Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL

 

                No día de hoxe nun acto de conciliación,  a empresa CLECE readmite a Mª Fe, a traballadora despedida por estar de baixa na concesionaria da limpeza do HULA.

                Dende o Comité valoramos isto como un éxito sen precedente, non só polo resultado, senón tamén polo ambiente de apoio que se xerou en torno a este dramático caso e que nos obriga a ter unha longa lista de agradecementos que facer.

                Agradecemos a enteireza da compañeira que deu a cara en todo momento, ás compañeiras/os da limpeza, ás compañeiras/os HULA, aos compañeiros/as das OOSS que viñeron apoiar nas concentracións ou de calquera outro xeito, aos medios de comunicación social que reseñaron de distintos xeitos esta loita de David contra Goliat.

                Só a presión social logrou que CLECE readmita a esta traballadora sen nen se quera chegar a xuízo, prima defender a súa imaxe o que  ata este momento non debeu ter en conta.

                Temos que nomear a tristura que nos causa que o maltrato á clase traballadora, CLECE ten abertas causas en toda Galiza e en toda España por infinitude de irregularidades nas relacións laborais, mentres as administracións públicas co diñeiro de todos/as seguen a asignarlle contratos e incluso o goberno de España a condecora polo seu compromiso contra a violencia de xénero.

                Denunciamos que CLECE maltrata e logo lava a cara na prensa, tanto, no antedito tema como no da integración da discapacidade.

                Sabemos que isto só é unha pequena vitoria e que nos espera unha longa loita, dente esta nota o Comité comprométese á loitar sen descanso porque esta, ou calquera outra empresa concesionaria na limpeza no HULA trate con respecto ao seu persoal, isto supón o cumprimento estrito do convenio, o cumprimento da normativa de seguridade e saúde, o trato respectuoso e digno a cada traballador/a e ao colectivo e para iso utilizaremos o aprendido ata o de agora .

Moitas grazas e un saúdo

  NIN QUE DICIR TEN QUE VOS AGRADECEMOS A COLABORACIÓN, SIGAMOS ASÍ POR FAVOR, QUE TRABALLAMOS PARA NÓS