logo_cig_2

 

No 2014 denunciamos publicamente que na Consellaría de Sanidade había auxiliares administrativos exercendo, e cobrando,  coma xefes de servizo do grupo A1. Isto foi desmentido tanto pola Consellaría como por Función Pública.

Neste mes de agosto o Consello de Contas de Galiza publica o seu informe sobre a FEGAS, que é onde estas persoas teñen o su posto base, e non só ratifica a nosa denuncia se non que publica os datos económicos das cantidades que perciben desde o ano 2009. Cantidades que os sitúan nas retribucións máis altas do grupo A1.

Finalmente a CIG-saúde acorda e

 
Formula DENUNCIA polos delitos de MALVERSACIÓN DE CAUDAIS PÚBLICOS e/ou PREVARICACIÓN contra as autoridades e funcionarios da CONSELLARÍA DE SANIDADE, con enderezo no edificio administrativo de  San Lázaro, s/n - 15703 Santiago de Compostela, que, após a preceptiva investigación, aparezan como responsábeis dos feitos que se relatan na denuncia (podedes ver a denuncia no ficheiro adxunto).
juzgado

Un saúdo

María Seijo García
Delegada sindical de CIG-saúde
Addthis