porque.

A CIG entende como lamentable que rouben as pertenzas de pacientes e familiares, ao noso entender é igual de lamentable é ir traballar e saír roubado.

O que nos resulta aínda máis inconcebible é que aínda pode ser peor, porque 2 compañeiras están acusadas no caso do roubo do bolso dunha acompañante.

Segundo parece a Policía Nacional estudiou o tema pero non atopou ata o de agora medidas que foran efectivas, o único que se nos ocorre a nós e non se lle debeu ocorrer a ninguén é que poñan cámaras nas saídas do hospital e nas entradas das plantas, pechaduras nos armarios dos cuartos, un folleto explicativo específico para entregar aos acompañantes....

Como CIG pedimos algo de colaboración por parte da Dirección e mandos intermedios, xa que, como traballadores denunciados por causa de estar desenvolvendo as labores do seu posto de traballo temos dereito a asistencia letrada por parte do SERGAS e alguén nolo ten que dicir, é máis pedimos que a Dirección nos apoie sen remilgos  e que tamén nolo faga saber.