Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Sabemos que é un problema crónico no Complexo, esta temporada está caendo unha auténtica plaga en calde de xeito que o persoal acaba sendo vítima por duplicado, explicarémosvos o porque.

A CIG entende como lamentable que rouben as pertenzas de pacientes e familiares, ao noso entender é igual de lamentable é ir traballar e saír roubado.

O que nos resulta aínda máis inconcebible é que aínda pode ser peor, porque 2 compañeiras están acusadas no caso do roubo do bolso dunha acompañante.

Segundo parece a Policía Nacional estudiou o tema pero non atopou ata o de agora medidas que foran efectivas, o único que se nos ocorre a nós e non se lle debeu ocorrer a ninguén é que poñan cámaras nas saídas do hospital e nas entradas das plantas, pechaduras nos armarios dos cuartos, un folleto explicativo específico para entregar aos acompañantes....

Como CIG pedimos algo de colaboración por parte da Dirección e mandos intermedios, xa que, como traballadores denunciados por causa de estar desenvolvendo as labores do seu posto de traballo temos dereito a asistencia letrada por parte do SERGAS e alguén nolo ten que dicir, é máis pedimos que a Dirección nos apoie sen remilgos  e que tamén nolo faga saber.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

CIG-SAÚDE INFORMA A TÓDOLOS TRABALLADORES/AS

 

CIG-SAÚDE OPONSE Á CESIÓN DE TRABALLADORES PÚBLICOS

 

Na primeira manifestación pública da Conselleira de Sanidade, declarabase Conselleira da SANIDADE PÚBLICA e da PRIVADA, agora mediante Ordes de Servicio declara ao persoal estatutario traballadores dos dous sectores.

Dende o ano 2007 establécese a integración do persoal de MEDTEC ( a día de hoxe GALARIA ), como persoal Estatutario, traballadores do Servizo Galego de Saúde, ou sexa  TRABALLADORES DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO.

Coa data 7 de setembro de 2009 a Directora de Recursos Humanos de Galaria dita Ordes de Servizo “obrigatorias” ás enfermeiras estatutarias  perfusionistas con destino no quirófano de ciruxía cardíaca do hospital Meixoeiro, para que a partires da data e con periodicidade de 2 días semanais, pasen a desenvolver o seu traballo dentro da sua xornada ordinaria no HOSPITAL PRIVADO NOSA SEÑORA DE FÁTIMA.

Durante a sua xornada de traballo este persoal desenvolve ás suas función en compañía de persoal propio do hospital privado, a Consellería acaba de crear unha equipa multidisciplinar PÚBLICO/PRIVADO, hasta o dagora non coñecido no sistema Nacional de Saúde.

 

A lexislación vixente para o persoal  Estatutario non contempla baixo ningún concepto A CESIÓN DE TRABALLADORES PÚBLICOS Á HOSPITAIS PRIVADOS.

 

CIG-SAÚDE SOLICITOU aos responsables do Sergas a inmediata paralizacióin deste asunto.

Pedimoslle a tódolos traballadores que se manteñan alerta ante este tipo de situacións, que non podemos permitir, xa que o que hoxe empezou en Vigo, pode extenderse como un regueiro de pólvora por toda Galicia.

 


Se esta medida non se PARALIZA INMEDIATAMENTE,

CIG-SAÚDE NON DESCARTA TOMAR OUTRAS MEDIDAS DE PRESIÓN

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Como a Dirección de Recursos Humanos do SERGAS convoca unha xuntanza para tratar como será o novo pacto de contratacións,  publicamos as propostas de CIG-Saúde cara a este novo Pacto de contratacións.

Ler máis...

 

<< Inicio < Anterior 201 202 203 Seguinte > Final >>