Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

            A Empresa CLECE concesionaria do Servizo de Limpeza no HULA, vén de despedir a unha traballadora máis (a segunda nun ano) por non cumprir os obxectivos xa que estivo de baixa laboral por unha enfermidade crónica ben seria.

            Amparados na denostada reforma laboral, non tiveron en conta máis que o número de días traballados,  pero non a vontade da traballadora por sanar, nin a súa competencia profesional (da que ninguén dubida).

            Aquí o único que importa é que a empresa saque rendemento económico por subvencións aos pagos á Seguridade Social nas súas contratacións, polo que non sería de extrañar que a substitución desta persoa fora deste xeito.

            Foi unha súbita decisión do Servizo de Persoal ubicado en Madrid, de modo que incluso deixaron que a traballadora se vestira de uniforme para recibir tal noticia tendo que irse de seguido para a súa casa.

            Esta empresa está desenvolvendo unha cruzada contra o absentismo pola vía das coaccións e despidos, en cambio non quere pararse e analizar a causa que o provoca, tal e como lle pediu o Comité de Empresa e o Comité de Seguridade e Saúde.

            O Comité entende que esta non é a vía para rebaixar o absentismo laboral, o que habería que facer sería valorar a distribución das cargas de traballo e o clima laboral, entre outras moitas cousas como por exemplo reforzos positivos.

            En troques, CLECE o que fai é ameazar ás traballadoras de baixa, con coaccións telefónicas, cambios nas vacacións, entrevistas obrigatorias ou negarse a recoller os partes de baixa entregados por familiares, etc

            Desgrazadamente este Comité non logrou que a Xerencia do HULA se implique como é debido para condicionar ás empresas subcontratadas a levar prácticas éticas na Xestión do RRHH.

            Dende o Comité de Empresa e dende o de Seguridade e Saúde faranse tódalas peticións e denuncias que sexan precisas para frear estas malas prácticas empresariais.

            Por suposto, este Comité convocará mobilizacións en apoio á compañeira despedida.

 

            De inicio, a próxima semana:

 

Luns.- de 9,30 a 9,45 e de 18,30 a 18,45

 

Mércores e venres ás mesmas hora.

   

COMITÉ DE EMPRESA (CIG, UGT, CCOO, CSIF)

Lugo a 3 de novembro de 2016