Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Hoxe día oito de outubro, publicouse no D.O.G a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocados por Resolución do 19 de novembro de 2014.

O estado da solicitude podedes consultalo no expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Para consultar a resolución tedes a vosa disposición : 

DOGA

A páxina web do Servizo Galego de Saúde. 


PRAZOS DE CESAMENTO DO PERSOAL ADXUDICATARIO: -

Por necesidades organizativas e asistenciais, o cesamento dos profesionais que resulten adxudicatarios producirase con data 15 de outubro .

PRAZOS DE TOMA DE POSESIÓN DO PERSOAL ADXUDICATARIO:

A toma de posesión da nova praza debedes efectuala, segundo a praza de procedencia:

Dentro dos tres días hábiles seguintes ao cese (último día do prazo 19 de outubro), se as prazas son da mesma área de saúde.

No prazo de quince días hábiles (último día do prazo 3 de novembro), se as prazas son de distinta área de saúde.

No prazo dun mes (último día de prazo 16 de novembro), se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.

Non dispoñen de prazo posesorio os adxudicatarios que xa ocupen praza no mesmo centro de destino ou en virtude de comisión de servizos ou reingreso provisional.