Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Como sabedes este edificio no que pasamos boa parte da nosa vida, ben por traballo ben por algunha cuestión de saúde, xa sexa nosa ou dalgunha persoa achegada, ten 7 anos de vida. Foi aló polo 2011 cando o inauguraba Feijoo  dicindo que ía a ser “unha referencia para Europa”, pois sí, referencia vaina ser pero de unha construción deficiente e do deixamento do Sergas en poñerlle freo e pedir responsabilidades aos culpables deste feito.

Poderíamos citar moitos casos onde vemos que non é normal que neste tempo xa sufriramos tantos problemas polas deficiencias estruturais ou técnicas do edificio como por exemplo:    
 -caídas das placas de escaiola do teito

- os ascensores que  pechábansenos  dándonos uns trompazos terribles pola falta de células,

 -os problemas das cañerías que producen un cheiro que apeletra polo deficiente desaugue, que así tamén afecta a duchas de vestiarios

- as inundacións producidas polas insuficiencias na canalización das augas e unhas arquetas mal dimensionadas,

-dificultades habituais na regulación da temperatura do edificio

-constantes levantamentos no chan da planta 0, porque o seu recobremento non está adecuado ao trote que leva

-o aire acondicionado ao límite nunha “ola” de calor que alí non pasou dos 37 graos

-ata a pedra para suxeitar a porta de acceso de pacientes externos á farmacia....

-e ultimamente e xa para poñernos si cabe máis en perigo, estanse a desplomar as lousas colocadas na parede exterior do edificio.

Isto como comprenderedes, debido ao perigo que supón, xa pasa da anécdota, unhas pedras de máis de 60 kgs de peso que caen en vertical dende unha altura considerable son unha verdadeira guillotina que polo de agora afortunadamente non causaron danos persoais, pero non por elo nos sigue a parecer unha situación gravísima para a seguridade sobre todo dos traballadores e traballadoras que fan tarefas de limpeza de cristais e no exterior.

Din as malas linguas que isto foi unha herdanza da Cidade da Cultura, e se ve que para D. Manuel ía o mellor, por iso as boas das pedras teñen un grosor considerable, máis alá do estritamente necesario, posiblemente.

A resposta que recibimos as O.O. S. S.  dende os responsables da dirección do centro foi que se estaba a investigar o problema, e que no caso de ser factible pediríanse dende os Servizos Xurídicos do Sergas contas aos responsables.

Dende a CIG-Saude queremos denunciar esta situación que podería causar danos gravísimos  e incluso mortes, non podemos quedarnos de brazos caídos ante un problema de esta envergadura.  Instamos á Xerencia do Hula e aos responsables do Sergas a que revisen o estado do HULA, nomeadamente a colocación e o amarre destas lousas que están a caer, que poñan a traballar a todos os técnicos e enxeñeiros que sexa necesario, pero que se poña unha solución rápida e eficaz ao problema mentres que se curse orde ás empresas concesionarias, nomeadamente limpeza e mantemento dos xardíns de cesar a súa actividade nesas zonas...

Así mesmo, esiximos que se investigue a orixe de todas estas eivas do edificio, e que se lle reclamen responsabilidades ás empresas implicadas na construción. Sexa cal sexa o nome de esa empresa e teñan os contactos políticos que teñan o seus donos.

Dende a CIG temos a impresión de que este adorable Castelo que arquitectonicamente pode ser moi meritorio pode ter innumerabeis problemas de agora en adiante, por ser deseñado e construído como se fora para outros usos, non para estar funcionando a pleno rendemento as 24 hs do día, tódolos días do ano de tódolos anos da súa “vida”, por isto cruzamos os dedos para que non sexa un Castelo de naipes.