NOTA DE PRENSA

            SI QUE HAI OUTRO CALIFICATIVO, ademais dunha situación indecente e inmoral, temos que soportar falsedades!!!.

            Porque si xa era indecente e inmoral, permitir a situación que están a padecer decenas de doentes, amoreados durante 3 e 4 días no Servizo de Urxencias, aínda o é máis negalo, e mentir decindo que xa apenas quedan persoas á espera de camas.

            Hoxe, 16 de outubro ás 11 horas, das 84 persoas xa ingresadas en Urxencias (sen contar as que houbera á espera de ser atendidas), 49 estaban á espera de ter unha cama no Hospital.

            Ás 15 h de hoxe, Foto_hospital_Urxencias_4xa había 91 doentes en Urxencias, e continuaban á espera de ter cama 42 persoas. Esta cifra, con todas as altas xa dadas a esta hora, pódese incrementar ao longo da xornada, dependendo da afluencia de doentes a Urxencias.

            Pero o que fai intolerable esta situación, é que a meirande parte destas persoas levan en urxencias xa dous días e case a metade chegan  aos 4 días.

E máis intolerable é que os doentes non teñan as mínimas condicións de confort durante a espera. Ás 11 h de hoxe, 16 persoas tiñan que estar en camillas, porque nin hai camas nin espazo para elas, e ás 15 h xa eran 20 as persoas nestas condicións .

Tamén ás 11 da maña, cando menos 3 doentes levaban 2 noites sentados nun sillón, porque nin houbo posibilidades de deitalos nunha camilla. Ás 15 h, 30 persoas permanecían en observación, sentados nun sillón, e aproximadamente 15 delas, xa tiveron que pasar así a noite.  

            Estos son os datos e as cifras reais, pero cada cifra é unha persoa enferma, que sufre, que sufre ela e a súa familia. Que sofren tamén os profesionais que as atenden, pola sobrecarga de traballo e pola angustia e impotencia que senten ao non ter posibilidades de atender aos seus doentes noutras condicións.

            Quen si ten posibilidades de mudar estas condicións asistenciais, quen ten a obriga e a responsabilidade de facelo, son os responsables políticos, é a Consellería do PP, e os directivos do Hospital nomeados por eles.

            CIG-Saúde esíxelles a todos eles que adoiten as medidas necesarias para resolver esta situación, indecente e inmoral, e que non menosprecen coas súas falsedades nin aos doentes nin aos profesionais.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

Asinado

María Jesús Seijo García

Secretaria Comarcal de CIG-Saude de A Coruña

Addthis