A XERENCIA DA EOXI DE A CORUÑA ESTABLECE UNHA NOVA ORDE DE CHAMAMENTOS SALTÁNDOSE O PACTO DE CONTRATACIÓNS



Queremos denunciar a situación que se deu esta semana na Xerencia de A Coruña, onde se  vulneraron completamente todas as normas do Pacto de contratacións ofertando contratos a enfermeiras que non estaban inscritas nas listas de contratación, cando en ningún momento houbera unha situación de indispoñibilidade. Nas listas de Enfermeiras dispoñíase de máis de 100 aspirantes inscritos na área de A Coruña que estaban sen traballar.

Trala denuncia de CIG-Saúde A Coruña conseguimos frear a situación dada na categoría de Enfermería e esiximos a rectificación de toda a contratación. Á vista da nosa denuncia, a Administración comprometeuse a rectificar estos contratos.

A Coruña, 7 de xullo de 2015.

12495009-cola

Addthis