Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

CP

Estamos preparando mobilizacións por causa de que o panorama se presenta bastante negro, esta consellería e a dirección do SERGAS non son sensibles ás demandas do persoal, , nin a nada.

Estaremos con este tema unha boa temporada e moito nos tememos que a medida que pase o tempo se irán incluíndo outros temas de importancia nos que precisaremos o voso apoio.

 

DINÁMICA INTRAHOSPITALARIA E NA PRIMARIA

Debedes informarnos das contratacións que se deixen de facer neste hospital, os días que non se cubran e as anomalías que vaiades vendo. O aforro non xustifica a non cobertura cando se resinten os equipos de traballo.

 

GORRILLAS

Un tema pendente ás beiras do hospital xeral, estamos un pouquiño fartos de comentalo e que ninguén faga nada efectivo, sabemos que están fóra do recinto pero tamén sabemos que temos “Corpos e forzas” de seguridade que deberían facerse cargo con algo máis de vehemencia. Como saíu estes días no periódico igual alguén dá feito algo..

 

DOCENCIA

Organiza un curso de 40 hs “Nanda, Nic e Noc” crémolo de interese para as enfermeiras o número de docencia é 246582, por se queredes anotarvos.

 

DIAS DE LIBRE DISPOSICIÓN

 

Estivéronse denegando para o persoal de enfermería, foi un erro que nos recoñeceu o director saínte xa que o acordo de centro que rexe esto marca claramente que son 5 DÍAS  sempre e cando se precise substitución e non haxa unha situación de apuro inmediato que non permita pedilos con esa antelación. Avisádenos porque estes cambios por capricho non se poden permitir.