
Información da reunión da Mesa Sectorial celebrada o día 9 de marzo de 2012. ORDE DO DÍA: LEI 1/2012, DO 29 DE FEBREIRO DE MEDIDAS TEMPORAIS DO EMPREGO PÚBLICO. “LEI DE RECORTES DOS DEREITOS DAS/DOS TRABALLADORAS/ES”. A Lei de Medidas é de aplicación desde o día 3 de marzo de 2012, incluíndo as disposicións adicionais, transitorias e derrogatorias. A Administración vai explicando punto por punto a Lei e a súa aplicación no SERGAS: · ARTIGO 2.- Incapacidade Temporal: I.T. Esta medida é de aplicación desde o día 3 de marzo. A Dirección Xeral de Función Pública está a elaborar unhas instrucións de desenvolvemento deste artigo: modalidades de hospitalización, 1ª, 2ª e posteriores baixas... Con posterioridade a que función pública elabore as instrucións, estas pasarán pola Mesa Sectorial para, se cabe, modificar algo. Desde CIG- SAÚDE rexeitamos a Lei e a posterior instrución. Solicitamos a retirada da norma e a recuperación deste dereito establecido desde o ano 72. Esta medida non pretende mellorar o sistema sanitario, nin a prestación de servizos, senón aplicar políticas dirixidas a cebarse cos máis débiles en beneficio dos poderosos. O que está a facer a Admón. e · ARTIGO 3.- Acción Social. A Admón. non vai recoñecer novos complementos de pensións. O persoal que o está a percibir en aplicación do artigo 151 do Estatuto do Persoal Sanitario Non Facultativo seguirá percibindo o devandito complemento, pero non haberá novos recoñecementos. O persoal laboral e funcionario deixará de percibir os complementos de acción social. Desde CIG-SAÚDE lamentamos que o SERGAS retire a acción social destinada ao pago de garderías ou escolas infantís, pois como diría o Sr. Gallardón, isto vai a contribuír a fomentar a “violencia de xénero estrutural” que presiona ás mulleres para que aborten. Se retiran as poucas axudas que hai para a conciliación, cómo pretenden que as mulleres teñan fillos/as? Xubilación Forzosa. Isto xa está recollido no plan de ordenación de RRHH , na próxima semana enviarán as instrucións do SERGAS que desenvolven este tema. As contías que se percibían por Acción Social deixarán de percibirse desde o mes de abril. · XORNADA LABORAL. A Admón. recoñece que no SERGAS xa se está a facer unha xornada de 37,5 hs semanais. Vanse respectar as xornadas especiais establecidas, redución de xornada en función do nº de noites realizadas. O que si se vai incrementar, a todo o persoal, son as 21 hs correspondentes á redución de 3 días de LD. A xornada complementaria de medicas/os de urxencias e do persoal de PACs empezará a retribuírse a partires das 132 hs, pola aplicación do incremento das 21 horas de xornada: Xornada complementaria: pasa de 130 a132 hs. Resto da xornada non se modifica. Mantense que a xornada complementaria operará a partires das 190 hs. Para o persoal con Xornada fixa noctuna a xornada pasará a ser de 1451hs. Para o persoal de quenda rotatoria que inclúe noites, vaise publicar unha nova táboa de xornada ponderando o aumento das 21 hs. CONCLUSIÓN: Respéctanse os acordos vixentes, mais co incremento das 21 hs. Publicarán unha nova táboa de xornada ponderando este aumento de horas. Desde CIG-SAÚDE rexeitamos o incremento de xornada, isto só vai servir para incrementar a bolsa de parados, reducindo a contratación. Ademais, o persoal que fai quenda rotatoria complexa con cambios de quenda, xa leva anos facendo máis xornada que a estipulada, polo que xa ten esas 21 hs máis de xornada contabilizadas no tempo que dedica aos relevos nos cambios de quenda. Desde CIG SAÚDE solicitamos que se recolla en acta un acordo de Mesa Sectorial, coa conseguinte publicación, de que o recorte do 1/3 da xornada non é de aplicación ao persoal do SERGAS. Consecuentemente con isto, a Admón. publicaría unha Orde na que se recollera a desaparición definitiva de: contratos a media xornada, contratos de luns a venres e resto de modalidade de contratacións respectando sempre o principio de causalidade que motiva a contratación. Este tema foi rexeitado pola Admón., argumentando que os contratos a tempo parcial fanse en aras a unha “xestión eficaz”. Unha vez máis van facer o contrario do que anuncian. INFÓRMATE E MOBILÍZATE! O QUE NOS QUITAN NON SON PRIVILEXIOS, SON CONQUISTAS! Nova xornada de protesta na Area sanitaria de A Coruña, no hospital de A Coruña reunironse unhas 300 ou 400 persoas, meritorias tamén forón ás concentracións feitas no Abente e Lago, Carballo, Ventorrillo e Cee. A loita continua na defensa da sanidade pública e contra os recortes dos nosos dereitos. Acto de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa e a promoción da sanidade pública en Galiza (venres 2 de marzo, 17,30 horas, no Obelisco-A Coruña)
A Plataforma vai estar o próximo venres 10 de marzo, a partir das 6 da tarde, na rúa Barcelona para recoller sinaturas a favor da Iniciativa Lexislativa Popular. FOTOS DO ACTO
VIDEO DO ACTO
Grazas a todas/os polas exitosas e masivas concentracións feitas na nosa área sanitaria na defensa da sanidade pública e contra os recortes dos nosos dereitos na que pedimos a anulación da lei de medidas do emprego público Próximas concentracións Martes, 6 de marzo ás 11 h en todos os centros :
CONCENTRACINS_6_MARZO_2012.doc
CIG_INFORMA_LEI_DE_MEDIDAS.pdf
A XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA SANITARIA DE A CORUÑA, ESIXE A RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE LEI DE MEDIDAS PARA O EMPREGO PÚBLICO
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de A Coruña, en xuntanza extraordinaria, hoxe 14 de febreiro de 2012, RESOLVE, por acordo unánime de todos os seus membros, a súa adhesión ao Manifesto esixindo a retirada do Anteproxecto de Lei de Medidas para o Emprego Público e o apoio as mobilizacións convocadas ao efecto, os días 16 e 23 de febreiro. (adxúntase MANIFESTO completo)
Esiximos a retirada do Anteproxecto de Lei no Emprego Público, que para a Sanidade Pública e os seus profesionais, significa deterioro, precariedade e desemprego. MANIFESTO_DEFINITIVO1FEBREIRO_20121.pdf
Grazas a todas/os traballadoras/es polo grande éxito nas concentracións da área sanitaria de A Coruña. Na manifestación convocada no hospital de A Coruña concentraronse preto de 1200 persoas, no Abente e Lago sobre 100 persoas e no centro de saúde de Carballo outro centenar. A presenza dos compañeiros/as e determinante para paralizar a tramitación deste decreto-lei na que pedimos a súa anulación.
Continúan coa ofensiva contra a Sanidade Pública e os seus profesionaisNon haberá OPE, nen trasladosHabera máis recortes, perda de dereitos e empeoramento das condicións laboraisSIN OPE: Na Mesa Sectorial de Sanidade do 2 de febreiro, O SERGAS informou que só se convocarán os traslados e a OPE do persoal facultativo especialista e do persoal médico de urxencias. Esta convocatoria englóbase dentro da taxa de reposición do 10%, pero non quere dicir que convoquen o 10% das vacantes de facultativos, non. Din que convocarán unhas 176 prazas que calculan tomando como referencia todas as vacantes de todas as categorías que o resto dos colectivos “cederon” solidariamente. A quen lle preguntaron para esta cesión solidaria??. CIG-Saúde reivindicou a convocatoria de OPE e Traslado co 100% das prazas vacantes para todas as categorías. CON RECORTES: O venres,3 de de febreiro a Conselleira de Facenda e o Director Xeral de Función Pública, anuncian unha serie de medidas (ver documento adxunto): · Aumento de 21 horas sobre a xornada ordinaria actual (suprimen 3 LD).
Como sempre as medidas do PP para combater a crise, prexudican aos máis débiles, á clase traballadora. Son especialmente lesivas coas persoas das listas de contratación e coas contratadas eventuais ou interinas, agravándose o paro entre os/as traballadores/as de todas as categorías e precarizando ainda máis as condicións laborais e salariais dos/as empregados/as da Sanidade. Precarizan a asistencia sanitaria, xa que a redución de persoal e o aumento das cargas de traballo, minguan súa a calidade. Esto é o que persiguen, o desprestixio e desmotivación dos profesionais, a diminución da calidade e cantidade das prestacións sanitarias, en definitiva o deterioro da Sanidade Pública, como “argumento coartada” perfecto para a súa privatización, para convertila, acabado o negocio inmobiliario, no novo gran negocio de bancos e aseguradoras . NON O PODEMOS PERMITIR. MOBILÍZATE!!! cig_informa_non_aos_recortes.pdf _cig_informa_mesa_sectorial_da_2_feb.pdf Novas de prensa sobre a concentración de PAC na Xerencia de A Coruña Publicado hoxe no Dog a relación de cursos de formación continuada FEGAS para o ano 2012. Prazo de inscripción: convocatoria_FEGAS_2012.pdf 1 a 20 de febreiro para os impartidos no primeiro semestre.
|
- Apertura listaxes contratacións SERGAS pendentes
- Cursos Galego celga 1,2,3 e 4
- SOS Sanidade Pública convoca concentracion fronte parlamento galicia
- Aviso sobre o CPV a facultativos do hospital
- Listaxes para Acoplamentos en Atención Primaria
- Nova convocatoria de mobilidade interna en Atención Primaria