Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

O persoal da Sanidade de Lugo temos a sensación certa de abandono total por parte das autoridades sanitarias e por parte da Dirección do noso Centro.

Dende que apareceu o primeiro caso, a organización de persoal, a organización asistencial, e a protocolización para o uso dos EPIs, foi lenta.

Estívose facendo un esforzo formativo para a colocación e retirada de EPIs e instauración de protocolos, que non fixo que o persoal tivera máis confianza na dirección do Centro.

Tomáronse medidas de contacto telefónico dxs traballadorxs con profesionais para resolver dúbidas sobre o Coronavirus e agora para atención psicolóxica, pero resulta que a capacidade de atención simultánea fai que haxa grandes dificultades para contactar.

Enviouse un correo electrónico, polo menos a persoal sanitario non facultativo, dicindo que mantivera as distancias nas salas e no relevo pero que se fixeran encamadxs sen protección. Descoñecemos se outros colectivos recibiron directrices por escrito.

En todo caso, xa que a circular enviada é de obrigado cumprimento, que nos envíen por escrito tamén que non temos q poñer protección ( máscaras, batas....) no caso de que haxa que realizar técnicas a doentes que non teñan illamentos de respiratorio, pe aseo do paciente encamado, aseo oral ou realización de analíticas ou vías...

Ao persoal que estivo en contacto con casos de coronavirus estáselle dicindo que veña traballar, cando nalgún sitio os mandan 7 días para a casa e aos 7 días se lles fai o test… (claro que isto é porque agora non hai test)….

Todo isto parecía propia incompetencia local ata que agora sae o Sr Feijóo dicindo que ten máscaras para 15 días e que non ten máis porque non quixo, que resulta que interrompeu a compra…. Que vai haber respiradores e non sei que…. Que a culpa a ten toda Madrid, Que pa chulo, chulo…..

Sres da Dirección, se eu pensara agora mesmo que o persoal técnico non ten liberdade técnica para facer uns protocolos de protección adecuada. Engañaríame???? E que están a facer uns protocolos políticos aínda ao pesar deste persoal???? Porque non teñen datos correctos sobre cantos equipos de protección temos, test, etc…. E deben garantir que teñamos EPIs no pico da pandemia en Lugo. É dicir, estáos enganando a consellería para maior gloria de Feijóo á conta da vida dos galegos/as sanitarios/as ou non?????

Danse conta de que:

1. A día de hoxe é un protocolo obsoleto que non valora o risco psicosocial e de saúde ao que está sometido o traballador/a)

2. Pon en risco a Saúde dos pacientes pq hai moitos COVID asintomático e o persoal pode ser un vector de transmisión.

3. É contrario ao resto de protocolos dos profesionais que se ven nos medios (Policía, GC, e exército...)

4. É contrario ao das empresas privadas, e centros sociosanitarios, q tamén levan as mascaras.

5. Que nos parece que hai incompetencia na toma de decisión da Consellería, a mellor garantía para a expansión do virus é que as traballadora/ es da Sanidade enfermen.

6. Que nos vemos na obriga de denunciar estés protocolos na Fiscalía e en Inspección.

Din as compañeras do Hula se está Feijóo gardando as máscaras para que poidamos ir aos enterros unhas das outras, e ata igual teñen razón.