Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

En Lugo tamén

573-70471-a-mexandoOs afiliados que acudiron a asemblea convocada por CIG-Saúde Lugo por causa da proposta do SERGAS para o Baremo do Pacto de Contratacións manifestaron claramente a súa discordancia con esa proposta.

En termos de porcentaxe poderiamos dicir que o 99% non concordan con que haxa unha lista única de aprobados coas demais subsidiarias, o 100% non concordan con que na 2ª lista  se bareme só  a nota do exame.

É, polo tanto, unha clara oposición a esta proposta e así o transmitiremos ao Consello Nacional da CIG o día 22, facendo notar que os nosos afiliados contratados están dispostos a mobilizarse no caso de que as listas pendentes de publicación non saian coa celeridade suficiente.

Séntese o persoal extremadamente agraviado porque o aprobar a última OPE non lles vale para nada, e séntese os últimos da fila... 

Terémosvos informados a todos, para calquera dúbida o 982296537 ou ben o 607547358

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

MAIL ENVIADO POR ROSARIO VILLADANGOS, RESPOSABLE DA OPE NO SERGAS

 

Bos días: nos próximos días está previsto que sexan publicadas no Diario Oficial de Galicia as seguintes resolucións:

 

VENRES DÍA 16 DE OUTUBRO:

 

- Notas definitivas dos exercicios da fase de oposición de licenciados sanitarios.

- Datas e horas de celebración dos exercicios da fase de oposición das categorías de persoal non licenciado sanitario que se realizarán no mes de novembro (as de outubro xa foron publicadas).

 

LUNS DÍA 19 DE OUTUBRO:

 

- Apertura do prazo (de 15 días) para a presentacíón da documentación da fase de concurso do proceso selectivo de licenciados sanitarios.

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
573-70396-a-queremosgalego2040020x20567A CIG forma parte da Plataforma Queremos Galego, que convoca para o próximo 18 de outubro unha manifestación de rexeitamento da política anti-galego que está a levar a cabo o PP (no ensino, na sanidade, na Función Pública, nos Concellos...). Ademais, estase a impulsar unha Iniciativa Lexislativa Popular, cuxo texto é o que podedes ver máis abaixo.

Como integrantes desta Plataforma, animámosvos a tod@s a participar na manifestación do próximo domingo 18 de outubro. A Plataforma vai ser presentada próximamente na comarca de Valdeorras e tentará fletar un autobús para que aquelas persoas que queiran ir á manifestación e non dispoñan de transporte poidan acudir igualmente.

Animámosvos tamén a adherirvos á Plataforma, podedes facelo na páxina web www.queremosgalego.org, onde atoparedes máis información ao respecto da Plataforma, da Manifestación e da Iniciativa Lexislativa Popular:


Proposta de Iniciativa Lexislativa Popular
pola Garantía dos Dereitos Lingüísticos


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


O Estatuto de autonomía de Galicia estabelece no seu artigo 5.º que “a lingua propia de Galicia é o galego” e que “os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar”. Para facer efectivos estes dereitos a lei sinala que “os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento”, acadando así que ninguén sexa “discriminado por causa da lingua”.

A pesar do sinalado nesta norma, a realidade é que a lingua propia do país continúa sen ter garantida a presenza mínima do seu recoñecemento de oficialidade hai tres décadas, situándose a súa posición pública e institucional lonxe do mandado estatutario. Así, está ausente de boa parte da documentación e sinalizacións públicas, o dereito a recibir atención neste idioma carece de garantías reais e o sistema educativo non só non garante as competencias lingüísticas suficientes en galego, senón que incide no abandono do galego por parte de moitas nenas e moitos nenos.

Para rematar con este incumprimento estatutario é necesario que o Goberno galego adopte medidas para romper con esta situación tan inxusta e avanzar na normalización. As galegas e os galegos teñen que ter garantido o dereito a poderen vivir con normalidade na súa lingua na súa terra, sen discriminacións de ningún tipo, como prevé o Estatuto de autonomía no art. 5.

A liberdade das persoas que integran a sociedade galega só poderá ser efectiva cando o Poder Público dispoña os medios no sistema educativo para que todos e todas coñezan axeitadamente o galego e a Administración estea en condicións de dispensar os seus servizos na nosa lingua.

A Administración debe cumprir ademais o deber de fomento do uso do galego na vida pública para que mediante a súa visualización a lingua propia acceda a ámbitos institucionais e privados dos que tradicionalmente estivo excluída, transmitindo a mensaxe á sociedade de que a nosa lingua é válida para calquera situación da vida diaria. Cúmprese así co deber constitucional previsto no art. 9.2. da Constitución española de crear as condicións para facer efectiva a igualdade das persoas, promovendo a lingua que está en condicións de desvantaxe social –como amosa a evolución dos Mapas sociolingüísticos elaborados pola Real Academia Galega–, fundamento das leis protectoras e fomentadoras do galego.

Estas medidas teñen que ir no camiño dos consensos acadados nestes anos, como a aprobación en 1996 da Declaración universal de dereitos lingüísticos, a ratificación en 2001 da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, monitorizada polo Consello de Europa, e a aprobación en 2004 do Plan xeral de normalización da lingua galega.


TÍTULO ÚNICO


Artigo 1.- O Goberno galego, en cumprimento da obriga estabelecida no artigo 5 do Estatuto de Autonomía, fará plenamente efectivos os dereitos das galegas e dos galegos a utilizaren o idioma propio do país.
Artigo 2.- O Goberno galego garantirá que toda a sinaléctica, información e documentación administrativa que reciban os cidadáns e as cidadás en todos os ámbitos administrativos da Xunta, ou en calquera ámbito participado por ela, incluídas todas aquelas entidades xurídicas que prestan servizos dependentes daquela, estean en galego.
Artigo 3.- O Goberno galego garantirá que todos os seus servizos, e os de calquera entidade participada por el, incluídas todas aquelas que os prestan dependendo da Xunta, serán prestados en galego a todos os cidadáns e cidadás. O persoal das entidades dependentes da Xunta ha tomar a iniciativa dirixíndose e manténdose en galego cara ao público, coa excepción daquelas ou daqueles que soliciten seren atendidos en castelán. Así mesmo, todos os cargos públicos e os dos organismos e entes autonómicos, sociedades públicas e institucións dela dependentes farán uso público, tanto oral como escrito, de xeito sistemático, da lingua galega no desempeño da súa responsabilidade.
Artigo 4.- O Goberno galego garantirá que o dereito a usar e recibir información, documentación etc na lingua propia do país non supoña ningún tipo de discriminación, demora na prestación do servizo ou deturpación lingüística por parte da Administración galega ou os seus representantes.
Artigo 5.- O Goberno galego adoptará as medidas necesarias para garantir o dereito a recibir o ensino en galego por parte de todo o alumnado ao menos nun 50% do horario escolar en cada curso en todas as etapas educativas, de acordo co sinalado no Plan xeral de normalización da lingua galega.

Disposición Transitoria.- O Goberno galego deberá adoptar cantas medidas sexan precisas para lle dar cumprimento ao disposto nos artigos 2 e 3 nun prazo de seis meses desde a entrada en vigor desta lei.

Disposición Final.- A presente lei entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


QUEREMOS GALEGO!!!
 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 COLLAGE:     

Cadáver do tunel de secado+morea de roupa sen procesar+ uniformes do  persoal sen lavar

 

 

         IMGP4322IMGP4321IMGP4319

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

A LAVANDERÍA DO H. XERAL: CRÓNICA DUNHA MORTE ANUNCIADA

 

            Dende hai anos o deterioro da lavandería do Xeral é evidente, a decisión tomada de non incluír espazo físico para ela no Hospital Novo fai pensar que esa era a maneira de resolver o problema e que desgraciadamente segue a estar de actualidade.

            Mentres a lavandería se deteriora estruturalmente o persoal sofre o empeoramento constante das súas condicións de traballo.

            Hai máis de un mes que existen problemas co sistema de vapor, este é o que move o túnel de secado e as máquinas de pasar o ferro, todo esto, segundo parece de difícil amaño, dá lugar a que o persoal estea parado unha parte do tempo e noutros momentos teña que traballar a esgalla, para quitar adiante o cúmulo de roupa que motiva o parón anterior.

            Esto causa varios trastornos, parte da roupa mándase lavar fóra do Hospital e non vén nas condicións que se acadan aquí, o persoal séntese abandoado da man de deus, porque o que fan fano a base de pura vontade, sen medio algún, cando paran, é porque non lles queda máis remedio e cando traballan non reciben axuda para sacar adiante o atraso.

            No hospital séntese a merma da calidade do lavado externo, o persoal non conta con roupa de traballo porque se demora na chegada, cando vén non está ao nivel acadado na nosa lavandería (¿ten o  persoal que pasar 15 días co mesmo uniforme que xa lles chegou sucio? ¿ten que traballar en chandal?, xa hai xente que o fixo) . O consello de que os uniformes se laven na casa parécenos pouco hixiénico e alonxado dos protocolos que se promocionan como xeitos seguros de evitar a transmisión de enfermidades.

            O feito de deixar esmorecer este servizo motiva moitos descontentos xerais, fai medrar o sentimento de que a calidade dun traballo non se prima nen se recoñece, a CIG-Saúde faille pensar que o economicismo imperante (un criterio equivocado de aforro que precariza o traballo e non diminúe en absoluto o gasto para o sistema) está por riba da consideración que se lle debe ao traballador/a e por riba tamén de manter un nivel óptimo de servizos.

            Pedimos, por suposto, a busca inmediata de solucións efectivas e que non se deixe esmorecer sen alento a un servizo que funciona ben, incluso no medio das maiores dificultades.

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

Estimados visitantes da nosa recén estreada páxina, acabamos de ler a edición dixital de "El Progreso" http://elprogreso.galiciae.com/nova/40442.html  na que aparece claro un desmentido do SERGAS no tema da Lavandería do Hospital Xeral, non nos quedou máis remedio que pensar, dada a hora, que "menudos traballos nos dá el Señor".

Tentaremos responderlles dun xeito medido e coherente:

1.- Ás máquinas propias da  lavandería non lles pasa nada, ata onde sabemos, o problema está no tunel de secado e, dende logo, si que hai un tempo que se envía a roupa do Hospital de Calde á lavandería do CHUAC, por que neste hospital, efectivamente, non houbo coidado coa lavandería que temos.

2.-Non houbo rotura de stokcs, claro, os uniformes do persoal non se atopan en stokc, atópanse en uso por parte dos traballadores. Recordamos que os pijamas dos pacientes se están servindo sen planchar, porque non hai onde. Que as máquinas de planchado para as sabas polo de agora funcionan, pero en calquera momentiño.... O propio xerente confirmou ao persoal que non hai cartos para amañar as avarías actuais nin as futuras, así que vén sendo cuestión de tempo....

3.- O SERGAS en si mesmo non pode demostrar que os traballadores foran traballar nalgunha ocasión en chandal, ou o que é peor disfrazados, por falla da roupa adecuada, o SERGAS é un Ente, e non ten poder para velo todo, só ten poder para gobernalo todo, cuestións ben diferenciadas ambas, se a CIG-Saúde di que houbo quen traballou en chandal é porque lle consta que foi así.

4.-O SERGAS di que non pensou en reparar a máquina de lavandería averiada porque nos imos para o hospital novo en 6 ou 7 meses (xa lles gostaría) de todos xeitos, que utilidade argumentaria ten esto se no hospital novo non vai nen sequera edificio para a lavandería.

5.- Temos que dicirlles aos responsables correspondentes, que quen escribe ten constancia de que existen moreas de bolsas de roupa sen lavar, as moreas de uniformes do persoal que dende o luns pasado, a magnífica lavandería do CHUAC, se nega a admitir.

6.- Con respecto a se houbo ou non queixas ou problemas coa roupa lavada fóra, a CIG ten presentados escritos dende hai 2 anos coas queixa do persoal de Calde ao respecto, é cuestión de tirar de arquivo.

7.-Por último responderemos á afirmación de que a carga de traballo é menos e o número de empregadas segue a ser o mesmo, ¡claro señores! a carga é menos porque as máquinas non funcionan, non cremos que a carga sexa menos porque o persoal do hospital non cambie aos paciente, ou porque a ocupación hospitalaria sexa inferior, a carga de traballo distribúese de xeito irregular, esgotando ás traballadoras... Menos mal que a CIG di que o servizo funciona polo voluntarismo de quen traballa, segundo parece a Xerencia pensa que sobran, sorte que non pode despedilas...

8.- Pedímoslle ao Xerente do Hospital que vaia explicarlle ao persoal a verdade do problema, que deixe de pasear polo medio da lavandería, que se achegue atrás, onde se descarga a roupa, que saque as mans dos petos e se agarre ás bolsas. Suxerímos ademais para un maior aforro que nos poñan un pilón, a CIG xa se encargará de instalar as cordas e tender a roupa.

 

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

O xoves día 8 refundouse a Plataforma Sindical de CCOO, UGT, CSIF, SAE, CEMS e CIG-Saúde para permanecer en loita contra o sistema de suspensión de acordos seguido por este goberno, xa vos informaremos ao respecto.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

O VENRES 9 DE OUTUBRO ÁS 12 HS NO SALÓN DE ACTOS DO H. XERAL

 

ASEMBLEA ABERTA DE TRABALLADORES PARA TRATAR SOBOR DE A:

-PROPOSTA DO SERGAS SOBRE O NOVO BAREMO PARA O PACTO DE CONTRATACIÓNS

-VARIOS

O MARTES 13 ÁS 17 HS HABERÁ ASEMBLEA DE AFILIADOS COS SEGUINTES TEMAS

Trátase de informarvos sobor da suspensión dos acordos e máis acadar unha posición da Comarca de Lugo sobre o baremo do Pacto, para poder debatela internamente na CIG e acadar unha posición para trasladar ao SERGAS.

 

 

 

 

<< Inicio < Anterior 201 202 203 Seguinte > Final >>